G4031326 - Instrumentación e Control de Procesos (Común á Rama Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 3.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control. Capacidades para deseñar, xestionar e operar procedementos de simulación dinámica, control e instrumentación de procesos químicos.
ContidosTeoría:
* Obxectivos do control de procesos.
* Control secuencial e continuo.
* Elementos dos sistemas de control.
* Estratexias y niveis.
* Diagramas P&I e de bloques.
* Modelización e simulación dinámica: analítica e empírica.
* Instrumentos de medida de presión, caudal, velocidade e nivel.
* Instrumentos de actuación: válvulas, tipos de válvulas e criterios de selección.
* Sinais.
* Controladores: PLC, PID.
* Sistemas de control.
* Sistemas de supervisión.
* Estabilidade.
* Axuste de controladores.
Laboratorio:
* Práctica 1.- Software libre Scilab (Scicos): Estudios acerca da dinámica de procesos e instrumentos, dinámica de circuitos de control aberto/pechado, efecto de parámetros de control e sintonía de controladores. DISPONIBLE PARA DESCARGA EN: http://www.scilab.org
* Práctica 2.- Control Station (versión demo): Simulación dinámica e axuste de controladores, control dos seguintes equipos: reactor químico, intertrocador de calor, reactores en serie, columna de destilación, etc.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
* OLLERO DE CASTRO, P.; FERNÁNDEZ CAMACHO, E. Control e instrumentación de procesos químicos; Ed. Síntesis, Madrid, 1997.
Bibliografía complementaria:
* COUGHANOWR, D. R. Process Systems Analysis and Control; McGraw-Hill, USA, 1991.
* LUYBEN, W. L. Process Modeling, Simulation and Control for Chemical Engineers; 2nd Edition, McGraw-Hill, USA, 1989.
* OGATA, K. Ingeniería de Control Moderna; Prentice Hall, México, 1970.
* STEPHANOPOULOS, G. Chemical Process Control: An Introduction to Theory and Practice; Prentice Hall International, USA, 1984.
CompetenciasCompetencias específicas:
* Formación básica sobre automatismos e métodos de control.
* Aptitude para prantexar, deseñar e especificar correctamente estratexias sinxelas de control, e entender estratexias mais complexas propostas por especialistas.
* Competencia para diagnosticar e resolver problemas sinxelos do sistema de control dunha pranta en operación.
* Capacidade para participar na xestión de adquisición de instrumentación e sistemas de control para prantas de proceso (petición e avaliación de ofertas, discusión cos suministradores do sistema, etc.).
Competencias xerais:
* Traballo individual e en grupo.
* Comunicación verbal e escrita.
Metodoloxía da ensinanza A consecución dunha formación básica do alumno será mediante clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que servan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumno que será incentivado a intervir dun xeito continuo. Os seminarios prantexanse coma unha actividade presencial de docencia interactiva na que poderán abordarse aspectos moi diversos coma técnicas auxiliares de cálculo, debates sobre temas de interese relacionados cos contidos da asignatura, manexo de fontes bibliográficas, etc. Preténdese que o alumno realice alomenos un traballo en grupo sobre algúns dos contidos do temario. Realizaranse dúas titorías en grupo nas que os estudiantes, distribuidos en grupos, prantexarán as súas dúbidas sobor dos contidos da materia.
Propóñense prácticas de laboratorio coas que os alumnos, distribuidos en grupos, aplicarán os coñecementos teóricos a casos prácticos utilizando simuladores de uso libre e gratuito (Scilab/Scicos e versión demo de Control Station).
As clases impartiranse en castelán.
Utilizaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para a resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).
Realizaranse titorías individuais para clarexar problemas particulares de cada alumno e titorías en grupos reducidos para traballar temas específicos.
Para mais información consultar a guía docente da asignatura.
Sistema de evaluaciónSeguemento da aprendizaxe co el prantexamento de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Procederase ademais á realización de alomenos un exame. A calificación final do alumno considerará tanto o resultado do exame (65%) como das actividades realizadas na aula e no laboratorio, así coma o traballo en grupo e os resultados de laboratorio (35%).
As prácticas de laboratorio se realizarán en grupos e serán obrigatorias. Ó final das mesmas entregarase unha memoria que será avaliada.
Para mais información consultar a guía docente da asignatura.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta asignatura divídese en 31 horas de clases expositivas, 3 horas de seminarios, 2 horas de titoría en grupo, 15 horas de prácticas de laboratorio, 2 horas de titoría individualizada e 5 horas para a realización de exames (58 horas en total). Con todo elo estímase que o alumno deberá empregar un total de 92 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas adicadas á asignatura.
É importante que o alumno tente realizar os boletíns de problemas por si mesmo para posteriormente resolver as dúbidas e simultáneamente, o profesor, facer un seguemento continuado da evolución do alumno na asignatura.
Ó longo do curso prantexaranse problemas para realizar fora das horas de clase (ou en clase) que é convinte resolver para dispoñer de cualificacións adicionais ás dos exames.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ esencial o dominio dos balances de materia e enerxía, e de grande importancia o coñecemento das principais operacións básicas en Enxeñaría Química así coma o manexo de Transformadas de Laplace para a integración de ecuacións diferenciais lineais. O alumnos "ideal" para esta asignatura é o que xa cursara as asignaturas de: Fundamentos de Enxeñaría de Procesos Químicos, Matemáticas II, Operacións Básicas, Transferencia de Materia e Enxeñaría da Reacción Química.