Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031450 - Metalurxia (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 33.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica
  • Áreas: Química Inorgánica
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PEDRIDO CASTIÑEIRAS, ROSA MARIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecer e entender a distribución dos metais na Terra, así como os procesos para a súa obtención a escala industrial.
    2. Familiarizar ao alumnado coas menas, o seu beneficio e cos procesos piro-, electro- e (bio)hidrometalúrxicos que conducen á obtención dos metais.
    3. Presentar algúns procesos industriais importantes de obtención de metais e aleacións de maior consumo.
    4. Fomentar a adquisición de actitudes relacionadas con criterios de valor, intereses e sensibilidades tales como: entusiasmo profesional; sensibilidade cara a problemática social, económica e ambiental; espíritu crítico; responsabilidade profesional e compromiso coa sociedade.

    Contidos
    Teoría
    Tema 1. A extracción dos metais: xeralidades
    Tema 2. Operacións de preparación de menas
    Tema 3. Electrometalurxia: Fundamentos e operacións
    Tema 4. Pirometalurxia
    Tema 5. Hidrometalurxia: Fundamentos e operacións
    Tema 6. Refino de metais
    Tema 7. Metalurxia do ferro e do aceiro: siderurxia
    Tema 8. Metalurxia do aluminio
    Tema 9. Metalurxia do cobre e do níquel
    Tema 10. Metalurxia do cinc e do chumbo
    Tema 11. Metalurxia da mena do platino
    Tema 12. Metalurxia doutras menas de interese tecnolóxica

    Prácticas
    Obtención dalgúns metais polos procedementos descritos no programa.

    Bibliografía básica e complementaria
    - A. Ballester, L. F. Verdeja, J. Sancho, “Metalurgia extractiva vol. 1 e 2”, Ed.. Síntesis, S.A. Madrid, 2000.
    - C. K. Gupta, “Chemical Metallurgy. Principles and Practice”, Wiley-VCH. Weinheim, 2003.
    - M. Tisza, “Physical Metallurgy for Engineers”, ASM International, London 2001.
    - J. J. Moore, “Chemical Metallurgy”, 2nd Ed.,1997, en castellano: “Metalurgia química” Ed. Alhambra, S. A , 1987.
    - T. Rosenqvist, " Principles of extractive metallurgy",1983; en castellano: "Fundamentos de metalurgia extractiva" ,1987.
    - A. R. Burkin, "Chemical hydrometalurgy. Theory and Principles", 2001.
    - F. R. Morral, E. Jimeno e P. Molera, “Metalurgia general”, 1982-85.
    - C. Chaussin e G. Hilly, “Metalurgia” ,1972.
    - F. Habashi, “Principles of extractive Metallurgy”, 2 vols. ,1980.
    - R. A. Higgins, “Engineering Metallurgy. Applied Physical Metallurgy”, Sixth Edition. A Arnold. London, 1999.
    - R. E. Smallman, R. J. Bishop, “Modern physical metallurgy and materials engineering” 6th Ed. Oxford, 1999.

    Competencias
    Acadar unha formación básica acerca dos principais procesos metalúrxicos, as súas materias primas e produtos obtidos.
    Fomentar a adquisición de actitudes relacionadas con criterios de valor, intereses e sensibilidades tales como: entusiasmo profesional; sensibilidade cara a problemática social, económica e ambiental; espírito crítico; responsabilidade profesional e compromiso coa sociedade.

    Metodoloxía da ensinanza
    O programa desenvolverase ao longo de 3 horas de clase semanais, que se repartirán entre as clases de teoría e seminarios.
    Nas clases de teoría (35 horas) as presentacións faranse en PowerPoint ou directamente na pizarra e facilitaranse os esquemas e imaxes presentados nas clases. Tamén se empregará material audiovisual dispoñible na rede.
    Nas clases de seminario (4 horas), ademáis de resolver dúbidas e cuestións, o alumnado que o desexe, poderá expor un tema. Coa súa elaboración perséguese a profundización na materia obxeto de estudo, a través dun maior achegamento ás fontes bibliográficas.
    Nas sesións prácticas (12 horas) tratarase de que o alumnado aplique os coñecementos teóricos á obtención dalgúns dos elementos metálicos estudados.

    Sistema de evaluación
    A calificación de cada alumno farase mediante avaliación continua (35%) e a realización dun exame final (65%).
    A avaliación continua comprenderá o seguimento do traballo persoal do alumnado que poderá abarcar controis escritos, traballos entregados e expostos, participación do estudante na aula, tutorías u outros medios explicitados na programación da asignatura. A asistencia ás clases de pizarra en grupos reducidos (seminarios) e as prácticas de laboratorio considerarase obrigatoria con carácter xeral.
    Dado que as prácticas de laboratorio están integradas na asignatura, a avaliación das mesmas incluirase na porcentaxe da avaliación continua. Ademáis, para aprobar a asignatura, o alumnado debe acadar a calificación de apto nas prácticas de laboratorio.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais teóricas: 35
    Horas presenciais de seminarios: 4
    Horas presenciais de prácticas: 12
    Horas non presenciais: 95
    Horas de avaliación: 1
    Total volume de traballo: 150 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter cursado e superado as asignaturas Química Inorgánica e Ciencia de Materiais. Apoiarse nos esquemas, gráficos e táboas que se facilitarán durante o desenvolvemento do programa docente. Aconséllase a asistencia a clase e o seguimento ao día das explicacións, empregando os libros de texto indicados na bibliografía.