G4031105 - Expresión Gráfica e DAO (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 14.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia• Coñecer o contexto, utilidade e fundamentos da linguaxe gráfica técnica
• Desenvolver a visión espacial e o razoamento visual
• Resolver problemas xeométricos habituais dentro do campo da enxeñería mediante a aplicación dos coñecementos dos sistemas de representación
• Coñecer e adquirir capacidade para aplicar as normas fundamentais do debuxo industrial
• Manexar ferramentas informáticas de debuxo
• Debuxar a man alzada esbozos e perspectivas de pezas
• Interpretar documentación gráfica de pezas, equipos e instalacións industriais e de redactar correctamente documentación gráfica básica
ContidosBloque I – Linguaxe gráfica e Sistemas de Representación
1.- LINGUAXE GRÁFICA E ENXEÑERÍA
1. O debuxo técnico como ferramenta de comunicación da técnica
2. O problema da representación gráfica técnica. Breve historia da súa evolución
3. As bases científicas da representación. O concepto de proxección. Os Sistemas de Representación. Clasificación, fundamentos e uso
5. Representación mediante proxeccións ortogonais
6. Representación axonométrica
2.- ASPECTOS INSTRUMENTAIS
1. Materiais para a execución de debuxos técnicos
2. Escalas
3. Trazados xeométricos básicos
4. Debuxo a man alzada. Esbozado de pezas. Perspectivas a man alzada
Bloque II - Geometría Descritiva básica
3.- SISTEMA DIÉDRICO. FUNDAMENTOS
1. Fundamentos. Representación do punto. Métodos tradicional e directo
2. Representación da recta. Pertenza punto recta. Posicións favorables
3. Representación do plano. Determinación. Pertenza da recta ó plano e do punto ó plano. Posicións favorables. Rectas notables
4.- S. D. OBTENCIÓN DE VISTAS AUXILIARES MEDIANTE CAMBIOS DE PLANO
1. Concepto e execución dos cambios de plano
2. Cambio de plano vertical: alzados auxiliares. Cambio de plano horizontal: plantas auxiliares
3. Cambios de plano sucesivos e aplicación ás vistas auxiliares dobres
5.- S. D. MEDICIÓN E OBTENCIÓN DE VERDADEIRAS MAGNITUDES MEDIANTE XIROS E ABATEMENTOS
1. Xiro dun segmento a posición frontal ou horizontal
2. Abatemento. Abatemento sobre planos horizontais e frontais
3. Abatemento de planos proxectantes
4. Resolución de problemas de verdadeira magnitude
6.- S. D. PROBLEMAS BÁSICOS DE INTERSECCIÓNS, PARALELISMO E PERPENDICULARIDADE
1. Intersección de recta e plano. Resolución mediante plano auxiliar. Resolución mediante cambio de plano. Visibilidade
2. Intersección de planos. Resolución mediante cambios de plano. Visibilidade.
3. Paralelismo entre rectas, entre planos e entre recta e plano
4. Teoremas da perpendicularidade e aplicación á perpendicularidade entre recta e plano
5. Outros casos de perpendicularidade
7.- SISTEMA AXONOMÉTRICO
1. Utilidade
2. Fundamentos e definicións
3. Axonometría ortogonal. Relación entre eixes e coeficientes redutores. Tipos de axonometría ortogonal
4. Axonometría isométrica
5. Dimetría normalizada
6. Axonometría oblicua: perspectivas cabaleiras e militares.
7. Axonometrías normalizadas
Bloque III – Normalización da representación
8.- NORMALIZACIÓN DO DEBUXO TÉCNICO
1. Concepto de normalización: orixe e finalidade
2. Normalización española: normas UNE. AENOR
3. Outras normas: ISO, DIN, BS, ANSI… Correspondencia
4. Normas UNE de debuxo técnico. Visión global
5. Normas sobre a presentación dos debuxos técnicos:
- Formatos e presentación de elementos gráficos. UNE 1026-2-83
- Pregado de planos. UNE 1027-95
- Escritura. Caracteres correntes. UNE 1034-1-75
- Cadro de rotulación. UNE 1035.95
9.- A NORMALIZACIÓN DA REPRESENTACIÓN: VISTAS ORTOGONAIS
1. Norma UNE 1-032-82: principios xerais de representación
2. Denominación e disposición das vistas: a) Método do primeiro diedro. b) Método do terceiro diedro. c) Disposición segundo frechas de referencia. Símbolo de indicación do método
3. Criterios de elección das vistas
4. Toma de medidas sobre modelos en perspectiva isométrica
5. Liñas normalizadas
6. Vistas particulares. Vistas auxiliares simples
2. Vistas auxiliares dobres
7. Vistas interrompidas, parciais, locais e detalles
8. Outros convenios: partes contiguas. Interseccións ficticias. Representación simplificada de interseccións. Caras planas. Vistas simétricas. Elementos repetitivos. Detalles ampliados. Contorno primitivo dunha peza. Elementos roscados
10.- VISTAS SECCIONADAS
1. Cortes, seccións e roturas. Conceptos. Utilidade
2. Raiados. Raiado para indicación do material. Seccións de pouco grosor. Superficies grandes
3. Xeneralidades sobre os cortes
4. Corte total por un plano
5. Corte total por varios planos: a) Planos paralelos desprazados; b) Planos sucesivos; c) Planos concorrentes xirados
6. Medio corte ou corte ao cuarto. Rotura
7. Simplificacións que afectan os cortes
8. Seccións abatidas con e sen desprazamento. Seccións sucesivas
11.- ACOUTAMENTO
1. Concepto, definicións e aplicación. Norma UNE 1-039-94
2. Elementos de acoutamento: liñas auxiliares, liñas de cota, liñas de referencia, extremos. Utilización destes elementos
3. Inscrición das cifras de cota: métodos, particularidades
4. Disposición das cotas: a) Acoutamento en serie; b) Acoutamento a partir dun elemento común; c) Acoutamento por coordenadas; d) Acoutamento combinado
5. Acoutamento de círculos, radios, arcos, cadrados e esferas
6. Acoutamento en axonometría. UNE 1-031
Bloque IV - Manexo básico dun programa de debuxo con ordenador
12.- INICIACIÓN, CONTORNO E UTILIDADES
1. Gráficos por ordenador
2. Pantalla do programa
3. Introdución de comandos. Anulación e rectificación de ordes
4. Introdución de datos. Coordenadas.
5. Xestión dos debuxos. Debuxo patrón
6. Formato de unidades
7. Referencia a obxectos. Filtros de coordenadas
13.- COMANDOS BÁSICOS PARA EMPEZAR A DEBUXAR
1. Debuxo de liñas e circunferencias
2. Borrado, desprazamento e copia
3. Recortado e alongamento
4. Encadre e zum básicos
5. Forzado do cursor, grella, orto e rastrexo polar
14.- PROPIEDADES DOS OBXECTOS
1. Propiedades dos obxectos
2. Capas. Xestión de capas
3. Cores
4. Tipos de liña. Escala dos tipos de liña
5. Grosor
6. Cambio de propiedades
15.- TEXTOS
1. Proceso para a escritura de textos
2. Definición do estilo de texto
3. Textos de liñas soltas
4. Parágrafos
5. Modificación de textos
16.- PRESENTACIÓNS
1. Espazo modelo e espazo papel
2. Creación de presentacións
3.Configuración da páxina
4. Ventás gráficas
5. Manexo da escala. Bloqueo da escala
6. Control das capas nas presentacións
7. Introdución ó trazado
17.- COMANDOS DE DEBUXO
1. Elementos lineais: liñas, polilíñas, liñas auxiliares e radiacións
2. Polígonos, rectángulos
3. Circunferencias e arcos
4. Elipses e arcos elípticos
5. Recheo con patróns de sombreado
6. Outros comandos de debuxo: puntos, liñas múltiples, coroas circulares recheas, curvas splines e liñas a man alzada, nubes de revisión, coberturas e rexións
18.- COMANDOS DE MODIFICACIÓN
1. Selección de obxectos
2. Desprazamento rotación e aliñación
3. Copias. copia equidistante, matriz, copia simétrica
4. Achafranado e redondeo de interseccións
5. Axuste do tamaño e estiramento
6. Recortar e partir
7. Dividir e graduar
8. Descomposición e unión
9. Modificación de poliliñas
10. Modificación doutros obxectos
19.- CONSULTAS E CONTROL DA VISUALIZACIÓN.
1. Obtención de axuda e información
2. Distancias, áreas e localización de puntos
3. Redebuxado e rexeneración
4. Encadre e zum
5. Subdivisión da pantalla en espazo modelo
6. Vistas
20.- ACOUTAMENTO CO PROGRAMA
1. A norma UNE de acoutamento
2. Terminoloxía específica do programa
3. Variables e estilos de acoutamento
4. Creación de cotas. Tipos
5. Modificación das cotas
21.- GRUPOS, BLOQUES E ATRIBUTOS
1. Grupos
1. Bloques. Creación de bloques.
2. Inserción de bloques. Redefinición
3. Atributos. Creación de bloques con atributos
22.- TRAZADO E PUBLICACIÓN
1. Introdución ao trazado e á publicación
2. Configuración das presentacións para o seu trazado
3. Tamaño e orientación do papel
4. Escala de impresión: impresión desde a ficha modelo e desde unha presentación. Diferenzas
5. Definición de táboa
Contidoss de estilo de trazado: estilos dependentes da color e estilos gardados
6. Previsualización
7. Creación de debuxos electrónicos. Publicación de arquivos DWF. Visores.
8. Inserción de debuxos noutras aplicacións. Impresión en formatos PDF, JPG e EPS.
23.- INTRODUCCIÓN Ó MODELADO 3D
1. Creación de sólidos básicos. Extrusión
2. Operacións de modificación: operacións booleanas, gizmos de xiro, escala e desprazamento. Estampación e cortes
3. Xeneración automática de vistas ortogonais. Alineación das vistas
4. Introducción ó programa SketchUp
PROGRAMA DA PARTE PRÁCTICA:
Práctica 1: PANTALLA DO PROGRAMA DE CAD. INTRODUCIÓN DE COMANDOS E DATOS
Aplicación o debuxo con precisión de pezas planas.
Práctica 2: PROPIEDADES E COMANDOS BÁSICOS PARA DEBUXAR
Aplicación ó debuxo de vistas, cortes e debuxos isométricos.
Práctica 3: PRESENTACIÓN, TEXTOS E ESCALAS
Aplicación ó debuxo de tanxencias.
Práctica 4: COMANDOS DE DEBUXO
Aplicación ó debuxo de gráficos técnicos e vistas de pezas.
Práctica 5: COMANDOS DE MODIFICACIÓN
Aplicación ó debuxo de pezas mecánicas e de planos de construción.
Práctica 6: ACOUTAMENTO E TRAZADO
Aplicación ó acoutamento de pezas mecánicas e de debuxos de construción.
Práctica 7: BLOQUES
Aplicación ó debuxo de esquemas da industria química.
Práctica 8: EXECUCIÓN DE PLANOS
Debuxo de planos de pezas complexas.
Práctica 9: MODELADO DE SÓLIDOS 1
Modelado dun sólido e xeneración dun plano coas súas vistas.
Práctica 10: MODELADO DE SÓLIDOS 2
Modelado de sólidos cun programa alternativo.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
BERTRÁN GUASP, Josep. Sistema diédrico directo. San Sebastián: Donostiarra, 1995.
GONZALO GONZALO, Joaquín. Sistema Diédrico Directo. San Sebastián: Donostiarra, 1997 Col. Prácticas de Dibujo Técnico. nº 14.
VARIOS AUTORES Colección Prácticas de dibujo técnico. Donostiarra.
0: Dibujo lineal
1: Croquización
2: Cortes, secciones y roturas
3: Acotación
6: Vistas y visualización
ALÉN CORDERO, C. Fundamentos de expresión Gráfica orientada a la representación de piezas. Alcalá de Henares: Universidad de Alcalá de Henares, 2006.
SPECK, H. J. e V. VIEIRA PEIXOTO. Manual básico de desenho técnico. Florianápolis, Brasil, 2004.
FÉLEZ, J. e outros. Fundamentos de Ingeniería Gráfica. Madrid: Síntesis, 1996.
MONTAÑO DE LA CRUZ, F. Autocad 2010. Madrid: Anaya, 2009.
Bibliografía de consulta:
FÉLEZ, J. MARTÍNEZ, M.L. Dibujo Industrial. Madrid: Síntesis, 1996.
GONZÁLEZ, V. et al. Sistemas de representación. Sistema diédrico. Valladolid: Texgraf, 1977.
BERTOLINE, G.R. et al. Engineering and Graphics Communication. Chicago: Irwin, 1995.
FRENCH, T.E. et al. Engineering Drawing and Graphic Technology. Singapore: McGraw-Hill, 1995.
SÁNCHEZ GALLEGO, J.A. Geometría descriptiva. Sistemas de proyección cilíndrica. Barcelona: Edicións UPC, 1993.
SENABRE, J. Dibujo Técnico. Zaragoza: Edelvives, 1983. (Texto de COU).
IZQUIERDO, E. Ejercicios de Geometría Descriptiva. Tomo I: Diédrico. Madrid: Dossat., 1992.
RODRÍGUEZ DE ABAJO, F.J. Geometría Descriptiva. Tomo I: Sistema diédrico. San Sebastián: Donostiarra, 1982.
AUTODESK. Autocad 2010: Manual del usuario. Autodesk . 2009
ROSKES, B. Google SketchUp Version 6: Basic Tutorials. s.l. Conceptual Product Development:. 2007
Material de autoaprendizaxe de SketchUp. En http://www.sketchup.com/intl/es/training/ [Último acceso 30/05/2013
Competencias COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
A materia capacita para a adquisición da competencia específica correspondente ó Módulo 1 de formación básica, que figura na Memoria do Grao, de:
-Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
Esta competencia concrétase na adquisición das capacidades para:
• Interpretar documentación técnica gráfica de enxeñería e redactar documentación básica, aplicando o coñecemento dos convencionalismos e normas
• Coñecer os fundamentos dos sistemas de representación e saber elixir o adecuado para a resolución de problemas xeométricos e de representación
• Debuxar a man alzada esbozos e perspectivas de pezas
• Manexar aplicacións informáticas de debuxo
• Aplicar o razoamento espacial
COMPETENCIAS XERAIS
Ademais das específicas, a materia incide nas competencias xerais de:
Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñería Industrial e na súa especialidade de Química Industrial.
Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
Capacidade para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
A materia fomenta as competencias transversais de:
Capacidade de análise e síntese
Capacidade de comunicación oral e escrita
Aprendizaxe autónomo
Razoamento crítico e compromiso ético
Metodoloxía da ensinanza A actividade presencial distribúese en seis tipos de sesións:
CLASES MAXISTRAIS
Impártense nas aulas de teoría e nelas destínase a maior parte do tempo á exposición ordenada e razoada dos contidos de cada un dos temas dos tres primeiros bloques da materia. (Como se explica máis adiante, o cuarto bloque dedícase ao manexo de aplicacións informáticas de debuxo asistido por computador e os seus contidos teóricos intégranse nas sesións prácticas de laboratorio). A exposición realízase con apoio audiovisual e o uso do encerado.
A dinámica dunha sesión deste tipo compleméntase con algunhas das seguintes actividades:
- proposta e resolución de exercicios de aplicación directa dos conceptos explicados
- proposta de exercicios rápidos para realizar en clase: tests, xogos, etc.
- recomendacións para o estudo con indicación dos erros frecuentes
- proposta de exercicios para traballo persoal
- entrega de exercicios corrixidos con comentario de erros frecuentes
- avance dos contidos da sesión seguinte
Preténdese que cada clase constitúa un acto de aprendizaxe e que o alumno manteña unha actitude activa.
SEMINARIOS
Nestas sesións afróntanse os temas de maior dificultade conceptual. Ao realizarse en grupos pequenos a comunicación entre alumnos e profesor é máis fluída e as explicacións e exercicios adáptanse mellor ás necesidades de cada grupo. Son sesións activas nas que os alumnos realizan actividades prácticas que facilitan a asimilación dos conceptos expostos.
TITORÍAS DE GRUPO
Realízanse nas aulas de teoría e teñen a finalidade incidir en aspectos de especial dificultade. Os exercicios propostos máis significativos recóllense e devólvense corrixidos e comentados.
SESIÓNS PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Realízanse nas aulas de informática e teñen por obxectivo a adquisición de destreza no uso das aplicacións informáticas de debuxo asistido por computador. Os contidos teóricos correspondentes constitúen o cuarto dos catro bloques nos que se divide a materia. A explicación destes contidos intégrase nas sesións de laboratorio. Os exercicios propostos gardan relación cos outros tres bloques da materia. Os alumnos dispoñen anticipadamente dos enunciados das prácticas. Utilízase o campus virtual para a descarga de arquivos e o envío das prácticas resoltas. As cualificacións destas prácticas e dos traballos individuais que se propoñen cada semana conforman a compoñente C2 da cualificación por curso da materia.
TITORÍAS DE AVALIACIÓN
Establécense tres convocatorias de avaliación do traballo individual mediante titorías persoais. As datas e horas destas avaliacións comunicaranse con antelación superior a unha semana e realizaranse no despacho de titorías situado na Facultade de Ciencias. Nestas sesións avaliarase a evolución do traballo persoal de cada alumno mediante a corrección comentada e individual da súa colección de exercicios obrigatorios e comunicaráselle o estado da cualificación desta parte da materia (compoñente C1 da cualificación por curso).
TITORÍAS INDIVIDUAIS
Os alumnos poden acudir de forma voluntaria ó despacho da profesora durante o horario de titorías para a aclaración de dúbidas, solicitude de material complementario ou para calquera outra cuestión relacionada coa materia.
Traballo non presencial
COLECCIÓN DE EXERCICIOS OBRIGATORIOS
O alumno dispón dunha colección de exercicios que pode descargar do campus virtual. Cada semana proporase a realización dunha escolla de eses exercicios, que serán obrigatorios. A colección de exercicios recollerase e avaliarase en tres datas ó longo do curso. A corrección realizarase en sesións individuais de titorías de avaliación que teñen por obxecto orientar ó alumno para o progreso na materia. A cualificación desta colección de exercicios forma parte da cualificación por curso (compoñente C1).
TRABALLOS INDIVIDUAIS DE DAO
Cada sesión de prácticas de laboratorio de DAO compleméntase cun traballo individual que o alumno realizará ó longo da semana seguinte e entregará a través do campus virtual para a súa corrección. As cualificación destes traballos, xunto coa das prácticas de laboratorio presenciais constitúe a compoñente C2 da cualificación por curso da materia.
CAMPUS VIRTUAL
O campus virtual complementa ás clases presenciais. A páxina da materia vaise actualizando a medida que avanza o programa reflectindo puntualmente os temas e actividades de cada sesión, con enlaces aos materiais utilizados que os alumnos poden descargar. As prácticas de laboratorio e dos traballos individuais de DAO entréganse a través dos enlaces previstos na páxina da materia. Pódese acceder aos exames de anos anteriores, coas correspondentes solucións. Ademais, disponse dun apartado con contidos extracurriculares, con materiais e noticias que gardan dalgún modo relación coa materia. Con ela preténdese estimular a curiosidade intelectual do alumno e a capacidade de relacionar coñecementos de distintas naturezas.
Sistema de evaluaciónA avaliación componse nun 35% da avaliación do traballo desenvolvido durante o curso (compoñente C), e nun 65% no resultado dun exame final (compoñente F).
AVALIACIÓN DO TRABALLO DESENVOLVIDO DURANTE O CURSO
Consistirá na avaliación de:
-C1: Colección de exercicios obrigatorios: 50%
-C2: Prácticas de DAO (presenciais e individuais): 30%
-C3: Probas de clase: 20%
Esta cualificación poderá incrementarse coa realización de exercicios e traballos voluntarios. No material de curso especificarase os exercicios e traballos que permiten incrementar a nota e o seu valor.
AVALIACIÓN DO EXAME FINAL
A cualificación final elaborarase a partir de tres probas:
F1: Exame teórico, que avalía a correcta asimilación dos conceptos. Supón o 20% da cualificación.
F2: Exame práctico correspondente aos bloques 1, 2 e 3. Supón o 50% da cualificación.
F3: Exame práctico do manexo do programa de DAO. Supón o 30% da cualificación.
Cada proba cualifícase de 0 a 10 puntos.
CUALIFICACIÓN FINAL DO CURSO
para aprobar á materia deberán cumprirse tres condicións:
1º Cada parte do exame final estará cualificada con máis de 4 puntos.
2º A cualificación final F= 0,2 x F1 + 0,5 x F2 + 0,3 x F3 será maior ou igual a 5 puntos.
3º A cualificación final da materia CFM = 0,35 x C + 0,65 x F será maior ou igual a 5 puntos
ASISTENCIA A CLASE
A materia impártese nun marco de ensino presencial no que a asistencia as clases é necesaria para a aprendizaxe. Deberá constar á asistencia a, polo menos, o 80% das sesións prácticas de laboratorio de DAO para poder presentarse ós exames, en calquera das convocatorias da materia.
ASISTENCIA A CLASE DE ALUMNOS MATRICULADOS POR SEGUNDA VEZ
Os alumnos que realicen as prácticas de DAO pero que non consigan aprobar a materia quedarán dispensados da asistencia estas clases do curso seguinte e gardaráselles a cualificación desta parte (C2). En cursos posteriores deberán repetilas.
Os alumnos que asistan ás clases teóricas e fagan un seguimento regular do curso pero que non consigan aprobar a materia estarán exentos do cumprimento do deber de asistencia ás clases teóricas. Deberán asistir ás sesións nas que se desenvolvan exercicios cualificables (C3), e entregar unha selección dos traballos obrigatorios (C1). Teñen a opción, así mesmo, de non facelo e renunciar a estas partes da cualificación, computarán como cero no cálculo da cualificación por curso (C).
CONCILIACIÓN
Se un alumno non puidera cumprir co requisito de asistencia obrigatoria á clase por unha circunstancia especial, debidamente xustificada, asignaráselle un método de aprendizaxe alternativo.
Tempo de estudo e traballo persoalAs actividades presenciais (clases, seminarios, titorías, prácticas e exames) supoñen 54 horas de decicación.
O traballo individual non presencial estimado para superación da materia é de 96 horas.
Na guía docente pormenorízanse as horas, tanto presenciais como de traballo do alumno que se asignan a cada tipo de actividade.
Recomendacións para o estudo da materia- A asistencia ás clases
- A realización dos exercicios propostos nos prazos indicados
- A utilización puntual das titorías individuais para a resolución de dúbidas ou para solicitar material adicional que permita reforzar as partes que puidesen resultar máis difíciles
- A utilización dos materiais complementarios subministrados a través do Campus Virtual
- A consulta da bibliografía recomendada na guía docente para cada parte da materia