G4031226 - Transmisión de Calor (Común á Rama Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 41.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEsta materia é de carácter obrigatorio e pertence ao bloque común á Rama Industrial.
Os obxectivos que se pretenden alcanzar son:
- Aplicar os mecanismos da transmisión de calor ao plantexamento e resolución de problemas.
- Coñecer os distintos tipos de equipas que se utilizan para a transmisión de calor na industria.
- Saber escoller un intercambiador de calor para unha determinada aplicación e saber dimensionalo.
- Coñecer a operación de evaporación e os tipos de evaporadores utilizados na industria e saber dimensionar un evaporador.
- Coñecer as caldeiras e fornos e algunhas das súas aplicacións, e saber como dimensionalos dunha forma sinxela.
- Capacidade de iniciativa e disposición para tomar decisións sobre propostas.
- Disposición e habilidade para colaborar de maneira coordinada nas tarefas realizadas conxuntamente por unha equipa de persoas para lograr un obxectivo proposto.
- Capacidade de búsqueda de información bibliográfica, uso das tecnoloxías de información e comunicación, e elaboración de documentos.
- Capacidade de comunicarse de forma efectiva, dende unha perspectiva profesional, na terminoloxía propia deste sector industrial, tanto na súa lingua natural como en inglés.
- Destreza e habilidade na realización de ensaios no laboratorio, capacidade para a análise dos resultados obtidos e para saber interpretar as teorías que os explican.
ContidosA materia consta de créditos teóricos e créditos de laboratorio, que teñen os seguintes contidos:
Teoría
- Introdución. Equipas para a transmisión de calor.
- Intercambiadores de calor de carcasa e tubos. Deseño de equipas.
- Intercambiadores de calor de placas. Ecuacións de deseño.
- Redes de intercambiadores. Obxectivos. Estratexia de deseño.
- Ebullición e condensación. Caldeiras e Condensadores. Deseño de equipas.
- Evaporación. Tipos de evaporadores. Cálculo de evaporadores.
- Aero-refrigerantes. Deseño.
- Fornos. Métodos de cálculo.
Laboratorio
- Intercambiadores de calor. Determinación da área de intercambio e/ou coeficiente global de transmisión de calor.
- Evaporador de película ascendente. Concentración dunha disolución.
Bibliografía básica e complementariaA) Básica:
- Çengel, Y.A., “Transferencia de calor”, McGraw-Hill, México (2004)
- Kern, D.Q , “Procesos de transmisión de calor”, Grupo Editorial Patria, México (2007)
B) Complementaria:
- Branan, C.R., “Soluciones prácticas para el ingeniero químico”, McGraw-Hill, 2ª edición, México (2000)
- Holman, J.P., “Transferencia de calor”, McGraw-Hill, Interamericana de España, D.L., Madrid (2000)
- Incropera, F.P. e De Witt, D.P., “Fundamentos de Transferencia de Calor”, Prentice Hall, 4ª edición, México (1999)
- Marín, J.M. e Guillén, S., “Diseño y cálculo de intercambiadores de calor monofásicos”, Ed. Paraninfo, Madrid (2013)
- Mills, A. F., “Heat Transfer”, Prentice Hall, New Jersey (1999)
- Seider, W.D. et al., “Product and Process Design Principles. Synthesis, Analysis, and Evaluation”, Jonh Wiley & Sons, Inc., 2ª edición, New York (2010)
CompetenciasCoñecementos de transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
Metodoloxía da ensinanza As clases teóricas serán impartidas en español. Haberá un grupo de prácticas en inglés e outro en español.
A consecución dunha formación básica do alumno será mediante 41 horas de clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde explicaranse os fundamentos teóricos da materia e resolveranse exercicios e problemas que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos.
Os seminarios (2 horas) enfócanse como unha actividade presencial, e obrigatoria, de docencia interactiva, na que poderán abordarse aspectos moi diversos como técnicas auxiliares de cálculo, debates de temas de interese relacionados cos contidos da materia, manexo de fontes bibliográficas, etc.
Os estudantes realizarán obrigatoriamente un traballo en grupo, consistente no deseño dun intercambiador de calor.
Realizaranse prácticas de laboratorio (6 horas), que serán obrigatorias e nas que os estudantes, distribuídos en grupos, aprenderán a utilizar material de laboratorio, a adquisición e a destreza manual, o desenrolo da capacidade de observación, a adquisición do hábito de programar o traballo, a asimilación, compresión e fixación dos conceptos teóricos e a aprendizaxe na elaboración dun informe.
Realizaranse titorías en grupo obrigatorias (2 horas) nas que os estudantes tratarán as súas dúbidas sobre calquera dos contidos da materia.
Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para resolución de problemas (presentacións multimedia, traballo con follas de cálculo e programas de simulación).
Ademais usarase como apoio o Campus Virtual da USC.
Sistema de evaluaciónSeguimento da aprendizaxe co estudio de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Procederase ademais á realización de polo menos un exame.
A cualificación final do estudante considerará tanto o resultado do exame (65%) como das actividades realizadas (seminarios, traballos/actividades e titorías e prácticas de laboratorio 35%).
Avaliarase tanto os coñecementos teóricos da materia como os prácticos, divididos nos seguintes apartados:
Teóricos:
Traballo en grupo (obrigatorio): 5%
Exame final (obrigatorio): 20%
Prácticos:
Prácticas de laboratorio (obrigatorio): 10%
Traballo práctico en grupo (obrigatorio): 10%
Seminarios e Titorías (obrigatorios): 10%
Exame final (obrigatorio): 45%
Nas prácticas de laboratorio presentarase un breve informe das prácticas realizadas, no que se farán constar: obxectivo, metodoloxía, resultados, conclusións e bibliografía. Avaliarase tanto a disposición no laboratorio como o informe.
Nos traballos valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo para afrontar e resolver os problemas que podan ter, así como os resultados conseguidos e a súa crítica. Deberán ser entregados, como máximo, o último día de clase do semestre.
O estudante debe realizar obrigatoriamente e obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (exame, seminarios, traballos /actividades, titorías e prácticas de laboratorio).
No caso de non superar a materia na Convocatoria Ordinaria, o estudante avaliarase na Convocatoria Extraordinaria de, polo menos, aqueles apartados nos que non lograse a cualificación mínima esixida.
Soamente por causas debidamente xustificadas poderá faltar ás horas presenciais obrigatorias (seminarios, titorías, traballos e prácticas de laboratorio). As faltas de asistencia inxustificadas ás horas presenciais obrigatorias e/ou ao Exame Final leva á cualificación final de Suspenso.
Unicamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
Tempo de estudo e traballo persoalÉ obrigatoria a asistencia aos seminarios, titorías, traballos e prácticas de laboratorio. As horas correspondentes á materia distribúese tal e como se indica a continuación:
Horas presenciais expositivas: 41
Horas presenciais de seminarios: 2
Horas presenciais de titorías en grupo: 2
Horas presenciais de laboratorio: 6
Horas non presenciais: o estudante debe levar ao día a materia (4-5 horas semanais) para poder entender e realizar posteriormente as cuestións e os problemas que se establezan na clase, así como os traballos en grupo.
Con todo estímase que o estudante deberá empregar un total de 96 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á materia.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ recomendable ter cursado previamente as materias Fundamentos da Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Operacións Básicas.
O estudante deberá realizar pola súa conta todos os exercicios prácticos, tanto os xa resoltos na clase como os propostos como traballo persoal.
Es necesario dominar la folla de cálculo Excel o similares.