Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031222 - Operacións Básicas (Tecnoloxía Específica. Química Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 2.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
OMIL PRIETO, FRANCISCO.NON
VAZQUEZ VILA, MARIA JOSE.SI
VAZQUEZ VILA, MARIA JOSE.SI
Veiga Garcia, Jose Luis.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02_inglesOrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia é obrigatoria e pertence ao bloque de tecnoloxía específica en Química Industrial. É unha materia, sobre todo de natureza descritiva, e unha introdución a outras que o estudante vai estudar durante o segundo semestre do segundo curso.

    Os obxectivos que se pretenden alcanzar son:
    - Coñecer as leis e ecuacións de velocidade para o transporte de propiedade.
    - Coñecer as operacións básicas, os modos de operación e os equipos máis comúns na industria química, especialmente para a separación de fases e compoñentes.
    - Desenvolver a habilidade para realizar experimentos sobre propiedades termodinámicas e de transporte, analizar os datos obtidos e interpretar as teorías que os explican.
    - Desenvolver a capacidade de busca de información bibliográfica, uso das tecnoloxías de información e comunicación, e elaboración de documentos.
    - Capacidade para facer crítica dos éxitos, errores e resultados propios e alleos, para adquirir e transmitir coñecementos, e para o traballo en equipa.
    - Desenvolver a capacidade de comunicarse de forma efectiva, dende una perspectiva profesional, na terminoloxía propia deste sector industrial, tanto na lingua natural como en inglés.

    Contidos
    A materia ten créditos teóricos e créditos de laboratorio, que teñen os seguintes contidos:

    Teoría
    - Introdución aos fenómenos de transporte.
    - Sistemas e modos de operación das operacións básicas.
    - Operacións controladas polo transporte de cantidade de movemento.
    - Operacións controladas pola transmisión de calor.
    - Operacións controladas pola transferencia de masa.
    - Outras operacións básicas.

    Laboratorio
    - Convección de calor natural e forzada.
    - Determinación de coeficientes de transferencia de masa.
    - Determinación de coeficientes de difusión.
    - Lei de Hagen-Pouseuille.
    - Determinación de viscosidades de líquidos.

    No contido teórico da materia inclúese, en primeiro lugar, unha pequena introdución dos fenómenos de transporte e unha clasificación das operacións básicas segundo o mecanismo controlante. Posteriormente introdúcense as leis e ecuacións de velocidade para o transporte de propiedade.Finalmente, descríbense os equipos máis comúns na industria química en operacións controladas polo transporte de cantidade de movemento, transferencia de calor e transferencia de masa.

    No contido práctico de laboratorio intentarase desenvolver a capacidade de realizar experimentos sobre as propiedades termodinámicas e de transporte, analizar e interpretar os datos a partir de teorías que os explican.

    Bibliografía básica e complementaria
    A) Básica:

    - McCabe, W. L., Smith, J. C. e Harriott, P., "Operaciones Unitarias en Ingeniería Química"; 6ª Ed., McGraw-Hill, Madrid (2002)

    B) Complementaria:

    - Bird, R.B., Stewart, W.E. e Lightfoot, E.N., “Fenómenos de transporte: un estudio sistemático de los fundamentos del transporte de materia, energía y cantidad de movimiento”; Reverté, Barcelona (1993)
    - Calleja Pardo, G. e col., “Introducción a la Ingeniería Química”; Ed. Síntesis, Madrid (1999)
    - Costa López, J. e col., “Curso de Ingeniería Química: Introducción a los Procesos, las Operaciones Unitarias y los Fenómenos de Transporte”, Ed. Reverté, Barcelona (1999)
    - Costa Novella, E. e col., "Ingeniería Química. Vol. 3. Flujo de Fluidos "; Alhambra, Madrid (1985)
    - Costa Novella, E. e col., "Ingeniería Química. Vol 4. Transmisión de Calor"; Alhambra, Madrid (1986)
    - Costa Novella, E. e col., "Ingeniería Química. Vol 5. Transferencia de Materia"; Alhambra, Madrid (1988)
    - Coulson, J. M.; Richardson, J. F.; Backhurst, J. R. e Harker, J. H., "Chemical Engineering Vol. I . "Fluid Flow, Heat Transfer and Mass Transfer"; 6ª Ed., Pergamon, London (1999)
    - Coulson, J. M.; Richardson, J. F.; Backhurs t, J. R. e Harker, J. H., "Chemical Engineering Vol. I I . Particle Technology and Separation Processes"; 4ª Ed., Pergamon, London (1991)
    - Levenspiel, O., "Flujo de Fluidos e Intercambio de Calor"; Reverté, Barcelona (1993)
    -Perry, R.H. e Green, D.W., “Manual del Ingeniero Químico”, Ed. McGraw Hill, Madrid (2001)
    - Welty, J.R.. “Fundamentos de Transferencia de Momento, Calor y Masa”, Ed. Limusa, México (1999)

    Competencias
    Coñecer as operacións de transferencia de masa, operacións de separación, e capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teóricas serán impartidas en español. Haberá un grupo de prácticas en inglés e outro en español.

    A consecución dunha formación básica do alumno baséase nas clases teóricas de tipo maxistral pero coa participación activa do alumno que será incentivado a intervir continuamente, especialmente centrados no coñecemento das diferentes operacións básicas da industria de procesos químicos e dos equipos de operación.

    Os seminarios e o traballo en grupo permiten a adquisición de competencias xerais e específicas. Realizaranse traballos descritivos dos equipos máis habituais das operacións básicas.

    Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada alumno e titorías con grupos reducidos para traballar temas específicos.

    Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).

    Ademais usarase como apoio o Campus Virtual da USC.

    Tamén, co programa de prácticas de laboratorio refórzase a habilidade de poñer os coñecementos teóricos na súa aplicación práctica e a elaboración de documentos científico-técnicos.

    Sistema de evaluación
    Seguimento da aprendizaxe co estudio de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Farase a lo menos un exame.

    A nota final do alumno considerará tanto o resultado do exame (65%) como das actividades realizadas na aula (seminarios, traballos/actividades e titorías: 15%; prácticas de laboratorio: 20%).

    Avaliaranse tanto os coñecementos teóricos da materia como os prácticos, divididos nos seguintes apartados:

    Teóricos:
    Traballo en grupo (obrigatorio): 7,5%
    Exame final (obrigatorio): 20%

    Prácticos:
    Prácticas de laboratorio (obrigatorias): 20%
    Seminarios e Titorías (obrigatorios): 7,5%
    Exame final (obrigatorio): 45%

    O alumno debe realizar obrigatoriamente e obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (exame, seminarios, traballos/actividades, titorías e prácticas de laboratorio).

    No caso de non superar a materia na Convocatoria Ordinaria, o estudante avaliarase na Convocatoria Extraordinaria de, polo menos, aqueles apartados nos que non lograse a cualificación mínima esixida.

    Soamente por causas debidamente xustificadas poderase faltar ás horas presenciais obrigatorias (seminarios, titorías, traballos e prácticas de laboratorio). As faltas de asistencia inxustificadas ás horas presenciais obrigatorias e/ou ao Exame Final leva á cualificación final de Suspenso.

    Unicamente os estudantes que non teñan realizado ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    É obrigatoria a asistencia aos seminarios, titorías, traballos e prácticas de laboratorio. As horas correspondentes á materia distribúense en presenciais e non presenciais tal e como se indica a continuación:

    Horas presenciais teóricas e de problemas: 32
    Horas presenciais de seminarios: 2
    Horas presenciais de titorías en grupo: 2
    Horas presenciais de laboratorio: 15
    Horas non presenciais: o alumno debe levar ao día a materia (4-5 horas semanais) para poder entender e realizar posteriormente as cuestións e os problemas que se propoñan na clase.

    Así, estímase que o estudante deberá empregar un total de 94 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á materia.

    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno deberá realizar pola súa conta os exercicios prácticos, tanto os resoltos na aula como os propostos como traballo persoal.

    O alumno deberá ter os coñecementos de Matemáticas, Física, Química e Fundamentos de Enxeñaría impartidos no primeiro curso.

    É necesario dominar a folla de cálculo Excel ou similares.