G4031442 - Química e Control Ambiental (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Inorgánica, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Inorgánica, Química Analítica
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Comprender a importancia da Química nos estudos relacionados co Medio.
- Coñecer as fontes máis importantes de contaminación de aire, auga e chan.
- Coñecer as distintas metodoloxías analíticas existentes para a determinación de contaminantes.
ContidosPrograma de clases teóricas
Tema 1: Introdución á Química Ambiental.
Tema 2: Química Ambiental da atmósfera.
Tema 3: Química Ambiental da auga.
Tema 4: Química Ambiental do chan.
Tema 5. Introdución á análise ambiental.
Tema 6. Análise de augas.
Tema 7. Determinación de contaminantes en chans e sedimentos.
Tema 8. Análise atmosférica.
Programa de clases de laboratorio
Métodos oficiais e estándar de análise de contaminantes.
Bibliografía básica e complementaria- C. Baird, "Química Ambiental", Reverté, Barcelona, 2001.
- T. G. Spiro, W. M. Stigliani, “Química Medioambiental”, 2ª Ed., Pearson-Prentice Hall, Madrid, 2004.
- C. Orozco Barrenetxea, A. Pérez Serrano, M. N. González Delgado, F. J. Rodríguez Vidal, "Contaminación Ambiental. Una visión desde la Química"; Thomson, Madrid, 2002.
- J. E. Figueruelo, "Química Física del Medio Ambiente", Reverté, Puebla (México), 2001
- S. E. Manahan; "Environmental Chemistry", 7a Edición, Lewis Publishers, Boca Raton, 2001.
- I. L. Marr, M.S. Cresser y J.L. Gómez Ariza, "Química Analítica del Medio Ambiente", Servicio de publicaciones de la Universidad de Sevilla, 1990.
- "Conocer la Química del medio ambiente", Universidad Politécnica, Servicio de Publicaciones, Valencia, 1992.
- L. H. Keith ; "Environmental sampling and analysis: a practical guide", Lewis Publishers, Boca Ratón, 1991.
- D. Barceló, "Environmental Analysis: Techniques, Aplications and Quality Assurance ", Elsevier, Amsterdam, 1993.
- R. N. Reeve; "Introduction to Environmental Analysis", John Wiley & Sons, Chichester, 2002.
- "Medio ambiente en España", Monografías de la secretaria de estado para las políticas del agua y el medio ambiente. MOPT.
- "Contaminación del aire por la industria", Albert Parker, Editorial Reverté, 1983.
- L. Nollet; "Handbook of Water Analysis", Marcel Dekker, Nueva York, 2000.
- J. H. Seinfeld, "Atmosferic Chemistry and Physics: From Air Pollution to Climate Change"; John Wiley & Sons, Nueva York, 1998.
- F. W. Fifield, P.J. Haines. “Environmental Analytical Chemistry”. Chapman Hall, 2000.
- M. A Sogorb, E. Vilanova Gisbert. “Técnicas analíticas de contaminantes químicos: aplicaciones toxicológicas, medioambientales y alimentarias”. Ed. Díaz de Santos. 2004.
- D. Skoog, F.J. Holler, T.A. Nieman. “Principios de Análisis Instrumental”. Mc Graw-Hill. 2001.
- Normas UNE. www.aenor.es
CompetenciasCompetencias xerais
- Capacidade para adquirir habilidades experimentais que sirvan para asimilar outras máis complexas.
- Capacidade para planificar a resolución de cuestións teóricas e problemas numéricos e analizar de forma crítica os resultados obtidos.
- Capacidade para realizar experimentos nun laboratorio químico de forma axeitada e para reflectir os resultados obtidos, así como a súa análise, de forma ordenada nun caderno de laboratorio.
- Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución coma na discusión de problemas.
Competencias específicas
- Capacidade para comprender as bases químicas do medio e dos sucesos de interese ambiental debidos ás actividades humanas.
- Poder explicar o impacto ambiental das actividades humanas sobre o medio, como a deterioración da capa de ozono, o efecto invernadoiro ou a contaminación das augas.
- Dispoñer duns coñecementos básicos, pero suficientemente amplos, que permitan a adquisición dun xeito efectivo de coñecementos máis específicos dentro da área da Química Ambiental.
- Capacidade para comprender e aplicar os principios básicos da Química Ambiental e as súas aplicacións na enxeñaría.
- Poder explicar de xeito comprensible fenómenos e procesos relacionados con aspectos básicos da Química Ambiental.
- Capacidade para comprender e distinguir os principais métodos de análise dos contaminantes máis frecuentes en diferentes medios: auga, chans, sedimentos, atmosfera etc.
- Dispoñer de coñecementos e habilidades experimentais abondo para utilizar correcta e seguramente os produtos, o material e o equipamento utilizados habitualmente nun laboratorio químico de análise de contaminantes, sendo consciente das súas características máis importantes incluíndo perigosidade e posibles riscos.
Metodoloxía da ensinanza A docencia está repartida en 35 horas de clases maxistrais (3 h de titorías e 32 de clases expositivas), 4 horas de seminario e 12 horas de prácticas de laboratorio.
Nas clases expositivas (de asistencia obrigatoria), o profesor pode contar co apoio de diferentes recursos docentes: presentación oral con utilización do encerado, medios audiovisuais e informáticos, recursos en internet, entre outros, pero utilizando sempre como base os libros recomendados na bibliografía.
As clases desenvolveranse de xeito interactivo cos alumnos, discutindo con eles os aspectos que resulten máis dificultosos ou especialmente interesantes de cada tema.
Nas titorías resolveranse as dúbidas que poidan ter os alumnos relacionadas coa materia impartida.
Nos seminarios (de asistencia obrigatoria) o que se intentará é que os alumnos participen activamente, para o cal deberán resolver os problemas e as cuestións previamente propostas polo profesor ou as propostas no propio seminario. Algúns poderán ser resoltos en grupo nestas clases e outros individualmente. Estas clases tamén poderán ser utilizadas para tratar temas trasversales aos contidos da materia. Poderanse propoñer traballos escritos individuais ou en grupo. Nestas sesións poderanse realizar controis escritos intermedios sobre os coñecementos adquiridos ou exposicións de traballos individuais ou en grupo. As notas dos controis, traballos ou boletíns de exercicios propostos o realizados nestas sesións contarán para a avaliación continua.
As clases prácticas de laboratorio (de asistencia obrigatoria) estarán orientadas a que o alumno adquira destrezas no manexo do material de laboratorio e desenvolva as súas capacidades dedutivas, comunicativas, de traballo en equipo e analíticas. Así mesmo incidirase na importancia das normas de seguridade nos laboratorios e no correcto manipulado dos residuos. O alumno realizará en catro sesións, de tres horas cada unha, unha serie de experimentos de laboratorio directamente relacionados cos coñecementos adquiridos nas clases teóricas. Ao final das prácticas, cada alumno debe presentar un informe ou un caderno de prácticas co traballo realizado.
Sistema de evaluaciónA cualificación de cada alumno farase mediante avaliación continua (35%) e a realización dun exame final (65%). A avaliación continua comprenderá o seguimento do traballo persoal do alumno, que poderá abranguer controis escritos, traballos entregados, participación do estudante na aula ou outros medios descritos na programación da materia. A asistencia aos seminarios, ás clases expositivas e ás prácticas de laboratorio considerarase obrigatoria con carácter xeral. Dado que as prácticas de laboratorio están integradas na materia, a avaliación destas incluirase na porcentaxe da avaliación continua. Ademais, para aprobar a materia, o alumno debe alcanzar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio e un mínimo do 40% da nota do exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 6 créditos ECTS, e a carga de traballo para o alumno será de 97 horas. A repartición de horas para cada unha das actividades implicadas na materia será a seguinte:
Actividade: Horas presenciais en aula / Horas de traballo persoal do alumno
Clases maxistrais (incluídas 3 h de titorías e 32 h de clases expositivas): 35 / 63
Seminarios: 4 / 10
Prácticas de laboratorio: 12 / 6
Realización exames e revisión: 2 / 2
Total: 53 / 97
Recomendacións para o estudo da materia- É aconsellable que o alumno asista ás titorías.
- É importante manter o estudo da materia "ao día" e que intenten resolver os boletíns de problemas persoalmente. A resolución de problemas e cuestións é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer o seu significado.
- Consultar e manexar os medios bibliográficos recomendados.
- Ler coidadosamente os guións subministrados polo profesor antes de comezar as prácticas de laboratorio.
- É conveniente o uso das titorías para aclarar dúbidas que se poidan presentar tanto na aula coma no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente a aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, os posibles boletíns de problemas e calquera outro material complementario que poida servir de axuda ao alumnado no seu estudo (enlaces web, etc.).
ObservaciónsA realización da totalidade das prácticas de laboratorio é un requisito indispensable para poder aprobar a materia.