Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031322 - Experimentación en Química Industrial I (Tecnoloxía Específica. Química Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Laboratorio: 49.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VAZQUEZ VILA, MARIA JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia é de carácter obrigatorio e pertence ao bloque de tecnoloxía específica en Química Industrial. É unha materia, de carácter totalmente práctico.

    Preténdese poñer en práctica os coñecementos adquiridos en materias estudadas durante o primeiro e segundo curso da titulación: “Fundamentos de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais”, "Operacións Básicas", “Transferencia de Materia". "Transporte de Fluídos" e "Transmisión de Calor".

    Os obxectivos que se pretenden alcanzar son:
    - Desenvolver a habilidade para realizar experimentos, saber cuantificar as operacións con fluxo de fluídos, transmisión de calor e transferencia de masa, analizar os datos e interpretar a teoría que os explica.
    - Aprender o manexo dos equipos, os métodos de traballo no laboratorio, e as precaucións a tomar desde a perspectiva da súa aplicación á industria.
    - Desenvolver a capacidade de busca de datos bibliográficos e informáticos.
    - Capacidade para facer crítica dos éxitos, errores e resultados propios e alleos, para responsabilizarse en adquirir e transmitir coñecementos e para traballar en equipo.
    - Capacidade para expresarse correctamente na terminoloxía propia da industria de procesos químicos, tanto na súa lingua natural como en inglés.

    Contidos
    Nesta materia realizaranse prácticas de laboratorio, tales como:

    - Calibrado dun estreitamento para a medida de caudais de líquido
    - Perdas de presión a través dun leito poroso
    - Ecuación de Bernouilli
    - Curvas características dunha bomba centrífuga
    - Condución de calor en réxime non estacionario
    - Curvas de solubilidade en sistemas líquido-líquido
    - Determinación da temperatura húmida do aire
    - Absorción gas-líquido
    - Secado de sólidos
    - Sedimentación
    - Destilación diferencial
    - Rectificación descontinua
    - Lixiviación

    Bibliografía básica e complementaria
    A) Básica:
    A correspondente coas materias de "Operacións Básicas", “Transferencia de Materia". "Transporte de Fluídos" e "Transmisión de Calor".

    B) Complementaria:
    A indicada na materia básica de enxeñaría “Fundamentos de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais”

    Os guións elaborados para cada práctica indicarán a bibliografía específica para cada unha delas.

    Competencias
    Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada e modelaxe de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor e operacións de transferencia de masa.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases serán impartidas en español no laboratorio correspondente.

    Esta é unha materia práctica de laboratorio, con actividade presencial de docencia interactiva e asistencia obrigatoria na que os estudantes, distribuídos en grupos de 20 e por tríos, realizarán o maior número de prácticas posible entre as indicadas nos contidos da materia.

    O alumno traballará en equipo e disporá dos guións de prácticas antes de comezar a materia no laboratorio.

    Durante a realización das prácticas o alumno deberá de dispoñer dun caderno de laboratorio no que anotar os datos obtidos e as observacións correspondentes a cada práctica. Usaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia (traballo con follas de cálculo) para o tratamento dos datos obtidos nas prácticas de laboratorio.

    Unha vez finalizadas as prácticas de laboratorio e obtidos os datos experimentais, os estudantes realizarán, obrigatoriamente e pola súa conta, todos os cálculos necesarios para conseguir os resultados pretendidos, os analizarán e extraerán as conclusións pertinentes, que plasmarán nunha memoria de prácticas.

    Coas titorías individuais preténdese que o estudante consulte e resolva as dúbidas que poda ter á hora de confeccionar a memoria de prácticas.

    Ademais usarase como apoio o Campus Virtual.

    Sistema de evaluación
    Valoraranse positiva ou negativamente a actitude e aptitude individual do estudante, a súa capacidade para traballar en equipo, para debater co docente e para realizar o traballo experimental (15%).

    Así mesmo, valorarase a calidade da memoria realizada por cada terna de estudantes, na que deberán facer constar: obxectivo da práctica, fundamentos teóricos, metodoloxía, materiais e resultados experimentais, tratamento de resultados, conclusións e bibliografía (20%).

    Por último, haberá un exame teórico-práctico obrigatorio no que o estudante deberá responder a unha serie de cuestiones e/ou exercicios sobre as prácticas que realizou (65%).

    Soamente por causas debidamente xustificadas poderase faltar ás horas presenciais. As faltas de asistencia inxustificadas ás horas presenciais e/ou ao Exame Final implica a cualificación final de Suspenso.

    Unicamente os estudantes que non teñan realizada ningunha das actividades presenciais poderán obter a cualificación final de Non Presentado.

    A Memoria de Prácticas e o Caderno de Laboratorio deberán ser entregados en datas próximas á finalización das prácticas.

    Para superar a materia é imprescindible obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en todos e cada un dos apartados avaliables.

    No caso de non superar a materia na Convocatoria Ordinaria, o estudante avaliarase na Convocatoria Extraordinaria de, polo menos, aqueles apartados nos que non lograse a cualificación mínima esixida.

    Debido ao carácter experimental desta materia, os estudantes repetidores deberán cursala de novo íntegramente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia divídese en 49 horas de Prácticas de Laboratorio e 2 horas de Titorías en grupo, actividades todas elas de carácter presencial obrigatorio.

    Estímase que o estudante deberá emplear un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á materia, distribuídas na realización da memoria de prácticas e o tratamento dos datos experimentais así como na preparación do exame final.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Antes de comezar a realización das Prácticas de Laboratorio, os estudantes deberán coñecer os principios básicos nos que se fundamentan. Para elo, deberán analizar detalladamente os Guións de Prácticas postos a súa disposición e consultar a bibliografía neles mencionada.

    O alumno deberá ter os coñecementos de Matemáticas, Física, Química e Enxeñaría impartidos no primeiro e segundo curso.

    É necesario dominar a folla de cálculo Excel ou similares.

    Observacións
    Os guións de prácticas estarán a disposición do alumno no Campus Virtual ao inicio do semestre e, antes do comezo das prácticas, realizarase unha Titoría en Grupo en aula co fin de analizar e debater as dúbidas que se teñan.