G4031225 - Transporte de Fluídos (Común á Rama Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 41.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAdquirir os coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no eido da enxeñaría. Cálculo de tubarias, canles e sistema de fluídos.
ContidosTeoría:
* Introdución. Principios básicos do fluxo de fluídos
* Fluxo interno de fluídos incompresibles.
* Fluxo interno de fluídos compresibles.
* Equipos para o transporte de fluídos incompresibles.
* Equipos para o transporte de fluídos compresibles.
* Fluxo externo de fluídos
* Axitación e mixtura de líquidos en tanques
Laboratorio:
* Práctica 1.- Medidores de caudal (calibrado dun estreitamento).
* Práctica 2.- Montaxe, despece, caracterización e identificación de bombas.
* Práctica 3.- Determinación das curvas características de bombas.
* Práctica 4.- Perdas de carga en conducións e accesorios.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
* MOTT, R.L. “Mecánica de fluídos" 6ª Ed, Prentice Hall, Mexico (2006).
Bibliografía complementaria:
* COSTA NOVELLA y col. “Ingeniería Química. Vol. 3. Flujo de fluídos” Alambra Madrid (1985).
* LEVENSPIEL, O. “Flujo de fluídos e intercambio de calor” Reverté, Barcelona (1993).
* WILKES, J.O. “Fluid Mechanics for chemical engineers” Prentice Hall, London (1999).
* WHITE, M.B. “Mecánica de fluídos” 5ª Ed. Mc Graw Hill, Madrid (2004).
Competencias* Aplicar os principios da mecánica de fluídos no plantexamento e na resolución de problemas prácticos relacionados co transporte de fluídos.
* Coñecer os distintos tipos de bombas, saber seleccionalas para aplicacións concretas e determinar os seus parámetros característicos.
* Coñecer e saber dimensionar os distintos tipos de equipos para a impulsión de fluídos compresibles.
* Coñecer outras operacións de separación como sedimentación e filtración e os equipos utilizados.
* Coñecer distintos tipos de axitadores e cómo determinar as curvas de potencia.
* Capacidade de iniciativa e disposición para tomar decisións sobre propostas.
* Disposición e habilidade para colaborar de maneira coordinada nas tarefas realizadas conxuntamente por un equipo de persoas para obter un obxectivo proposto.
* Capacidade de busca de información bibliográfica, uso das tecnoloxías de información e comunicación, i elaboración de documentos.
* Capacidade de comunicarse de forma efectiva, dende unha perspectiva profesional, na terminoloxía propia deste sector industrial, tanto na súa lingua natural como en inglés.
* Destreza e habilidade na realización de ensaios no laboratorio, capacidade para a análise dos resultados obtidos e para saber interpretar as teorías que os explican.
Metodoloxía da ensinanza A consecución dunha formación básica do alumno será mediante clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumno que será incentivado a intervir continuamente. Os seminarios propóñense como unha actividade presencial de docencia interactiva na que poderán abordarse aspectos moi diversos como técnicas auxiliares de cálculo, debates sobre temas de interese relacionados cos contidos da materia, emprego de de fontes bibliográficas, etc. Preténdese que o alumno realice polo menos un traballo en grupo sobre algún dos contidos do temario (exemplo: selección de medidores de caudal ou equipos de impulsión para unha aplicación concreta). Propóñense prácticas de laboratorio, coas que os alumnos, distribuídos en grupos, aprenderán a utilizar material de laboratorio, a adquisición e a destreza manual, o desenvolvemento da capacidade de observación, a adquisición do hábito de programar o traballo, a asimilación, comprensión e afianzamento dos conceptos teóricos e o aprendizaxe na elaboración dun informe. Realizaráse unha titoría en grupo na que os estudantes, distribuídos en grupos, plantexarán as suás dubidas sobre os contidos da materia.
Sistema de evaluaciónSeguimento do aprendizaxe co plantexamento de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Procederáse ademáis a realizar polo menos un exame. A cualificación final do alumno considerará tanto o resultado do exame (65%) como as actividades realizadas na aula (20%) e as prácticas de laboratorio (15%).
As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos e serán obrigatorias. Ao final das mesmas o alumno entregará unha memoria que será avaliada.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta marteria divídese en 41 horas de clases expositivas, 2 de seminarios, 6 de prácticas laboratorio, 2 horas de titorías en grupo e 3 de realización de exames (54 horas en total). Con todo, estímase que o alumno deberá empregar un total de 96 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á asignatura.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ recomendable ter cursado as materias: Fundamentos de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Operacións Básicas.
ObservaciónsA docencia da materia impartiráse:
Grupo 1: nas dúas linguas oficiais da comunidade autónoma galega: galego e castelán.
Grupo inglés (só prácticas de laboratorio): en lingua inglesa.