Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031108 - Química II (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 3.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Física
  • Áreas: Química Física
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal da materia é dotar ao alumno das ferramentas e coñecementos básicos necesarios para a aplicación dos principios químicos a problemas característicos da enxeñaría. Estes coñecementos céntranse en coñecer as características principais das disolucións, así como comprender e predicir as condicións de equilibrio en sistemas de diversa natureza.
    A continuación móstranse os obxectivos xerais a alcanzar cursando esta materia:
    • Recoñecer o papel da química como unha parte central en múltiples aplicacións e procesos en enxeñaría.
    • Realizar observacións con conciencia do marco teórico e interpretativo que as dirixe; analizar a situación cualitativa e cuantitativamente; expor hipóteses e solucións utilizando os modelos adecuados.
    • Destacar a estreita relación existente entre os contidos tratados e un gran número de aplicacións prácticas en procesos de carácter industrial.
    Como obxectivos específicos da materia considéranse os seguintes:
    o Desenvolver a capacidade para comprender os principios básicos da química e as súas aplicacións á enxeñaría.
    o Comprender as leis que gobernan o comportamento das disolucións e as súas aplicacións.
    o Adquirir coñecementos básicos dos equilibrios químicos homoxéneos e heteroxéneos.
    o Comprender a natureza e comportamento dos sistemas electroquímicos.
    o Familiarizar ao alumno coas técnicas básicas e as aplicacións dos equilibrios iónicos en disolución.

    Contidos
    Tema 1. Disolucións
    Tema 2. Introdución ao equilibrio químico
    Tema 3. Equilibrio ácedo-base I
    Tema 4. Equilibrio ácedo-base II
    Tema 5. Equilibrio de solubilidad
    Tema 6. Electroquímica e equilibrio
    Prácticas de laboratorio: Preparación de disolucións. Volumetría acedo-base. Determinación do pKa dun ácido débil. Volumetría oxidación-redución.

    Bibliografía básica e complementaria
    Texto de referencia
    R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura e C. Bissonnette: Química General. Pearson Educación, S.A. 2011.
    Complementarios:
    R. Chang: Química. Mc Graw Hill; 2010.
    M. S. Silberberg: Química General. McGraw-Hill Interamericana 2002.
    B. H. Mahan e R. J. Myers: Química, curso universitario. Addison-Wesley 1990.
    W. L. Masterton e C. N. Hurley: Química. Thomson Editores Spain Paraninfo 2004.
    J. C. Kotz, P. M. Treichel: Química y Reactividad Química. Thomson 2003.
    J. A. López Cancio: Problemas de Química. Prentice Hall, D.L. 2001.

    Competencias
    Xerais:
    • Desenvolver un pensamento obxectivo, dando maior importancia ao razoamento e á reflexión, antes que á mecanización e memorización. Proporanse problemas que permitirán exercitar a capacidade de razoamento e reflexión.
    • Desenvolver a creatividade e a estimulación intelectual, tentando relacionar os coñecementos adquiridos coa súa posible aplicación profesional.
    • Manexar unha linguaxe e uns simbolismos propios que permitan ao estudante comunicarse con claridade e precisión, facer cálculos con seguridade e manexar adecuadamente representacións gráficas.
    • Desenvolver a concepción científica do mundo e afianzar a capacidade de aplicar o método científico á resolución de problemas de interese académico e práctico.
    Específicas:
    • Saber interpretar o comportamento das disolucións a un nivel básico.
    • Poder resolver calquera problema básico relacionado coa sistemática do equilibrio químico.
    • Dispor de coñecementos sobre os sistemas ácedo-base e disolucións reguladoras, así como a súa aplicabilidade.
    • Coñecer as características dos sistemas red-ox e as súas diversas aplicacións.
    • Adquirir habilidades experimentais básicas que permitan abordar outras máis complexas.
    Transversais:
    • Aplicación de coñecementos na práctica, en particular a resolución de problemas de natureza cualitativa e cuantitativa.
    • Capacidade de análise e síntese
    • Motivación pola calidade.

    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupo grande
    Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). O profesor contará con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. O profesor usará como base o texto de referencia recomendado.
    B) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios)
    Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios? O estudante participa activamente nestas clases. Para cada tema do programa proporanse aos estudantes unha serie de problemas, algúns dos cales serán resoltos en grupo nestas clases. Inclúense as probas de avaliación continua. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
    C) Clases prácticas de laboratorio
    Nestas clases os estudantes adquiren as habilidades básicas propias dun laboratorio de química e consolidan os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser justificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase, se é posible, de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
    Para estas clases, o estudante disporá con antelación dos guións de todas as prácticas, a fin de que se prepare convenientemente antes de entrar no laboratorio. O estudante deberá acudir a cada sesión de prácticas coñecendo perfectamente a tarefa que ha de realizar. Para iso, ha de ler atentamente o guión da práctica, consultar a bibliografía correspondente e preguntar as posibles dúbidas aos profesores.
    As prácticas realizaranse en grupo (parellas). Durante a experiencia, cada grupo ha de manter un caderno de laboratorio onde se recollan todos os detalles experimentais, resultados e discusión da experiencia realizada, que deberá presentar ao profesor unha vez finalizada a experiencia. Ademais, esíxese para cada grupo a entrega dunha memoria final completa referida a todas as prácticas. O prazo máximo de entrega é de 3 semanas tras finalizar a práctica correspondente.
    D) Tutorías en grupo moi reducido
    Suporán para cada estudante 2 horas, segundo a programación previamente establecida e publicada. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.
    Nalgúns casos o profesor esixirá a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. Estas entregas realizaranse empregando a plataforma virtual de apoio docente. Os prazos de entrega exporanse con antelación suficiente de acordo á marcha do curso. A asistencia a estas clases é obrigatoria.

    Sistema de evaluación
    1) A nota final será obtida das achegas das distintas probas avaliables e na avaliación continua. Só se considerarán achegas á nota final se se supera nun 30% o valor máximo outorgado a cada unha das actividades avaliables. Se non se supera este 30% a achega da proba á nota final será 0.
    2) O estudante non será avaliable se non asiste polo menos ao 80% das clases presenciais de carácter obrigatorio: seminarios, tutorías. A asistencia a todas as sesións de prácticas é imprescindible. As faltas deberán ser justificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
    3) Para aprobar a materia, o estudante debe alcanzar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
    4) A cualificación do estudante farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
    5) Na avaliación continua (máximo de 3 puntos na nota final) teranse en conta os seguintes aspectos:
    a) Cuestionarios e exercicios realizados nos seminarios, máis traballo en tutorías (máximo 1,5 puntos). Para esta cualificación poderanse ter en conta controles escritos que se realizarán a todos os estudantes, ademais dos exercicios que se realicen durante os seminarios.
    b) Prácticas de laboratorio (máximo 1,5 puntos). Terase en conta para esta nota a organización do traballo de laboratorio, a execución das prácticas, a calidade do caderno de laboratorio e o informe das prácticas. Para os traballos realizados en grupo (caderno de laboratorio, informe das prácticas?) haberá unha nota única aplicable a todo o grupo.
    6) O exame final consistirá nunha proba teórico-práctica a realizar na data aprobada oficialmente e suporá o 70% da nota total.
    Polo tanto, a nota final será (suxeita ás condicións do punto 1):
    NOTA=0.70 Exame final + 0.15 (Avaliación continua) + 0.15 Prácticas

    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS PRESENCIAiS HORAS TRABALLO PERSONAL
    Clases expositivas en grupo grande 31 64
    Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) 3 10
    Tutorías en grupo moi reducido 2 1
    Prácticas de laboratorio 15 12
    Exame 4 8
    Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 55 95

    Recomendacións para o estudo da materia
    • É importante manter o estudo da materia “ao día”.
    • Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
    • A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular e se é posible un esquema dos datos relevantes e a información buscada. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
    • É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
    • Recoméndase consultar regularmente a aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, boletíns de problemas e solucións e outro material complementario para axudar ao alumnado no seu estudo (transparencias, enlaces web, etc.). Ademais, as actividades de entrega e avaliación continua xestionaranse por medio da aula virtual da materia.