G4031328 - Electrotecnia (Común á Rama Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 33.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Dotar ó alumno dos fundamentos básicos da electrotecnia para así poder coñecer as aplicacións e necesidades do emprego das instalacións eléctricas.
2. Coñecer e comprender os elementos básicos dunha instalación eléctrica e a interacción entre eles.
3. Desenvolver proxectos de instalacións eléctricas dentro do ámbito da súas competencias.
4. Comprender o funcionamento básico das máquinas eléctricas mais frecuentes nos procesos industriais.
Contidos1. Corrente alterna monofásica: formas de onda senoidais. Representacións. Operacións con vectores xiratorios. Expresión simbólica da lei de Ohm
2. Circuítos monofásicos: circuítos en serie: impedancia. Resonancia de tensións. Circuítos en paralelo: admitancia. Resonancia de intensidades. Circuítos mixtos
3. Potencia e enerxía: potencia instantánea, media e flutuante. Factor de potencia. Potencia aparente, activa e reactiva. Corrección do factor de potencia. Potencia complexa. Teorema de Boucherot
4. Circuítos trifásicos: sistema trifásico. Conexión en estrela equilibrada. Conexión en triángulo equilibrado. Equivalencia estrela-triángulo. Sistemas trifásicos desequilibrados. Potencia en sistemas trifásicos. Corrección do factor de potencia
5. Luminotecnia: radiación e espectro electromagnético. Magnitudes e unidades. Leis da luminotecnia. Lámpadas e luminarias: temperatura da cor. Índice de reprodución da cor. Principios das fontes de luz. Tipos de lámpadas. Tipos de luminarias
6. Cálculo eléctrico de liñas: efecto pelicular. Coeficiente de autoindución. Caída de tensión, diferenza de tensións e perda de potencia
7. Cálculo de redes de distribución: cálculo de sección en distribuidores abertos. Cálculo de sección en distribuidores pechados. Cálculo da sección por volume mínimo
8. Aparatos de protección e seguridade: interruptores magnetotérmicos. Fusibles. Interruptores diferenciais. Contactores. Postas a terra.
9. Regulamento electrotécnico de baixa tensión: instrucións técnicas. Complementarias (ITC) de maior interese
10. Introdución ás máquinas eléctricas: tipos e principios xerais. Elementos básicos. Circuítos magnéticos. Potencia nominal. Rendemento. Par electromagnético
11. Transformadores: transformador monofásico ideal. Transformador real. Transformadores trifásicos. Centros de transformación
12. Motores asíncronos: fundamento. Circuíto eléctrico equivalente. Balance de potencias. Par motor. Elección dun motor. Motores monofásicos
13. Fundamentos de electrónica.
Prácticas
-Sistemas de maniobra en instalacións eléctricas
-Dispositivos de automatización básica
-Deseño de sistemas de alumado utilizando software específico
Bibliografía básica e complementaria- Fernandez, L. ; Landa, J. Luminotecnia. MC Graw Hill.1993.
- Fraile, J. 2003. Máquinas Eléctricas. UPM.
- Fraile, J. 1996. Introducción a las Instalaciones Eléctricas. U.P.M.
- Fraile Mora, Jesús. 1993. Electromagnetismo y Circuitos Eléctricos. Colegio de ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Colección Escuelas. Madrid.
- García Trasancos, J. 1999. Instalaciones Eléctricas en Media y Baja Tensión. Paraninfo.
- Martínez Domínguez, F. 1998. Instalaciones Eléctricas de Alumbrado e Industriales. Paraninfo.
- Martínez Requena, J. 1998. Puesta a Tierra de Edificios y en Instalaciones Eléctricas. Madrid.
- Moreno., N. et al. 2003. Problemas Resueltos de Tecnología Eléctrica. Thomson
- Parra Prieto, Valentín y otros. Teoría de Circuitos I y II. UNED. Madrid, 1991
- Reglamento Electrotécnico de Baja Tensión. Mº de Industria. 2003.
- Roger Folch , J. et al. 2000. Tecnología Eléctrica. Ed. Síntesis.
- Sanz Serrano, J. L. 2004. Instalaciones Eléctricas: Resumen del REBT. Esquemas, Aplicaciones y Ejercicios Resueltos. Thomson. Paraninfo.
- Toledano, J.C. ; González B. 1994. Sistemas Polifásicos. Vol. I y II. Paraninfo.
- Trashorras Montecelos, J. 2002. Diseño de Instalaciones Eléctricas de Alumbrado. Thompson-Paraninfo.
CompetenciasCompetencias xerais
1. Capacidade para a redacción, firma e desenvolvimento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial que teñan por obxeto, de acordo cos coñecimientos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 da orde, a construcción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estructuras, equipos mecánicos, instalacions enerxéticas, instalacions eléctricas e electrónicas, instalacions e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
2. Capacidade para a dirección, das actividades obxeto dos proxectos de enxeñaría descritos no epígrafe anterior.
4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecimentos, habilidades e destrezas no campo de la Enxeñaría Industrial.
5. Coñecimentos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudios, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
6. Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
8. Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
9. Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
10. Capacidade de traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
11. Coñecimento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Competencias específicas
Coñecimiento e utilización dos principios da teoría de circuitos e máquinas eléctricas.
Coñecimientos dos fundamentos da electrónica.
Metodoloxía da ensinanza Materia cuadrimestral, coa seguinte distribución horaria e metodoloxía en cada caso:
- 37 horas expositivas (33 de teoría e 4 de problemas) distribuídas a razón de tres ou catro horas por semana e impartidas como clase maxistral con apoio de encerado, transparencias e canón de vídeo.
- 2 horas de titorias en pequenos grupos..
- 12 horas prácticas realizadas na aula de informática e no laboratorio de electrotecnia, onde a metodoloxía será a seguinte: breve explicación do traballo para desenvolver e realización da práctica por parte do alumno.
- Apoio á docencia mediante campus virtual, realización de test de teoría nos que se verificará a correcta aprendizaxe da materia e que axudarán a mellorar a nota da parte de teoría do exame final; ademais dos diferentes contidos como temario, transparencias, horarios prácticas,... dispón dun foro onde se poderán facer consultas de dúbidas que complementarán as titorías presenciais
Sistema de evaluaciónRealizarse un exame final e varios exames parciais dos módulos do programa.
Os exámenes constarán dunha parte de teoría e outra de exercicios (30 % teoria, 70% exercicios).
As probas ao longo do curso e a realizacion das prácticas supoñerán un 25 % da nota final e o exame final un 75.
PRESENCIAIS:
- Asistencia a clases de expositivas: 37 horas
- Asistencia a titorias en pequenos grupos: 2 horas
- Realización da práctica en grupo, seguindo as indicacións do profesor e atendendo ás medidas de seguridade: 12 horas
NON PRESENCIAIS:
- Estudo dos contidos teóricos e traballo persoal para coñecer, comprender e sintetizar os coñecementos impartidos na materia: 49 horas
- Aplicación dos coñecementos teóricos a exercicios prácticos e resolución de exercicios prácticos: 16 horas.
- Preparación de prácticas e traballo posterior :14
AVALIACIÓN:
- Preparación e realización de probas escritas de coñecemento e comprensión da materia, resolución de problemas e cuestións: 18 h
Tempo de estudo e traballo persoalPRESENCIAIS:
- Asistencia a clases de expositivas: 37 horas
- Asistencia a titorias en pequenos grupos: 2 horas
- Realización da práctica en grupo, seguindo as indicacións do profesor e atendendo ás medidas de seguridade: 12 horas
NON PRESENCIAIS:
- Estudo dos contidos teóricos e traballo persoal para coñecer, comprender e sintetizar os coñecementos impartidos na materia: 49 horas
- Aplicación dos coñecementos teóricos a exercicios prácticos e resolución de exercicios prácticos: 16 horas.
- Preparación de prácticas e traballo posterior :14
AVALIACIÓN:
- Preparación e realización de probas escritas de coñecemento e comprensión da materia, resolución de problemas e cuestións: 18 h
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación nas clases, seminarios e prácticas.
- Dedicación regular ao estudo teórico e realización de exercicios e cuestións propostas.
- Uso das titorías e campus virtual para a consulta das dúbidas que xurdan do estudo da materia cando se requira.