G4031445 - Garantía de Calidade (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Analítica
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAdquiri-los coñecementos teóricos esenciais sobre xestión e control de calidade, actividades de control e evaluación, necesarios todos eles nun sistema de calidade.
Aprender cómo implantar un sistema de calidade nun laboratorio.
Capacitar ó alumno na busca de información acerca de organismos e axencias dedicadas á calidade e, en xeral, acerca de referencias normativas relacionadas coa calidade.
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEORICAS:
Tema 1. Introducción á calidade
Tema 2: Sistemas de calidade
Tema 3: Muestreo de materiais e xestión de mostras
Tema 4: Referencias analíticas
Tema 5: Xestión dos equipos
Tema 6: Metodoloxías analíticas e calidade
Tema 7: Actividades de control interno da calidade (CIC)
Tema 8: Evaluación da calidade
Tema 9: Auditorías
Tema 10: Acreditación de laboratorios
Tema 11: Referencias normativas dos sistemas de calidade. Normalización
PROGRAMA DE CLASES PRACTICAS
Se realizarán prácticas na aula de informática da Facultade de Ciencias, para aplica-los coñecementos teóricos estudiados nas clases de teoría.
Bibliografía básica e complementariaG.E. Baiulescu, P. Dumitrescu, P.G. Zugravescu: "Sampling", Ellis Horwood, Nueva York, 1991.
M. Casadesús Fa, I. Heras Saizarbitoria, J. Merino Díaz de Cerio: "Calidad práctica", Prentice Hall, Madrid, 2005.
R. Compañó Beltrán, A. Ríos Castro: "Garantía de la calidad en los laboratorios analíticos", Síntesis, Madrid, 2002.
N.T. Crosby, I. Patel: "General principles of good sampling practice", RSC, Cambridge, 1995.
J.R. Evans, W. Lindsay: "Administración y control de la calidad" (6ª Ed.), Thomson, México, 2007.
F.M. Garfield: "Quality assurance principles for analytical laboratories” (5ª reimpresión), AOAC International, Arlington, 1997.
IUPAC: “IUPAC Compendium of chemical terminology - The gold book” (http://goldbook.iupac.org/index.html).
D.L. Massart, B.G.M. Vandeginste, L.M.C. Buydens, S. de Long, P.J. Lewi, J. Smeyers-Verbeke: “Handbook of chemometrics and qualimetrics: Parts A and B”, Elsevier, Amsterdam, 1997-1998.
J.N. Miller, J.C. Miller: “Statistics and chemometrics for analytical chemistry” (4th Ed.), Prentice Hall, Harlow, 2000.
G. Ramis Ramos, Mª.C. Alvarez-Coque: “Quimiometría”, Síntesis, Madrid, 2001.
M. Valcárcel Cases: “Principios de química analítica”, Springer, Barcelona, 1999.
M. Valcárcel Cases, A. Ríos Castro: "La calidad en los laboratorios analíticos", Reverté, Barcelona, 1992.
Asemade, cando sexa oportuno, se facilitará bibliografía adicional.
CompetenciasNocións sobre química analítica, sobre o traballo nun laboratorio e sobre calidade.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía que se emplee será a que en cada momento se considere máis adecuada para o normal desenvolvimento da actividade docente.
Sistema de evaluaciónPara aproba-la asignatura é obrigatorio cumpli-las condicións seguintes:
a) Aproba-lo único exame da materia, a realizar segundo o calendario oficial.
b) Asistir a tódalas sesións de clases prácticas (dacordo co calendario oficial) e realiza-los traballos programados para as devanditas prácticas.
Respecto á condición “b)”, debe precisarse que esta condición se exigirá a tódolos alumnos matriculados na asignatura, salvo a aqueles que tiveran realizado as prácticas no curso inmediatamente anterior, en cuxo caso, a realización das prácticas será voluntaria. Dito coloquialmente, as prácticas se "gardan" só 1 ano académico.
A cualificación da asignatura (NOTA) se obterá tendo en conta os seguintes aspectos:
• Exame final da asignatura: 70 %
• Prácticas de laboratorio e informe: 15 %
• Traballos prácticos / resolución de problemas: 15 %
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno deberá dedicarlle-lo tempo de estudio e traballo persoal que considere necesario, en función da súa formación e interese.
Recomendacións para o estudo da materiaDando por suposto o estudio da materia, para supera-la con máis facilidade se recomenda: asistir a clase, realiza-las labores que se encomenden, consulta-la bibliografía e utilizar tanto as clases como as horas de tutoría para aclarar dúbidas.