Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031444 - Química Sostible (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 5.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Orgánica
  • Áreas: Química Orgánica
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Seijas Vázquez, Julio Antonio.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    . Coñecemento básico dos principios da química sostible
    . Coñecer as ferramentas e as áreas xerais de traballo da Química Sostible.
    . Coñecer exemplos de Procesos Industriais onde se cumpren os principios da Química Sostible.
    . Coñecer a utilización de tecnoloxías alternativas nos procesos químicos para a minimización de impacto ambiental.
    . Recoñecer a importancia dunha Química máis "verde" dentro dun contexto de desenvolvemento sostible.
    Contidos
    Teoría:
    1.- Principios de Química Sostible.
    2.- Control do impacto ambiental dos procesos e os produtos químicos.
    3.- Medios de reacción alternativos.
    4.- Sínteses limpas.
    5.- Catálise heteroxénea, homoxénea e biocatálisis.
    6.- Fontes renovables.
    7.- Produtos verdes: deseño de produtos máis seguros e de produtos sostibles.
    8.- Eficiencia enerxética e tecnoloxías emerxentes.
    9.- Enxeñaría química e tecnoloxía limpa.
    Prácticas:
    1.- Comparación de procesos en diferentes medios de reacción.
    2.- Preparación de biodiésel
    3.- Técnicas de reacción convencionais e non convencionais
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    -Química Sostenible. R. Mestres. Editorial Síntesis. 2011. ISBN:9788497567862.
    - Green Chemistry. An Introductory Text. M. Lancaster. RSC. 2002. ISBN:0854046208.
    -Chemistry for Sustainable Technologies. A Foundation. N. Winterton. RSC Publishing. 2011. ISBN:9781847558138.

    Bibliografía complementaria:
    -Sustainable Industrial Design and Waste Management. S. El-Haggar. Elsevier Science & Technology Books 2007 ISBN: 0123736234
    -Eficiency and Sustainability in the Energy and Chemical Industries: Scientific Principles
    and Case Studies. 2ª Ed. K. Sankaranarayanan, H. J. van der Kooi, J. de Swaan Arons. CRC. 2010. ISBN:9781439814703.
    -Biocatalysis for green chemistry and chemical process development. edited by
    Junhua (Alex) Tao, Romas Kazlauskas. wiley 2011 ISBN 978-0-470-43778-0
    Competencias
    - Capacidade de valorar a importancia dos procesos químicos no contexto industrial, económico, ambiental e social.
    - Capacidade para valorar axeitadamente exemplos de Procesos Industriais onde se cumpren os principios da Química Sostible
    - Capacidade para organizar, dirixir e executar tarefas na industria química, dende a investigación ou análise no laboratorio, ata a produción en instalacións industriais complexas, prestando especial atención á minimización de residuos, aforro enerxético e diminución de riscos
    -Capacidade para aplicar tecnoloxías alternativas nos procesos químicos para a minimización de impacto ambiental.
    Metodoloxía da ensinanza
    As explicacións teóricas realizaranse na lousa co apoio de estereomodelos e medios audiovisuais.
    Nas clases de seminarios e coa participación dos alumnos, resolveranse os problemas propostos. Así mesmo entregaranse boletíns de cuestións e exercicios para ser resoltos polo alumno e entregados ao profesor para a súa corrección. Ademais expoñeranse os traballos realizados polos alumnos.
    As titorías en grupo serán utilizadas para aclarar cuestións puntuais e utilización das TIC.
    As prácticas de laboratorio serán explicadas antes da realización destas, incluíndo os fundamentos teóricos e prácticos. Durante a realización das experiencias resolveranse de forma continuada as dúbidas que xurdan.
    Sistema de evaluación
    . A asistencia, a participación en clase, a resolución de cuestións e problemas propostos supoñerá un 10% da nota final.
    . Un exame final, que supón un 80% da nota final.
    . Nas prácticas de laboratorio será avaliado: o traballo do alumno no laboratorio, o caderno de laboratorio realizado durante a sesión de prácticas, e no exame final incluiranse cuestións para determinar o grao de comprensión alcanzado polo alumno. Iso supoñerá un 10% da nota final. A asistencia e a realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividade/Horas presenciais/Horas traballo alumno /Créditos ECTS
    Clases maxistrais 35 /62 /3.88
    Seminario 2 / 6/ 0.32
    Prácticas Lab. 9 / 4.5/ 0.54
    Traballos Indiv. 0/5/ 0.2