Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031227 - Transferencia de Materia (Tecnoloxía Específica. Química Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 45.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VAZQUEZ VILA, MARIA JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia é de carácter obrigatorio e pertence ao bloque de tecnoloxía específica en Química Industrial.

    Os obxectivos que se pretenden alcanzar son:
    - Coñecer as operacións rexidas pola transferencia de materia e os seus equipos.
    - Comprender e saber aplicar métodos de cálculo simplificado.
    - Coñecemento de métodos de cálculo rigorosos.
    - Saber deseñar equipos de separación por contacto continuo e intermitente entre fases.
    - Saber resolver problemas de forma efectiva.
    - Saber utilizar tecnoloxías de información e comunicación na aprendizaxe.
    - Saber traballar de maneira autónoma e con iniciativa.
    - Aplicación de pensamento crítico, lóxico e creativo.

    Contidos
    - Operacións de separación baseadas na transferencia de materia.
    - Separación por contacto intermitente entre as fases. Sistemas binarios.
    Rectificación. Absorción. Extracción.
    - Separación por contacto continuo entre as fases. Sistemas binarios.
    Rectificación. Absorción. Extracción.
    - Sistemas multicompoñentes.

    Bibliografía básica e complementaria
    A) Básica:
    - Wankat, P.C.; "Ingeniería de Procesos de Separación", Pearson Educación, México (2008)

    B) Complementaria:

    - Backhurst, J.R. e Harker, J.H.; Process Plant Design, Heineman Educ. Books, London (1973)
    - Coulson, J.M., Richardson, J.F., Backhurst J.R. e Harker, J.H., Chemical Engineering, Vols. 1 e 2, 4º edic., Pergamon Press, Oxford (1994)
    - Holland, C.D.; Fundamentals of Multicomponent Distillation, McGraw-Hill Book Co., New York (1981)
    - Marcilla, A.G., "Introducción a las operaciones de separación. Cálculo por etapas de equilibrio", Textos Docentes Univ. Alicante (1998)
    -Marcilla, A.G., "Introducción a las operaciones de separación. Contacto continuo", Textos Docentes Univ. Alicante (1999)
    - Martínez de la Cuesta, P. e Rus Martínez R.; "Operaciones de Separación en Ingeniería Química. Métodos de Cálculo", Pearson Educación, Madrid (2004)
    - Ocón, J.G. e Tojo, G.B., "Problemas de Ingeniería Química: Operaciones Básicas", Ed. Aguilar, 3ª edic., Madrid (1976)
    - Seader, J.D., Henley, E.J., Roper D.K.; "Separation Process Principles", John Wiley & Sons, New York (2011)
    - Sinnott, R. K.; Chemical Engineering (Design), Vol. 6 (Serie Coulson-Richardson), 2ª edic., Pergamon Press, Oxford (1993)
    - Treybal, R.E.; "Extracción en Fase Líquida", Mc Graw-Hill, New York (1968)
    - Treybal, R.E.; "Mass Transfer Operations", 4ª Ed., Mc Graw-Hill, New York (1988)

    Competencias
    Coñecementos sobre transferencia de materia e operacións de separación. Capacidade para o deseño e xestión de operacións de transferencia de materia.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teóricas serán impartidas en español.

    A consecución dunha formación básica do estudante será mediante 45 horas de clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos.

    Os seminarios (4 horas), de asistencia obrigatoria, con presentación de problemas e actividades a resolver, individualmente ou en grupos, céntranse no desenrolo da capacidade para o deseño de equipos de separación por contacto continuo e intermitente entre las fases. Os seminarios permiten a adquisición das competencias xerais.

    Realizaranse titorías en grupo de asistencia obrigatoria (2 horas) para clarexar e solucionar as dificultades dos estudantes e traballar temas específicos.

    Debido ao carácter eminentemente aplicado desta materia (métodos de cálculo, deseño de equipos, etc.), os estudantes realizarán, obrigatoriamente, dous traballos en grupo, un sobre contidos teóricos da materia e outro consistente no deseño dunha columna de separación de compoñentes.

    Os seminarios e traballos en grupo permiten a adquisición de competencias xerais e específicas.

    Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).

    Ademais usarase como apoio o Campus Virtual da USC.

    Sistema de evaluación
    Seguimento da aprendizaxe co estudio de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Procederase ademais á realización de polo menos un exame.

    A cualificación final do alumno considerarase tanto o resultado do exame (65%) como das actividades realizadas (seminarios, traballos/actividades e titorías 35%).

    Avaliaranse tanto os coñecementos teóricos da materia como os prácticos, divididos nos seguintes apartados:

    Teóricos:
    Traballo en grupo (obrigatorio): 10%
    Exame final (obrigatorio): 20%

    Prácticos:
    Traballo práctico en grupo (obrigatorio): 15%
    Seminarios e Titorías (obrigatorios): 10%
    Exame final (obrigatorio): 45%

    Nos traballos valorase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo para afrontar e resolver os problemas que poidan tratarse, así como os resultados conseguidos e a súa crítica. Deberán ser entregados, como máximo, o último día de clase do semestre.

    O alumno debe realizar obrigatoriamente e obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (exame, seminarios, traballos/actividades e titorías).

    No caso de non superar a materia na Convocatoria Ordinaria, o estudante avaliarase na Convocatoria Extraordinaria de, polo menos, aqueles apartados nos que non lograse a cualificación mínima esixida.

    Soamente por causas debidamente xustificadas poderase faltar ás horas presenciais obrigatorias (seminarios, titorías e traballos). As faltas de asistencia inxustificadas ás horas presenciais obrigatorias e/ou ao Exame Final leva á cualificación final de Suspenso.

    Unicamente os estudantes que non fixeran ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    É obrigatoria a asistencia aos seminarios, titorías e traballos. As horas correspondentes á materia distribúense tal e como se indica a continuación:

    Horas presenciais expositivas: 45
    Horas presenciais de seminarios: 4
    Horas presenciais de titorías en grupo: 2
    Horas non presenciais: o alumno debe levar ao día a materia (4-5 horas semanais) para poder entender e realizar posteriormente as cuestións e os problemas que se estudien en clase, así como os traballos en grupo.

    Con isto estímase que o alumno deberá empregar un total de 93 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á materia.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter coñecementos de termodinámica aplicada á enxeñaría química, aplicación de balances de materia e enerxía e métodos de cálculo básicos para a resolución de problemas básicos. É recomendable ter cursadas as materias: Fundamentos de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Termodinámica Aplicada e Operacións Básicas.

    O alumno deberá realizar pola súa conta todos os exercicios prácticos, tanto os resoltos na clase como os propostos como traballo persoal.

    É necesario dominar a folla de cálculo Excel ou similares.