G4031224 - Química Analítica (Específicas de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 33.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Analítica
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaFormar ao alumno no campo da Química Analítica e as súas aplicacións. Desenvolver sistematicamente os principios da Química Analítica e equilibrios iónicos coas súas aplicacións cuali e cuantitativas.
Promover a resolución razoada de problemas numéricos.
ContidosTEORÍA
TEMA 1. O proceso analítico.
TEMA 2. Operacións previas.
TEMA 3. Parámetros de calidade dos métodos analíticos.
TEMA 4. Cálculo de concentracións.
TEMA 5. Tratamento dos datos analíticos.
TEMA 6. Métodos volumétricos de análise.
TEMA 7. Métodos gravimétricos.
TEMA 8. Introdución ao análise instrumental.
PRÁCTICAS
1.- Volumetría ácido-base.
2.- Volumetría redox.
3.- Volumetría de formación de complexos.
4.- Volumetría de precipitación.
5.- Determinación gravimétrica.
6.- Tratamento estatístico dos datos analíticos.
Bibliografía básica e complementaria•SKOOG, D.; WEST, D.; HOLLER, F.J. ; CROUCH, S.R.
Fundamentos de Química Analítica. Ed. Thomson, 2005.
•BURRIEL, F.; LUCENA, F.; Y OTROS.
Química Analítica Cualitativa. Ed. Paraninfo. 2000.
•HARRIS, D.C.
Análisis Químico Cuantitativo. Ed. Reverté S.A. 2001.
•RUBINSON, J.F.; RUBINSON, K.A.
Química Analítica Contemporánea. Ed. Pearson Education. 2000.
•BERMEJO, F.
Química Analítica General, Cuantitativa e Instrumental. Ed. Paraninfo, 1991.
•HARVEY, D.
Química Analítica Moderna. Ed Mc Graw Hill 2002.
•PICKERING, W.F.
Química Analítica Moderna. Ed Reverté. 1980.
•MILLER, J.N.; MILLER, J.C..
Estadística y Quimiometría para Química Analítica. Ed. Prentice Hall, 2000.
•VALCÁRCEL, M.
Principios de Química Analítica. Ed. Springer-Verlag 1999.
•MONGAY, C.; CERDÁ, V.
Fundamentos de Química Analítica. Ed. Universitat de les Illes Balears. Col-lecció Materials Didactics, 55. 1998.
BIBLIOGRAFÍA EJERCICIOS Y PROBLEMAS:
•LÓPEZ CANCIO, J.A.
Problemas resueltos de Química Analítica. Ed. Thomson, 2005.
•YÁÑEZ-SEDEÑO, P.; PINGARRÓN, J.M.; DE VILLENA, F.J.
Problemas resueltos de química analítica. Ed. Síntesis 2003.
•BERMEJO, F.
Cálculos numéricos en Química Analítica. Ed. Tórculo. 1998.
•GORDUS, A.A.
Química Analítica: Teoría y 590 problemas resueltos. Ed. McGraw-Hill, 1987.
•HAMILTON, L.F.; SIMPSON, S.G.; ELLIS, D.W.
Cálculos de Química Analítica. Ed. McGrawHill, 1981.
CompetenciasO remate da materia, o alumno terá adquiridas competencias, habilidades e destrezas en relación cá problemática dos equilibrios químicos, tanto no que se refire os seus alicerces e cálculos, así como as aplicacións dos mesmos ó análise gravimétrico e volumétrico. Por outra parte , tamén terá adquirido coñecementos no que ao tema da toma e preparación da mostra se refire. Ademais deberá haber acadado unhas nocións sobre o tratamento dos datos experimentais.
Metodoloxía da ensinanza Clases presenciais (teoría e seminarios). As clases serán de asistencia obrigada. O profesor explicará os contidos teóricos fundamentais de cada tema e a súa importancia no contexto da materia. Se resolverán problemas tipo, facendo fincapé na comprensión do mecanismo de resolución e resaltando a relación dos problemas con aplicacións prácticas.
As clases desenvolveranse de xeito interactivo cos alumnos, discutindo con eles os aspectos que resulten máis dificultosos ou especialmente interesantes de cada tema.
Prácticas de laboratorio. Serás de asistencia obrigada. As sesións práctica se dedicarán a realización da práctica correspondente e a interpretación dos resultados obtidos.
Titorías. Serán de asistencia obrigada. Nelas pretendese levar a cabo un seguimento cercan do traballo desenvolvido por cada alumno así como aclarar dubidas e orientar o traballo persoal do alumno.
O alumno terá dispoñible antes do inicio de cada tema, para facilitar o seguimento da clase, os contidos e os boletíns con cuestións e problemas na USC virtual.
Sistema de evaluación- Levarase a cabo un único exame dos coñecementos adquiridos ao longo do curso.
- Este exame (7 puntos) estará dividido en dous partes teoría (3 puntos) e problemas (4 puntos). Será necesaria unha nota mínima de 1,1 puntos en teoría e 1,4 puntos en problemas para poder facer media.
- A cualificación obtida no exame final da materia suporá o 70% da cualificación da materia.
-A cualificación obtida na realización e/ou exposición dos traballos prácticos de problemas individualmente ou en equipo e outras actividades académicas dirixidas suporá o 15% da cualificación da materia.
- A presentación dunha memoria de prácticas de laboratorio suporá o 10% da cualificación da materia.
-A cualificación obtida por asistencia e participación activa en clase e pola asistencia a titorías suporá o 5% da cualificación da materia.
-É obrigatoria a asistencia a totalidade das prácticas de laboratorio para poder superar a materia.
-A calificación final lograráse sempre que a nota dol exame final sexa como mínimo dun 3,5 (sobre 7,0). A valoración positiva do traballo realizado a través do resto das actividades aumentará a calificación do exame ata a puntuación final.
Tempo de estudo e traballo persoalTres horas por semana correspondentes as clases na aula. Debería, ademais, diariamente dedicar entre 1 y 2 horas ao traballo persoal na materia, segun os coñecementos previos dos que dispoña para afrontar esta materia.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e aproveitamento das clases
- Realización dos exercicios propostos nos boletíns previa a súa explicación nos seminarios
- Consulta e manexo da bibliografía recomendada
- Aproveitamento das horas de titorías
ObservaciónsA realización da totalidade das prácticas de laboratorio é un requisito indispensable para poder aprobar a asignatura.