Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031121 - Fundamentos de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (Tecnoloxía Específica. Química Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 45.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Veiga Garcia, Jose Luis.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia, de carácter obrigatorio, representa o primerio contacto co grupo de materias que pertencen ao bloque de tecnoloxía específica en Química Industrial, e polo tanto, constitúe a base de moitas das materias que os alumnos estudarán nos seguintes cursos.

    Preténdese, por unha banda, introducir ao alumno na terminología específica en química industrial, e por outra, concienciar ao alumno da importancia de ter coñecementos básicos sobre balances de materia e enerxía para a súa posterior formación e desenvolvemento da súa profesión.

    Contidos
    Os contidos agrúpanse en 2 bloques que se describen a continuación:

    Bloque I: Generalidades
    - A industria química e o enxeñeiro industrial de procesos.
    - As operacións unitarias da industria química.
    - Sistemas e conversión de unidades.

    Bloque II: Balances de Propiedade
    - Expresión xeral do balance macroscópico de propiedade.
    - Balances de materia sen e con reacción química.
    - Balances de enerxía sen e con reacción química.


    No primeiro bloque inclúense temas introductorios aos Procesos Químicos, Enxeñaría Química e Operacións Unitarias, ten como obxectivo introducir ao alumno nunha serie de conceptos básicos sobre os que se irá profundando no desenvolvemento do programa. Ademáis preténdese que o alumno adquira coñecementos e procedementos que, aínda que son moi xerais, son de tan ampla utilización que resultan imprescindibles para prácticamente calquera das materias que se cursarán posteriormente. O estudante necesitará poder cuantificar o mundo que lle rodea, poder entenderse con outros enxeñeiros da súa mesma profesión e, ata, con profesionais doutras disciplinas.

    O segundo bloque é a parte fundamental da materia, pois en moitas das materias que se inclúen no plan de estudos da titulación resulta imprescindible a resolución, polo menos, dos balances de materia e/ou enerxía. Introdúcense os conceptos relativos á natureza das correntes de propiedade dun sistema: condución, convección e transferencia.


    Máis información en:
    http://www.lugo.usc.es/~fcien/guias_docentes.htm

    Bibliografía básica e complementaria
    A) Básica:

    - Calleja P ardo, G. (Ed.), “Introducción a la Ingeniería Química”, Ed. Síntesis, Madrid (1999).

    B) Complementaria:

    - Costa López, J. y col., “Curso de Ingeniería Química: Introducción a los Procesos, las Operaciones Unitarias y los Fenómenos de Transporte”, Ed. Reverté, Barcelona (1999).

    - Costa Novella, E. y col., “Ingeniería Química, Vol. I y II”, Ed. Alhambra, Madrid (1983).

    - Felder, R.M. y Rosseau, R.W., “Principios Elementales de los Procesos Químicos”, 3ª Ed., Ed. Limusa Wiley, México (2005).

    - Geankoplis, C .J., “Procesos de Transporte y Operaciones Unitarias”, Ed. Continental, México (1981).

    - Himmelblau, D.M., “Principios Básicos y Cálculos en Ingeniería Química”, 6ª Ed., Ed. Pearson Prentice-Hall, México (2002).

    - Perry, R.H. y Green, D.W., “Manual del Ingeniero Químico”, Vol. 1, Ed. McGrawHill, Madrid (2001).

    Competencias
    Competencias específicas:
    - Coñecer as operacións básicas e os modos de operación máis habituais na industria química.
    - Coñecer os principios de conservación e a súa aplicación práctica.
    - Coñecer os conceptos básicos sobre balances de materia e enerxía e saber aplicar os balances de materia e enerxía nos procesos químicos industriais.

    Competencias xerais:
    - Capacidade para facer crítica dos éxitos, erros e resultados propios e alleos, e para responsabilizarse en adquirir e transmitir coñecementos.
    - Capacidade para expresarse correctamente na terminología propia da industria de procesos químicos, tanto na súa lingua natural como en inglés.
    - Traballo en equipo.
    - Resolución de problemas.
    - Capacidade de análise e síntese.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases serán impartidas en español.

    A consecución dunha formación básica do alumno baséase en clases teóricas de tipo maxistral pero coa participación activa do alumno que será incentivado a intervir continuamente.

    Os seminarios con formulación de problemas e actividades a resolver, ás veces individualmente e outras en grupos, céntranse no desenvolvemento da capacidade para a resolución de balances de materia e enerxía. Os seminarios permiten a adquisición das competencias xerais e específicas.

    Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada alumno e titorías con grupos reducidos para traballar temas específicos.

    Utilizaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).

    Ademáis usaráse como apoio a USC virtual.

    Máis información en:
    http://www.lugo.usc.es/~fcien/guias_docentes.htm

    Sistema de evaluación
    Seguimento da aprendizaxe coa formulación de problemas e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos.

    Procederase ademais á realización de polo menos un exame e haberá posibilidade de realizar exames parciais.

    A cualificación final do alumno considerará tanto o resultado dos exames (65%) como das actividades realizadas (seminarios, traballos/actividades e titorías, 35%). Avaliaranse tanto os coñecementos teóricos da materia como os prácticos.

    O alumno debe realizar obrigatoriamente e obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (exame, seminarios, traballos/actividades e titorías). No caso de non alcanzar este mínimo, poderá recuperalo na convocatoria de Xullo.

    Soamente por causas debidamente xustificadas poderase faltar as horas presenciais obrigatorias (seminarios, tutorías, trabajos,…). As faltas de asistencia inxustificadas ás horas presenciais obrigatorias e/ou ao Exame Final leva á cualificación final de Suspenso.

    Únicamente os estudantes que no teñan realizado ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.


    Máis información en:
    http://www.lugo.usc.es/~fcien/guias_docentes.htm

    Tempo de estudo e traballo persoal
    É obrigatoria a asistencia aos seminários, traballos e titorías. As horas correspondentes á materia distribúense en presenciais e non presenciais tal e como se indica a continuación:

    Horas presenciais teóricas e de problemas: 45
    Horas presenciais de seminarios: 4
    Horas presenciais de titorías en grupo: 2
    Horas non presenciais: o alumno debe levar ao día a materia (4-5 horas semanais) para poder entender e realizar posteriormente os problemas que se traballen na clase.

    É importante que o alumno asista a todas as clases presenciais e intente realizar os boletíns de problemas por si mesmo para posteriormente resolver as dúbidas. Simultáneamente, o profesor fará un seguimento continuado da evolución do alumno na materia.

    Ao longo do curso daranse problemas para realizar fóra das horas de clase (ou en clase) que é conveniente resolver para dispoñer de notas adicionais ás dos exames.

    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno deberá realizar pola súa conta todos os exercicios prácticos, tanto os xa resoltos no aula como os propostos como traballo persoal.

    O alumno deberá ter os coñecementos de Matemáticas, Física e Química impartidos no primeiro semestre.

    É necesario dominar a folla de cálculo Excel ou similares.

    É recomendable que o alumno, ao longo do curso, utilice as titorías para resolver as dúbidas que teña.