P2042101 - Parte Común Técnico Nivel Superior en Prevención de Riscos Laborais (Módulo I: Parte Común Técnico Nivel Superior en Prevención de Riscos Laborais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 25.00
- Total: 25.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 75.00
- Clase Interactiva Seminario: 100.00
- Horas de Titorías: 25.00
- Total: 200.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Enxeñaría Agroforestal, Departamento Externo
- Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Enxeñaría Mecánica, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Promover a cultura da prevención de riscos laborais en tódolos niveis educativos.
- Lograr que os participantes se familiaricen co mundo da prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais a partir dos coñecementos que os seus estudos universitarios lles conferiran ou que a súa experiencia laboral lles teña aportado.
- Inculcar conceptos relacionados coa seguridade e a saúde nos futuros profesionais ou traballadores cualificados.
- Aproveitar as vantaxes que permite a formación a través de internet para acadar tanto a personalización da aprendizaxe coma a creación de comunidades de coñecemento, que sirvan de soporte para a formación continua dos futuros profesionais da prevención de riscos laborais.
ContidosTEMA 1.- FUNDAMENTOS DAS TÉCNICAS DE MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO
1.1 Condicións de traballo e saúde. Visión Panorámica
1.2 Riscos. Prevención e Protección
1.3 Danos derivados do traballo
1.4 Seguridade, calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais. Regulamentación
1.5 Bases estatísticas aplicadas á prevención
TEMA 2.- TÉCNICAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: Seguridade no Traballo
2.1 Técnicas de seguridade
2.2 Avaliación de riscos
2.3 Investigación de accidentes
2.4 Inspección de seguridade
2.5 Notificación e rexistro
2.6 Análise estatístico
2.7 Normas e sinalización
2.8 Protección colectiva e individual
2.9 Lugares de traballo
2.10 Prevención de incendios
2.11 Plan de autoprotección
2.12 Equipos de traballo
2.13 Produtos químicos
2.14 Risco eléctrico
TEMA 3.- TÉCNICAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: Hixiene industrial
3.1 Hixiene Industrial: Aspectos xerais
3.2 Toxicoloxía laboral básica
3.3 Axentes químicos: Medicións ambientais e criterios de valoración
3.4 Avaliación da exposición ambiental a axentes químicos
3.5 Axentes químicos: Control
3.6 Axentes químicos: EPIs
3.7 Ruído
3.8 Exposición a vibracións no lugar de traballo
3.9 Ambiente térmico
3.10 Radiacións ionizantes
3.11 Radiacións ópticas
3.12 Campos electromagnéticos
3.13 Axentes biolóxicos.
TEMA 4.- MEDICINA NO TRABALLO
4.1 Conceptos básicos en relación coa Medicina do Traballo
4.2 Patoloxías de orixe laboral
4.3 Vixilancia da saúde
4.4 Promoción da saúde no lugar de traballo
4.5 Epidemioloxía laboral
4.6 Planificación sanitaria
4.7 Socorrismo e primeiros auxilios
TEMA 5.- TÉCNICAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: ERGONOMÍA E PSICOSOCIOLOXÍA APLICADA
5.1 Ergonomía: Concepto e obxectivos
5.2 Calidade do ambiente interior
5.3 Iluminación en postos de traballo
5.4 Concepción e deseño do posto de traballo
5.5 Pantallas de visualización
5.6 Riscos derivados da carga física do traballo
5.7 Manipulación manual de cargas
5.8 A carga mental de traballo
5.9 Factores de natureza psicosocial
5.10 Motivación e satisfacción laboral
5.11 Factores psicosociais: Método de avaliación
5.12 Intervención psicosocial
TEMA 6.- OUTRAS ACTUACIÓNS: FORMACIÓN, TÉCNICAS DE NEGOCIACIÓN, INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN
6.1 A formación e a prevención de riscos laborais: Visión Panorámica.
6.2 Técnicas educativas: Programación
6.3 Técnicas educativas: Impartición
6.4 Técnicas educativas: Avaliación
6.5 Información e Comunicación
6.6 Técnicas de Negociación
TEMA 7- XESTIÓN DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
7.1 Aspectos xerais sobre administración e xestión empresarial
7.2 Novo enfoque da xestión da P.R.L.: Integración da prevención da xestión global
7.3 Requisitos do sistema de xestión de P.R.L.: Política, o sistema de xestión, responsabilidades da Dirección.
7.4 Sistemas de xestión da prevención de riscos laborais: Comunicación e formación
7.5 Sistemas de xestión da prevención de riscos laborais: Requisitos do sistema de xestión da P.R.L. Avaliación de riscos
7.6 Sistemas de xestión da P.R.L.: O manual e a documentación. Control e rexistro da actividade preventiva
7.7 Sistema de xestión da P.R.L.: Requisitos do sistema de xestión da P.R.L.: Revisión do sistema de auditorías
7.8 Economía da prevención.
TEMA 8.- AMBITO XURÍDICO DA PREVENCIÓN
8.1 Dereito do traballo
8.2 Organización dos Servizos de Prevención
8.3 Responsabilidade e sancións
8.4 Seguridade Social
8.5 Obrigacións preventivas
8.6 Relacións laborais
TEMA 9.- TÉCNICAS AFINS
9.1 Seguridade no produto e técnicas de xestión da calidade
9.2 Sistema de Xestión Medioambiental
9.3 Seguridade Industrial e prevención de riscos
9.4 Seguridade Vial
Bibliografía básica e complementariaCurso de Técnico Superior en Prevención de Riesgos Laborales, por el Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo
CompetenciasSer capaz de:
- Diferenciar os conceptos de perigo, risco e dano
- Relacionar a xestión de prevención de riscos laborais coa xestión de calidade e medioambiente
- Desenvolver métodos de prevención e protección fronte aos riscos que se detecten.
- Utilizar os métodos estatísticos para o coñecemento e estudo dos feitos e fenómenos que atinxen á relación de traballo e saúde
Metodoloxía da ensinanza 350 horas correspondentes a un módulo común a calquera das especialidades, das que 100 horas serán presenciais e 250 a distancia mediante portal formativo virtual, a estas horas corresponden 275 horas de traballo do alumno que fan un total de 625 horas que equivalen a 25 créditos ECTS.
Sistema de evaluaciónPara a avaliación do aproveitamento desta materia por parte dos alumnos teranse en conta os seguintes criterios:
• Será obrigatoria a realización de tódalas probas de auto avaliación e casos prácticos, tanto os que se realicen na aula como a través do portal formativo.
• Realización das probas finais tipo test. Será necesario obter unha puntuación igual ou superior ao 85% de acertos en cada proba final para superar o curso.
• A superación das probas de auto avaliación e casos prácticos, suporá unha puntuación correspondente como máximo a un 15% respecto da puntuación final.
• A realización de tódolos traballos de fin de curso suporá unha puntuación correspondente a un máximo dun 20% da puntuación final.
• Se o alumno realiza satisfactoriamente as probas de auto avaliación, os casos prácticos e o traballo de final de curso, necesitará, polo tanto, superar soamente o 50% das preguntas do exame final correspondente.
• A presencia nas actividades docentes na aula e as visitas ás empresas é obrigatoria, sendo só admisibles un 10% de ausencias, que haberán de estar debidamente xustificadas.
Tempo de estudo e traballo persoalClases maxistrais:
Horas presenciais: 100
Factor 1,5
Horas traballo autónomo: 150
Créditos ECTS: 10,00
Titorías:
Horas presenciais: 250
Factor 0,5
Horas traballo autónomo: 125
Créditos ECTS: 15,00
Total:
Horas presenciais: 350
Horas traballo autónomo: 275
Créditos ECTS: 25,00