Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031323 - Enxeñaría da Reacción Química (Tecnoloxía Específica. Química Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 45.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ CARRASCO, EUGENIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecementos sobre enxeñaría da reacción química, deseño de reactores e biotecnoloxía. Esta materia, de carácter eminentemente práctico e aplicado, é fundamental para unha correcta formación do estudiante acerca da tecnoloxía específica en Química Industrial.
    Contidos
    * Introdución ao deseño de reactores. Conceptos xerais.
    * Deseño de reactores ideais homoxéneos isotérmicos.
    * Deseño de reactores ideais homoxéneos non isotérmicos.
    * Distribucións de tempos de residencia en reactores químicos.
    * Modelos de reactores non ideais.
    * Deseño de reactores heteroxéneos.
    * Biorreactores.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    * LEVENSPIEL, O. Ingeniería de las Reacciones Químicas; Reverté, Barcelona, 1990.


    Bibliografía complementaria:

    * FOGLER, H. S. Elementos de Ingeniería de las Reacciones Químicas; Prentice Hall, New Jersey, 2001.

    * HILL, Ch. G. An Introduction to Chemical Engineering Kinetics and Reactor Design; John Wiley & Sons, New York, 1977.

    * LEVENSPIEL, O. El Omnilibro de los Reactores Químicos; Reverté, Barcelona, 1990.

    * MISSEN, R. W.; MIMS, C. A.; SAVILLE, B. A. Introduction to Chemical Reaction Engineering and Kinetics; John Wiley & Sons, New York, 1999.

    * SANTAMARÍA, J. M.; HERGUIDO, J.; MENÉNDEZ, M. A.; MONZÓN, A. Ingeniería de Reactores; Síntesis, Madrid, 1999.
    Competencias
    Competencias específicas:

    * Coñecer as ecuacións de deseño de reactores químicos a partires das ecuacións xerais de balance.

    * Capacidade para seleccionar o tipo de reactor mais axeitado para levar a cabo una determinada reacción.

    * Determinar as condicións operativas óptimas e establecer os criterios de deseño.

    * Deseñar reactores químicos, para reaccións homoxéneas, en virtude das diferentes condicións de operación.

    * Identificar a existencia de desviacións da idealidade en reactores reais e avaliar a conversión acadada en reactores reais.

    * Deseñar reactores para reaccións heteroxéneas sólido-fluido.

    * Coñecer as condicións de operación estables en reactores nos que se dan reaccións exotérmicas.

    * Familiarizarse co deseño de biorreactores.


    Competencias xerais:

    * Coñecemento e aplicación da terminoloxía inglesa empregada para describir os conceptos correspondentes a esta materia.

    * Capacidade de iniciativa e disposición para tomar decisións sobre propostas.

    * Disposición e habilidade para colaborar de xeito coordinado nas tarefas realizadas conxuntamente por un equipo de persoas para acadar un obxectivo proposto.

    * Capacidade de búsqueda de información bibliográfica, uso das tecnoloxías de información e comunicación e elaboración de documentos.

    * Capacidade de comunicarse de forma efectiva, dende unha perspectiva profesional, na terminoloxía propia deste sector industrial, tanto na súa lingua natural coma en inglés.
    Metodoloxía da ensinanza
    A consecución dunha formación básica do alumno será mediante clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que servan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumno que será incentivado a intervir dun xeito continuo. Os seminarios prantexanse coma unha actividade presencial de docencia interactiva na que poderán abordarse aspectos moi diversos coma técnicas auxiliares de cálculo, debates sobre temas de interese relacionados cos contidos da asignatura, manexo de fontes bibliográficas, etc. Preténdese que o alumno realice alomenos un traballo en grupo sobre algúns dos contidos do temario. Realizaranse dúas titorías en grupo nas que os estudiantes, distribuidos en grupos, prantexarán as súas dúbidas sobor dos contidos da materia.

    As clases impartiranse en castelán.

    Realizaranse titorías individuais para clarexar problemas particulares de cada alumno e titorías con grupos reducidos para traballar temas específicos.

    Utilizaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para a resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).

    Ademais usarase como apoio a USC virtual.

    Para mais información consultar a guía docente da asignatura.
    Sistema de evaluación
    Seguemento da aprendizaxe co prantexamento de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Procederase ademáis á realización de alomenos un exame. A calificación final do alumno terá en conta tanto o resultado do examen (65%) como das actividades realizadas na aula, así como o traballo en grupo (35%). Avaliaranse tanto os coñecementos teóricos da asignatura como os prácticos.


    Para mais información consultar a guía docente da asignatura.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta asignatura divídese en 45 horas de clases expositivas, 4 horas de seminarios, 2 horas de titorías en grupo, 2 horas de titoría individualizada e 3 horas para a realización de exames (56 horas en total). Con todo elo estímase que o alumno deberá empregar un total de 94 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas adicadas á asignatura.

    É importante que o alumno tente realizar os boletíns de problemas por si mesmo para posteriormente resolver as dúbidas e simultáneamente, o profesor, facer un seguemento continuado da evolución do alumno na asignatura.

    Ó longo do curso prantexaranse problemas para realizar fora das horas de clase (ou en clase) que é convinte resolver para dispoñer de cualificacións adicionais ás dos exames.
    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno debe ter coñecementos previos en balances macroscópicos, fenómenos de transporte, equilibrio e cinética química. Por esta razón é recomendable que cursara xa as asignaturas: Fundamentos de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Química I, Química II, Termodinámica Aplicada, Operacións Básicas e Cinética Química.