G4031443 - Biotecnoloxía (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaDefinir a Biotecnoloxía e coñecer o seu desenvolvemento histórico.
Coñecer as posibilidades que ofrecen os microorganismos para a súa aplicación en procesos biotecnolóxicos de interese industrial. Comprender como podemos utilizar a súa plasticidade xenética e o seu metabolismo para convertelos en factorías capaces de elaborar unha gran variedade de produtos de enorme interese para o home.
Coñecer cuales son os microorganismos que teñen interese en Biotecnoloxía.
Coñecer as ferramentas básicas empregadas en Biotecnoloxía.
Coñecer o proceso biotecnolóxico e as súas etapas.
Coñecer os produtos que hoxe en día se poden obter grazas á Biotecnoloxía (Encimas, ácidos orgánicos, antibióticos, etc).
ContidosO contido básico que se pretende transmitir con los temas que se van a impartir na materia es conocer e comprender o papel fundamental que desempeñan os microorganismos na fabricación de produtos biotecnolóxicos.
Na primeira parte da materia faise unha introdución ao mundo microbiano, estableciendse as diferenzas existentes entre os dous grupos básicos de microorganismos atendendo á súa organización celular: Procariotas e Eucarióticas. Descríbense as principais características estruturais dos microorganismos de interese industrial: Bacterias e Fungos microscópicos. Estúdase o metabolismo e a xenética microbiana, fundamentais para entender a Biotecnoloxía e que nos permiten obter os metabolitos primarios (aminoácidos, nucleótidos, etc) e secundarios Antibióticos, hormonas, etc), así como cepas modificadas que adquiren unha enorme relevancia a nivel industrial.
Na segunda parte da materia faise un repaso aos principais procesos biotecnolóxicos; os baseados na fermentación (aminoácidos, nucleótidos, vitaminas, esteroides, antibióticos, etc.),e os baseados no emprego de microorganismos recombinantes (hormonas, vacinas, insecticidas, etc.).
Programa de teoría
Tema 1. Biotecnoloxía: concepto, desenvolvemento histórico e perspectivas de futuro. Os microorganismos como ferramentas en biotecnoloxía.
Tema 2. Microorganismos de interese industrial. Situación dos microorganismos na escala biolóxica. Microorganismos eucarióticas e procariotas de importancia en biotecnoloxía. Illamento e cultivo. Selección de microorganismos de interese industrial.
Tema 3. Metabolismo microbiano. Metabolitos primarios e secundarios. Rutas metabólicas microbianas. Biocatalizadores. Regulación do metabolismo microbiano.
ema 4. Técnicas básicas de bioloxía molecular e manipulación xenética. Mutación e tecnoloxía do ADN recombinante. Mellora xenética de microorganismos. Manipulación da expresión xenética en procariotas.
Tema 5. Biotecnoloxía dos procesos de fermentación.
Tema 6. Biocombustibles. Biotecnoloxía da produción microbiana de bioetanol, biobutanol, biogás e outros biocombustibles.
Tema 7. Produción de ácidos orgánicos. Ácido cítrico, ácido acético, ácido láctico, ácido glucónico.
Tema 8. Polisacáridos microbianos.
Tema 9. Produción microbiana de Aminoácidos e Nucleótidos.
Tema 10. Produción microbiana de Encimas. Biotecnoloxía da produción de amilases, glicosa isomerasa, celulasas, proteasas, lipasas, pectinasas e outros encimas de interese industrial.
Encimas empregados en diagnóstico.
Tema 11. Vacinas.
Tema 12. Antibióticos.
Tema 13. Produción microbiana doutras substancias de interese farmacéutico: vitaminas, alcaloides do ergot e antitumorais.
Tema 14. Produción de proteínas humanas mediante microorganismos recombinantes: insulina, somatostatina e hormona de crecemento. Sistemas de expresión en microorganismos.
Tema 15. Biotransformaciones. Produción de esteroides.
Tema 16. Biotecnoloxía ambiental. Biorremediación.
Tema 17. Nanobiotecnoloxía.
Programa de clases prácticas
Práctica 1. Laboratorio básico de biotecnoloxía industrial.
Práctica 2. Microorganismos de interese industrial: illamento e cultivo.
Práctica 3. Selección de microorganismo produtores de amilases e proteasas.
Práctica 4. Manipulación xenética de microorganismos: selección de mutantes
Práctica 5. Manipulación xenética de microorganismos: transferencia xenética.
Transformación e Conxugación.
Práctica 6. Metodoloxía das fermentacións industriais.
Práctica 7. Produción de antibióticos
Práctica 8. Produción de ácidos orgánicos.
Práctica 9. Produción de vacinas
Bibliografía básica e complementaria- Crueger W, Crueger A. Biotecnología: Manual de Microbiología industrial. Editorial Acribia. 1993.
- Glazer A.N. Microbial Biotechnology. Fundamentals of Applied Microbiology. Cambridge University Press. 2007.-
Leveau JY, Bouix M. Microbiología Industrial. Editorial Acribia. 2000
- Madigan M.T., Martinko J., Dunlap P., Clark D.P., Brock T.D. Brock biology of microorganisms. Pearson/Prentice Hall. 2008, 12ª Ed.
- Okafor N. Modern industrial microbiology and biotechnology. Science Publishers, Inc. 2007, 1ª Ed.
- Ratledge C. and Kristiansen B. Biotecnología básica. Editorial Acribia. 2009. 2ª Ed.
- Seidman L.A. and Moore C.J. Basic laboratory methods for biotechnology: textbook and laboratory reference. Benjamin Cummings. 2009, 2ª Ed.
- Singleton P. Bacterias en biología, biotecnología y medicina. Acribia . 2004.
- Smith, J.E. Biotechnology. Cambridge University. 2009, 5ª Ed.
- Smith, J.E. Biotecnología. Editorial Acribia. 2006, 4ª Ed.
- Thieman W. and Palladino M.A. Introducción a la Bitecnología. Madrid : Pearson, D.L. 2010. 2ª Ed.
CompetenciasFormación básica en biotecnoloxía.
Formación teórica no uso das ferramentas básicas e os microorganismos empregados en Biotecnoloxía.
Formación práctica en técnicas microbiolóxicas e de bioloxía molecular básicas aplicadas á Biotecnoloxía. Coñecemento do Laboratorio básico de Biotecnoloxía industrial, así como dos ensaios de fermentación e os ensaios de produción de metabolitos primarios e secundarios e as técnicas de manipulación xenética básica.
Capacidade de comunicación oral e escrita para presentar os resultados dos traballos que desenvolvan.
Metodoloxía da ensinanza 1. Clases maxistrais dos contidos do programa da materia, axudándose dos medios audiovisuais e doutro tipo que considere conveniente o profesor. Estas clases adquiren unha especial relevancia debido a que os alumnos teñen escasos coñecementos relacionados coa materia.
2. Curso virtual. O curso virtual permite aos alumnos matriculados na materia acceder a todos os contidos impartidos polo profesor, así como dispoñer de información relativa á materia, programas, horarios, seminarios, titorías, etc.
3. Os seminarios poden ser impartidos ben polo profesor/é ou ben polo alumnado mediante a exposición oral de traballos individuais ou en grupo.
4. As prácticas de laboratorio son de carácter obrigatorio e servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencias prácticas. Os protocolos estarán dispoñibles na Aula Virtual.
5. As titorías terán como finalidade facilitar o seguimento continuo da materia.
Sistema de evaluaciónA cualificación de cada estudante farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. A avaliación continua supoñerá un 20% da cualificación final e realizarase por medio da participación do estudante na aula, no laboratorio e nas titorías e pola presentación e/ou entrega de traballos.
Tempo de estudo e traballo persoalDúas horas de estudo por cada hora de clases maxistrais (60 horas)
Dúas horas de estudo por cada hora de seminario (8 horas)
Quince horas de asistencia a prácticas (15 horas)
Sete horas para preparar traballos individuais (7 horas)
Catro horas de asistencia a titorías individuais (4 horas)
Cinco horas de realización de exames (5 horas)
Recomendacións para o estudo da materiaO estudo ha de ser comprensivo e non memorístico, relacionando os contidos da materia con aqueles de materias afíns.
Asistencia regular a clases e seminarios.
Aproveitar as titorías individuais.
Consutar regularmente o curso desenvolvido na Aula Virtual.
Consultar calquera dúbida co profesor.