G4031329 - Tecnoloxía Medioambiental (Común á Rama Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 45.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sostibilidade. Esta materia, de carácter maioritariamente descriptivo, é fundamental para a correcta formación do alumno acerca de temas medioambientais e sostibilidade.
Contidos* Xestión Ambiental.
* Prevención e Control Integrados da Contaminación.
* Desenvolvemento sostible.
* Instrumentos de seguemento da contaminación. O referente técnico: as Mejores Técnicas Dispoñibles.
* Indicadores ambientais y sostibilidade.
* Contaminación atmosférica. Contaminantes atmosféricos e a súa clasificación. Tecnoloxías de prevención y control.
* Contaminación das augas. Caracterización das aguas residuais. Tecnoloxías de depuración.
* Refugallos sólidos. Orixe e clasificación dos refugallos. Tecnoloxías de tratamiento de refugallos sólidos.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
* Masters, G. M.; Ela, W. P. Introducción a la Ingeniería Medioambiental; Pearson Educación, Madrid, 2008.
Bibliografía complementaria:
* Azapagic, A., Perdan, S., Clift, R. Sustainable development in practice. Case studies for engineers and scientists; John Wiley & Sons Ltd., Inglaterra, 2004.
* Feijoó Costa, G. y Sineiro Torres, J. (Eds.). Residuos: Gestión, minimización y tratamiento; Ed. Lápices 4, Santiago de Compostela, 2001.
* Flagan, R. C. y Seinfeld, J. H. Fundamentals of air pollution engineering; Prentice Hall, New Jersey, 1988.
* Kiely, G. Ingeniería Ambiental: fundamentos, entornos, tecnología y sistemas de gestión; McGraw-Hill, 2003.
* Letayf, J. y González, C. Seguridad, higiene y control ambiental; McGraw-Hill, México, 1994.
* Lin, S. L. Water and wastewater calculations manual; McGraw-Hill, New York, 2001.
* Metcalf & Eddy. Ingeniería de Aguas Residuales: Tratamiento, Vertido y Reutilización; 3a Ed. McGraw Hill / Interamericana de España, S.A., Madrid, 1995.
* Santamaría Ramiro, J. M. y Braña Aísa, P. A. Análisis y Reducción de Riesgos en la Industria Química; MAPFRE, Madrid, 1994.
* Tchobanoglous, G., Theisen, H. y Vigil, S. Gestión integral de residuos sólidos; McGraw-Hill, Madrid, 1994.
* Vizcaíno Sánchez-Rodrigo, P. Introducción al Derecho del Medio Ambiente; Ed. CTO Medicina, Madrid, 1996.
* Wark, K. y Warner, C.F. Contaminación del aire: origen y control; LIMUSA, México, 1996.
CompetenciasCompetencias específicas:
* Coñecer os aspectos fundamentais da contaminación ambiental: medida, corrección e regulamentación.
* Coñecer as metodoloxías de avaliación de impacto ambiental.
* Coñecer a normativa e lexislación ambiental.
* Saber cuantificar compoñentes ambientais nun proxecto.
* Saber realizar estudios e cuantificación de indicadores ambientais (pegada ecolóxica, análise de ciclo de vida, etc.) tendo en conta principios de sostibilidade.
* Saber identificar os problemas ambientais mais importantes que se derivan das actividades de tipo industrial, sendo capaz de prantexar alternativas para a resolución deses problemas.
Competencias xerais:
* Coñecemento e aplicación da terminoloxía inglesa empregada para describir os conceptos correspondentes a esta materia.
* Capacidade de iniciativa e disposición para tomar decisións sobre propostas.
* Disposición e habilidade para colaborar de maneira coordinada nas tarefas realizadas conxuntamente por un equipo de persoas para acadar un obxectivo proposto.
* Capacidade de búsqueda de información bibliográfica, uso das tecnoloxías de información e comunicación, e elaboración de documentos.
* Capacidade de comunicarse de forma efectiva, dende unha perspectiva profesional, na terminoloxía propia deste sector industrial, tanto na súa lingua natural como en inglés.
Metodoloxía da ensinanza A consecución dunha formación básica do alumno será mediante clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que servan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumno que será incentivado a intervir dun xeito continuo. Os seminarios prantexanse coma unha actividade presencial de docencia interactiva na que poderán abordarse aspectos moi diversos coma técnicas auxiliares de cálculo, debates sobre temas de interese relacionados cos contidos da asignatura, manexo de fontes bibliográficas, etc. Preténdese que o alumno realice alomenos un traballo en grupo sobre algúns dos contidos do temario. Realizaranse dúas titorías en grupo nas que os estudiantes, distribuidos en grupos, prantexarán as súas dúbidas sobor dos contidos da materia.
As clases impartiranse en castelán.
Realizaranse titorías individuais para clarexar problemas particulares de cada alumno e titorías con grupos reducidos para traballar temas específicos.
Utilizaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para a resolución de problemas (presentacións multimedia e traballo con follas de cálculo).
Ademais usarase como apoio a USC virtual.
Para mais información consultar a guía docente da asignatura.
Sistema de evaluaciónSeguemento da aprendizaxe co prantexamento de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Procederase ademáis á realización de alomenos un exame. A calificación final do alumno terá en conta tanto o resultado do examen (65%) como das actividades realizadas na aula, así como o traballo en grupo (35%). Avaliaranse tanto os coñecementos teóricos da asignatura como os prácticos.
Para mais información consultar a guía docente da asignatura.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta asignatura divídese en 45 horas de clases expositivas, 4 horas de seminarios, 2 horas de titorías en grupo, 1 hora para presentación de traballos en grupo, 2 hora de titoría individualizada e 6 horas para a realización de exames e revisión (60 horas en total). Con todo elo estímase que o alumno deberá empregar un total de 90 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas adicadas á asignatura.
É importante que o alumno tente realizar os boletíns de problemas por si mesmo para posteriormente resolver as dúbidas e simultáneamente, o profesor, facer un seguemento continuado da evolución do alumno na asignatura.
Ó longo do curso prantexaranse problemas para realizar fora das horas de clase (ou en clase) que é convinte resolver para dispoñer de cualificacións adicionais ás dos exames.
Recomendacións para o estudo da materiaPara a comprensión e asimilación dos coñecementos desta materia resulta conveniente que o alumno cursara, alomenos, as seguintes asignaturas: Fundamentos de Enxeñaría de Procesos Químicos, Operacións Básicas, Transporte de Fluidos e Enxeñaría da Reacción Química.