Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031447 - Integración de Procesos mediante Software (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Laboratorio: 45.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PEREIRA GONÇALVES, GERARDO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    * Saber como utilizar ferramentas específicas para a simulación de operacions e procesos químicos.
    * Capacidade para a síntese de procesos.
    * Capacidade de traballar como parte dun equipo autónomo e multidisciplinar, con labores directivas, executivas, operativas e económicas.
    * Capacidade de facer crítica dos éxitos, erros e resultados propios e alleos, e para responsabilizarse da adquisición e transmisión de coñecementos.
    * Capacidade de comunicarse correctamente na terminoloxía da industria química, tanto na súa lingua nativa coma no inglés.

    Contidos
    * Simulación mediante Aspen / Hysys. Operacións baeadas na transferencia de materia, a transmisión de calor e o fluxo de fluídos. Integración de unidades no deseño de procesos industriais.
    Bibliografía básica e complementaria
    *Básica:
    -EL-HALWAGI., “Process Integration”, Ed. Elsevier, 2006.
    -KEMP, I.C., “Pinch Analysys and Process Integration”, Ed. Elsevier, 2007.

    *Complementaria:
    -SINNOT R. y TOWLER G., “Diseño en ingeniería Química”, Ed. Reverté, 2012.
    -PUIGJANER L. y col., “Estrategias de modelado, simulación y optimización de procesos químicos”, Ed. Síntesis, 2006.
    -SMITH, R. “Chemical Process Design and Integration”, Ed. John Wiley & Sons, 2005.
    -SEIDER, W.D. et al., "Product and Process Design Principles. Synthesis, Analysis, and Evaluation", John Wiley & Sons, 2004.
    -SCENNA, N.J., “Modelado, simulación y optimización de procesos químicos”, Libro Electrónico, 1999.

    Competencias
    Coñecemento sobre o uso e utilidade de ferramentas informáticas específicas para a simulación de operacions e procesos químicos, así como a análise de custos.
    Metodoloxía da ensinanza
    Esta é unha materia práctica, con actividade presencial de docencia interactivas e asistencia obrigatoria (45 horas prácticas, 4 horas de seminarios e 2 horas de titorías en grupos reducidos) nas que os alumnos, dividos en grupos, aprender inicialmente de seito individual a manexar software capaz de reproducir o comportamento de sistemas reais de operación e procesos químicos industriais. Logo, distribuídos en pequenos grupos, farán obrigatoriamente un traballo de deseño e optimización operativa e económica dunha secuencia de operacións ou dun proceso industrial. Nos seminarios faranse exercicios para reforzar o contido das prácticas e coas titorías individuais preténdese que o alumno poida resolver calquera dúbida que poida ter para realizar o traballo práctico.
    Tamén usarase como apoio para o ensino o Campus Virtual da USC.
    Sistema de evaluación
    Valorárase positiva ou negativamente a actitude e aptitude dos estudantes, a sua capacidade de traballar en equipo, para debater co profesor e para facer o traballo práctico (15%).
    Tamén avaliarase a calidade do traballo realizado tendo en conta os obxectivos, a metodoloxía empregada para obtelos e do grao de execución acadado (20%).
    Haberá un exame práctico obrigatorio, no que o alumno debe realizar unha serie curta de exercicios sobre as prácticas realizadas (65%).

    Só os estudantes que non fixeran calquera das actividades obrigatorias poderá ser considerado coma Non Presentado.
    Para pasar o curso é esencial a obtención de polo menos un 40% da puntuación máxima posible en todas e cada unha dos apartados obrigatorios.
    De non aprobar a materia no oportunidade Ordinaria, o alumno será avaliado na oportunidade Extraordinaria, polo menos das partes nas que non acadou a puntuación mínima.
    Dada a natureza práctica desta materia, os alumnos repetidores deberán cursala novamente.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Para o seguimento, estudo e comprensión dos contidos considérase que o alumno debe usar 86 horas para o caso práctico, 6 horas para os seminarios e 2 horas para as titorías en grupo.
    Ademais, necesitaranse 2 e 3 horas, respectivamente, para preparación e realización de exames.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É aconsellable ter cursado previamente asn materias "Transferencia de material" "Operacions básicas", "Transmisión de Calor", "Procesos Químicos Industriais" e "Simulación e optimización de procesos químicos", así como ter coñecemento a nivel de usuario de Excel e dosoftware de simulación de procesos químicos industriais Hysys.
    Observacións
    Na materia usaránse as dúas linguas oficiais da comunidade.