Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031229 - Química Orgánica (Específicas de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Orgánica
  • Áreas: Química Orgánica
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Vázquez Tato, María del Pilar.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer a estrutura dos compostos orgánicos.
    - Comprender a reactividade dos grupos funcionais máis importantes presentes nos compostos orgánicos, baseándose nos mecanismos de reacción.
    - Aplicar estes coñecementos á síntese de compostos orgánicos sinxelos e de interese industrial, así como á química dos produtos naturais.
    - Levar a cabo experimentalmente a síntese de compostos orgánicos sinxelos.
    Contidos
    Tema 1. Introdución.
    Tema 2. Análise conformacional dos alcanos.
    Tema 3. Estereoisomería.
    Tema 4. Reaccións dos alcanos
    Tema 5. Haluros de alquilo.
    Tema 6. Alcois, tioles e éteres.
    Tema 7. Aminas
    Tema 8. Alquenos e alquinos.
    Tema 9. Compostos aromáticos.
    Tema 10. Aldehídos e cetonas.
    Tema 11. Ácidos carboxílicos e derivados.
    Tema 12. Introdución á síntese orgánica.

    Prácticas de laboratorio
    • Técnicas experimentais de uso frecuente no laboratorio de Química Orgánica: cristalización, determinación de puntos de fusión, destilación, extracción e cromatografía.
    • Polarimetría e técnicas para a resolución de mesturas racémicas.
    • Preparación de compostos orgánicos por modificación de grupos funcionais (Substitución nucleófila de haluros de alquilo, obtención de 1-bromobutano e oxidación de 9-fluorenol).
    Bibliografía básica e complementaria
    Brown, W. H. Introduccion a la Quimica Organica. Cecsa, 2004.
    Bruice, P. Y. Fundamentos de Química Orgánica, Pearson Prentice Hall, 2008.
    Carey, F. A. Química Orgánica. 6ª edición, Ed. McGraw Hill, 2006.
    Climent Olmedo, M. J. Quimica organica. Limusa S.A. De C.V. 2012.
    García Pérez, J. M. Fundamentos de Química Orgánica. Estructura y propiedades de los compuestos orgánicos. Universidad de Burgos, 2008.
    Gutierrez, M. Química Orgánica: Aprenda Haciendo . . . 2ª Ed. Pearson-Mexico, 2012.
    H. Hart, H.; Hart, D. J.; Craine, L. E.; Hadad, C. M. Química Orgánica. 12ª ed., Mc Graw-Hill, 2007.
    McMurry, J. Química Orgánica. 7ª edición, Thomson, 2008.
    Solomons, T.W. G. Fundamentos de Química Orgánica. 2 ed. Limusa, 2004.
    Vollhardt, K. P. C.; Schore, N. E. Química Orgánica. 5ª edición; Omega, 2008.
    Wade, L. G. Química Orgánica. 5ª edición, Pearson, 2004.

    BIBLIOGRAFIA DE PROBLEMAS
    Hart, H. Study Guide and Solutions Book. Organic Chemistry. A Short Course, 12th ed., Houghton Mifflin Company, 2006.
    Llorens, J. A. Química orgánica. Ejercicios prácticos de introducción. Tébar, 2008.
    Meislich, H.; Nechamkin, H.; J. Sharefkin, J. Química Orgánica, 3ª Ed., Schaum McGraw Hill, 2001.
    Quiñoá, E.; Riguera, R. "Cuestiones y Ejercicios de Química Orgánica", 2ª Ed., McGraw-Hill, Madrid, 2004.

    BIBLOGRAFÍA DE CLASES PRÁCTICAS
    • Brewster, R. Q.; Van der Werf, C. A.; McEwen, W. E. Curso Práctico de Química Orgánica. Alhambra, 3° Edición, 1986.
    • Durst, H. P.; Gokel, G. W. Química Orgánica Experimental. Reverté, 2010.
    • Fieser, L. F.; Williamson, K. L. Organic Experiments. Mifflin, 2003.
    • Hart, H. Laboratory manual. Organic chemistry a short course. 13ª ed. Cengage Learning, 2011.
    • Harwood, L. M.; Moody, C. J.; Percy, J. M. Experimental Organic Chemistry. Standard and Microscale. 2ª ed. Blackwell Science, 1999.
    • Mayo, D. W.; Pike, R. M.; Trumper, P. K. Microscale Organic Laboratory: With Multistep and Multiscale Syntheses. John Wiley & Sons, 4ª ed., 2000.
    • Mayo, D. W.; Pike, R. M.; Trumper, P. K. Microscale Techniques for the Organic Laboratory. 2ª edición, Wiley, 2001.
    • Nimitz, J. S. Experiments in Organic Chemistry. From Microscale to Macroscale. Prentice-Hall, 1991.
    • Pavia, L. D.; Lampman, G. M.; Kriz, G. S. A Microscale Approach to Organic Laboratory Techniques. 5 ed. Cengage Learning. 2012.
    • Williamson, K. L. Macroscales and Microscales Organic Experiments. 6ª ed. Cengage Learning. 2010.
    Competencias
    - Capacidade para comprender os principios básicos da química orgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
    - Representación dos grupos funcionais e os compostos orgánicos máis importantes.
    - Comprensión adecuada da análise conformacional dos compostos orgánicos.
    - Predición das propiedades físicas (puntos de fusión e ebulición, solubilidad, acidez, etc.) en base aos grupos funcionais presentes nas moléculas.
    - Coñecemento das principais reaccións químicas dos grupos funcionais estudados.
    - Autonomía para realizar sínteses de compostos orgánicos sinxelos.
    - Coñecemento e aplicación da terminoloxía inglesa empregada para describir os conceptos correspondentes a esta materia.

    Metodoloxía da ensinanza
    As explicacións teóricas realizaranse no encerado co apoio de estereomodelos e diapositivas.
    Nas clases de seminarios, e coa participación dos alumnos, resolveranse no encerado os problemas propostos. Así mesmo entregaranse boletíns de cuestións e exercicios para ser resoltos polo alumno e entregados ao profesor para a súa corrección.
    As tutorías en grupo serán utilizadas para aclarar cuestións puntuais e utilización das TIC.
    As prácticas de laboratorio serán explicadas antes da realización das mesmas, incluíndo os fundamentos teóricos e prácticos. Durante a realización das experiencias resolveranse de forma continuada as dúbidas que xurdan.
    Parte dos contidos da materia complementaranse a través da USC virtual.
    Sistema de evaluación
    - A asistencia, a participación en clase, a resolución de cuestións ou problemas propostos suporá un 10% da nota final.
    - Un control con cuestións de resposta múltiple e problemas dos temas que abordan a estrutura dos compostos orgánicos. Este apartado suporá o 20% da nota final.
    - Un exame final, que supón un 60% da nota, no que se trata de comprobar o grao de coñecemento alcanzado polo alumno na reactividade dos compostos orgánicos e a súa aplicación a sínteses sinxelas.
    - Nas prácticas de laboratorio será avaliado: o traballo do alumno no laboratorio, o caderno de laboratorio realizado durante a sesión de prácticas, e no exame final incluiranse cuestións para determinar o grao de comprensión alcanzado polo alumno. Iso suporá un 10% da nota final. A asistencia e a realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividade Horas presenciais Factor Horas traballo alumno Créditos ECTS
    Clases maxistrais 24 2 48
    Seminario 10 2,8 28
    Prácticas Lab. 15 0,5 7,5
    Tutorías Grupo 2 1 2
    Traballos Indiv. 0 0
    Traballos Grupo 0 0
    Caderno Prácticas 0 1
    SubTotal 51
    Tutorías indiv. 5
    Realización exames e revisión 7,5
    Total 6

    Recomendacións para o estudo da materia
    A utilización de esteromodelos por parte do alumno facilitará a comprensión da estereoisomería.
    Dada a estrutura lóxica e encadeada da materia é de especial importancia levar a materia ao día, xa que a comprensión dun tema sen o coñecemento dos anteriores resulta moi dificultoso.
    Observacións
    Prerrequisitos esenciais
    Requírense coñecementos básicos de:
    - Estrutura atómica e ligazón química.
    - Acidez e basicidad.
    - Formulación de compostos orgánicos.

    Prerrequisitos aconsellables
    Coñecementos básicos de termodinámica e cinética das reaccións químicas.