G4031106 - Física II (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 33.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Física Aplicada
- Áreas: Física Aplicada
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAnalizar dende un punto de vista teórico e práctico os principios da Física que se refiren á Termodinámica e a Electricidade e Magnetismo, tratando de promover e desenvolver o carácter científico do alumno.
Saber calcular os parámetros termodinámicos dos procesos. Coñecer os principios da Termodinámica, e as súas diversas aplicacións prácticas. Distinguir entre condutores e aislantes. Adquirir o concepto de dipolo eléctrico e coñecer o seu comportamento en presenza de campos eléctricos. Relacionar os seguintes conceptos: diferenza de potencial, campo eléctrico e enerxía potencial. Entender qué é un condensador e as posibles aplicacións. Aplicar as regras de Kirchhof para a resolución de circuítos. Comprender o concepto de campo magnético. Calcular as forzas e que exercen os campos magnéticos, e analizar alguhas aplicacións. Analizar o funcionamento dun motor e dun xenerador. Entender o principio físico del funcionamento dun transformador. Calcular a potencia consumida nun circuito de corriente alterna e cómo elevar o factor de potencia.
Saber elaborar e presentar unha boa memoria de laboratorio con análisis dos datos experimentais, coherente coa física de cada práctica, e coas correspondentes conclusións.
ContidosTEORÍA
1. Lei cero. Temperatura.
2. Traballo e calor. Dilatación.
3. Propagación da calor.
4. Gases ideais e gases reais. Procesos termodinámicos.
5. Primeira lei de termodinámica.
6. Teoría cinética dos gases.
7. Segunda lei de termodinámica. Entropía.
8. Campo electrostático
9. Lei de Gauss
10. Potencial eléctrico
11. Capacidade e condensadores
12. Corrente eléctrica
13. Circuítos de corrente eléctrica
14. Campos e forzas magnéticas
15. Fontes de campo magnético
16. Indución electromagnética
17. Circuítos de corrente alterna
PRÁCTICAS
1. Medidas calorimétricas de diferentes compostos
2. Campo electrostático nun condensador
3. Circuítos eléctricos
4. Determinación da resistencia dun condutor
5. Riscos da corrente eléctrica
6. Circuítos de corrente alterna
7. Indución electromagnética
Bibliografía básica e complementaria-Cutnell, J.D., Johnson, K.W., Física , Ed. Limusa (1998).
-Giménez Valentín et al.; Fundamentos electromagnéticos de la ingeniería. Ed. UPV (2007).
- Lea, S. M., Burke, J. R.; Física. La naturaleza de las cosas. Vol I y Vol II. Ed. Paraninfo (2001)
- Lleó, A.. ; Física para ingenieros, Ed. Mundi-Prensa (2001).
- Lleó, A., Betete, B., Galeano, J. , Lleó, L., Ruiz Tapiador, I., Problemas y Cuestiones de Física, Ed. Mundi-Prensa, (2002).
- Sears, F.; Zemansky, M.W.; Young, H.D.; Freedman, R.A.; Física Universitaria. Vol I y Vol II
Prentice Hall (2004).
- Serrano Domínguez, V., García Arana, G. Gutiérrez Aranzeta, C.; Electricidad y Magnetismo. Estrategias para la resolución G. de problemas y aplicaciones, Ed. Pearson Education, (2001).
- Serway, R., Jewett, J.; Principios de Física, Tomo I y II, Ed. Thomson ( 2003).
- Tipler, P.A. Física, tomo I y II. Ed Reverté (2008).
- Vila, J.A.; Cuesta, M. J. ; Sierra, C.J. , Agudo, T., Davalillo, TA., Ed. Universidad del País Vasco (1997).
CompetenciasCompresión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da termodinámica e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases de teoría explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia, tratando de seguir una metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos. Nas clases de seminario analizaranse e discutiranse os problemas propostos previamente os alumnos mediante boletíns. Nas prácticas aplícanse os coñecementos e conceptos adquiridos polo alumno nas clases teóricas e de seminario. As prácticas realizaranse no laboratorio en grupos de dos alumnos.
Sistema de evaluaciónA realización das prácticas da materia será obrigatoria. Avalíarase o caderno de prácticas (memoria) que debe presentar cada grupo.
Exames: farase un exame final (pode haber algún exame parcial) de termodinámica e electricidade e magnetismo. En xeral, os exames constarán dunha parte teoría-cuestións e doutra de problemas, cada unha das cales se puntuará sobre 10, e se promediará entre ambas as dúas sempre que a cualificación de cada parte non sexa inferior a 4. Si en algunha parte a cualificación fora inferior a 4, o exame estará suspenso con esa nota. Si a nota media fora superior a 5, o exame estará aprobado.
Coa referencia de que a nota máxima final pode chegar a ser 10, a avaliación contínua (asistencia e actividade en clase, boletines de casos prácticos e posibles traballos, parciales) supoñerá ata 2 puntos (20%), e a realización das prácticas e a súa memoria ata 0.5 punto (5%). O exame final contará ata 7.5 puntos (75%), sempre que a súa cualificación sexa de aprobado.
Tempo de estudo e traballo persoalActividad Horas trabajo alumno
Clases maxistrales 49.5
Seminario 6
Prácticas Lab. 13.5
Titorías Grupo 10
Titorías Ind.
Traballos Grupo
Caderno Prácticas
Realización exames
e revisión 15
Total 94
Recomendacións para o estudo da materia- Realizar os exercicios e cuestións propostos.
- Consultar os libros recomendados polo profesor.