G4031422 - Procesos de Química Industrial (Tecnoloxía Específica. Química Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 40.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia* Capacidade de xerar alternativas para a creación dun novo proceso.
* O coñecemento das técnicas de síntese de procesos, que se basea na eliminación das diferenzas de tipo molecular, de composición e de temperatura, presión e de fase entre as materias primas e produtos.
* Coñecer os distintos tipos de procesos, comparando o uso de diferentes operacións en cada caso en función da utilización de materias primas e á optimización do proceso para a obtención dun produto.
* Interpretación de planos e diagramas de fluxo identificando os seus elementos e analizando os valores fundamentais das variables de proceso.
* Propoñer alternativas para a realización do mesmo proceso, comparalas e seleccionar a mellor delas.
* Capacidade de facer crítica dos éxitos, erros e resultados propios e alleos, e de asumir a responsabilidade pola adquisición e transmisión de coñecementos.
* Capacidade de comunicarse correctamente na terminoloxía da industria de procesos químicos, tanto na linguaxe materna coma en inglés.
Contidos* Bloque I. - Análise e deseño de procesos químicos.
-Diagramas de fluxo.
-Estratexia en enxeñaría de procesos.
-Síntese de procesos químicos.
-Heurísticas para a síntese de procesos.
-Introdución á integración de procesos.
* Bloque II. - Procesos químicos industriais. Recuperación e procesamento de materias primas e recursos enerxéticos:
-Produción de cloro, hidróxeno, sodio e auga doce a partir de auga salgada.
-Produción de nitróxeno, osíxeno e argon por destilación crioxénica.
-O petróleo. Produtos dunha refinería. Fracionamento do crú.
-O carbón. Produción de gas de síntese.
-O gas natural. Principais procesos.
-Biosfera: celulosa, azucres, enzimas, etc.
-Utilización de materias primas: substitir, reciclar e reutilizar
Bibliografía básica e complementaria*Básica:
-JIMÉNEZ GUTIERREZ, A., “Diseño de procesos en ingeniería química”, Ed. Reverté, 2003.
-RAMOS CARPIO, M. A., “Refino de petróleo, gas natural y petroquímica”, Fundación Fomento e Innovación Industrial, 1997.
*Complementaria:
-SINNOT R. y TOWLER G., “Diseño en ingeniería Química”, Ed. Reverté, 2012.
-SMITH, R. “Chemical Process Design and Integration”, Ed. John Wiley & Sons, 2005.
-SEIDER, W.D. et al., "Product and Process Design Principles. Synthesis, Analysis, and Evaluation", John Wiley & Sons, 2004.
-SCENNA, N.J., “Modelado, simulación y optimización de procesos químicos”, Libro Electrónico, 1999.
-DOUGLAS, J.M., “Conceptual Design of Chemicals Processes”, Ed. McGraw-Hill Book, 1988.
-RUDD, D.F. y WATSON, C.C., “Conceptual Design of Chemical Processes”, Ed. Alhambra, 1976.
CompetenciasCoñecemento sobre posta en valor e transfomación de materias primas e recursos enerxéticos.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía empregada para o ensino-aprendizaxe desta materia e a súa evolución temporal estruturase en: docencia maxistral, seminarios, traballos individuais e en grupo, titorías e exames.
A consecución da formación básica do alumno baséase en 40 horas de clase teórica expositiva, pero coa participación activa dos alumnos que serán incentivados a intervir de forma continua. Nestas horas, o alumno recibe explicacións de conceptos, ideas, descrición de procesos, interpretación de planos, etc. Moitas veces, se lle pedirá a lectura previa de materiais relacionados cos contidos a expoñer na clase para telos traballados con antelación.
Por ser aplicados, as nove horas de seminario, obrigatorias, son unha parte fundamental da materia, e esta actividade dividese principalmente en tres tipos distintos: debate e seminarios de discusión, talleres de interpretación de planos e problemas de procesos e seminarios de exposición de traballos. Estes serán realizados individualmente e logo debatidos en grupos. Así. nos seminarios plásmase a evolución do alumno respecto da adquisición das competencias e obxectivos propostos.
Realizarase titorías para aclarar as cuestións de cada alumno e dúas horas de titorías en pequenos grupos de asistencia obrigatoria para traballar temas específicos. Usaranse ferramentas informáticas de apoio o ensino.
Tamén empregarase o Campus Virtual da USC.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia é continua con exame, mediante o seguimento do aprendizaxe com plantexamento de casos prácticos e actividades a resolver, individualmente ou en grupos, sobre todo nas horas de seminario. Realizaraase un exame parcial e outro final. A nota final do estudante terá en conta tanto os resultados dos exames como todas as actividades desenvolvidas Así, o sistema de avaliación consistirá das seguintes seccións:
* Seminarios e Tutoriais (obrigatorios): ata 2,0 puntos.
Valoraranse as intervencións dos alumnos e a resolución dos problemas que se lles plantexen.
* Traballos (obrigatorio): ata 1,5 puntos.
Avaliarase a calidade do traballo e da exposición dos mesmos. As exposicions realizaranse no horario habitual da materia.
* Exame Parcial (voluntario): ata 1,0 puntos.
-Ralizarase a mediados do cuatrimestre e e non eliminar materia para o exame final.
* Exame Final (obrigatorio): ata 5,5 puntos
Proba teórico-práctica de todos os contidos da materia.
Só os estudantes que non fixeran calquera das actividades obrigatorias poderá ser considerado coma Non Presentado.
Para pasar o curso é esencial a obtención de polo menos un 40% da puntuación máxima posible en todas e cada un dos apartados obrigatorios.
De non aprobar a materia no oportunidade Ordinaria, o alumno será avaliado na oportunidade Extraordinaria, polo menos das partes nas que non acadou a puntuación mínima.
Tempo de estudo e traballo persoalPara o seguimento, estudo e comprensión dos contidos considérase que o alumno debe adicar 60 horas para a docencia expositiva, 9 horas para os seminarios, 15 horas para os traballos e 2 horas para as titorías en grupo.
Ademais, deberá adicar 10 e 3 horas respectivamente, para a preparación e realización dos exames.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ aconsellable ter cursado as materias "Operacións básicas", "Transporte de fluídos", "Transferencia de materia", "Transmisión de calor" e "Enxeñaría da reacción química", así como ter coñecementos a nivel de usuario de Excel.
ObservaciónsA materia impartese nas dúas linguas oficiais da comunidade.