Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

P2042104 - Especialidade de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada (Módulo IV: Especialidade de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 7.00
  • Total: 7.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 21.00
  • Clase Interactiva Seminario: 27.00
  • Horas de Titorías: 8.00
  • Total: 56.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Departamento Externo
  • Áreas: Psicoloxía Social, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Rodríguez Fernández, Manuel Dámaso.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONSI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Identificar, analizar e reducir os riscos laborais (ergonómicos e psicosociais)
    - Adaptar o posto de traballo e as condicións de traballo ás características do traballador.
    - Contribuír ás evolucións das situacións de traballo a fin de que o traballo poida ser realizado salvagardando a saúde e a seguridade, co máximo de confort, de satisfacción e de eficacia
    - Controlar a introdución das novas tecnoloxías nas organizacións e a súa adaptación
    - Establecer prescricións ergonómicas para a adquisición de útiles, ferramentas e materiais diversos.

    Contidos
    Tema 1: Especialidade de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada

    1.1 Metodoloxía ergonómica. Modelos e métodos aplicables en Ergonomía
    1.2 Métodos estatísticos máis aplicables en Ergonomía e Psicosocioloxía
    1.3 Técnicas de investigación en Ergonomía e Psicosocioloxía: A observación, a entrevista, a enquisa e os grupos de discusión.
    1.4 Avaliación, prevención e control da calidade do ambiente interior
    1.5 Avaliación do benestar / malestar térmico mediante os índices térmicos PMV e PPD
    1.6 Aspectos ergonómicos do ruído. Avaliación
    1.7 Iluminación en postos de traballo. Criterios para a súa avaliación e acondicionamento
    1.8 Avaliación do ambiente físico baseada na valoración dos seus efectos sobre o traballador
    1.9 Antropometría
    1.10 Mandos e sinais
    1.11 Pantallas de visualización. Criterios para a avaliación e acondicionamento
    1.12 Ergonomía do Software
    1.13 Avaliación da carga física derivada do traballo dinámico e estático
    1.14 Avaliación do risco derivado das posturas de traballo
    1.15 Avaliación dos factores de riscos de TME da extremidade superior
    1.16 Método NIOSH para a avaliación do risco por manipulación manual de cargas
    1.17Manipulación manual de cargas: Aproximacións básicas para determinar as capacidades de manipulación manual de cargas. A avaliación do empuxe, tracción e transporte manual de cargas
    1.18 Avaliación do risco derivado da carga física mediante o rexistro das molestias muscoesqueléticas
    1.19 Carga mental: Principios ergonómicos e requirimentos relativos á carga mental de traballo recollidos na normativa técnica
    1.20 Métodos para a avaliación da carga mental de traballo
    1.21 Organización do traballo. Variables estructurais e dimensións contextuais
    1.22 Estrés laboral. Consecuencias dos factores psicosociais nocivos
    1.23 Metodoloxía para a avaliación dos factores psicosociais
    1.24 Escalas de actitudes
    1.25 Estratexias para a implantación dun plan de actuación psicosocial
    1.26 Acoso psicolóxico: Mobbing.

    Bibliografía básica e complementaria
    Curso de Técnico Superior en Prevención de Riesgos Laborales, por el Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo
    Competencias
    Ser capaz de:

    - Examinar as condicións de traballo co fin de lograr a mellor harmonía posible entre o traballador e o entorno laboral, conseguindo tamén unhas condicións óptimas de confort e de eficacia productiva.

    - Analizar as situacións de traballo, buscando unha adaptación do posto e do ambiente que rodea á persoa que executa un traballo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Hai 100 horas presenciais correspondentes a cada unha das especialidades de Seguridade, Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada e Hixiene Industrial. Deste total de 300 horas, 75 serán de clases maxistrais e 225 a distancia mediante portal formativo virtual, a estas horas corresponden 225 horas de traballo do alumno que en total suman 525 horas que lles corresponden 21 créditos ECTS. Destes 21, 7 están vinculados a especialidade de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada.
    Sistema de evaluación
    Para a avaliación do aproveitamento desta materia por parte dos alumnos teranse en conta os seguintes criterios:

    • Será obrigatoria a realización de tódalas probas de auto avaliación e casos prácticos, tanto os que se realicen na aula como a través do portal formativo.

    • Realización das probas finais tipo test. Será necesario obter unha puntuación igual ou superior ao 85% de acertos en cada proba final para superar o curso.

    • A superación das probas de auto avaliación e casos prácticos, suporá unha puntuación correspondente como máximo a un 15% respecto da puntuación final.

    • A realización de tódolos traballos de fin de curso suporá unha puntuación correspondente a un máximo dun 20% da puntuación final.

    • Se o alumno realiza satisfactoriamente as probas de auto avaliación, os casos prácticos e o traballo de final de curso, necesitará, polo tanto, superar soamente o 50% das preguntas do exame final correspondente.

    • A presencia nas actividades docentes na aula e as visitas ás empresas é obrigatoria, sendo só admisibles un 10% de ausencias, que haberán de estar debidamente xustificadas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases maxistrais:

    Horas presenciais: 25
    Factor 1,5
    Horas traballo autónomo: 37,5
    Créditos ECTS: 2,50

    Titorías:

    Horas presenciais: 75
    Factor 0,5
    Horas traballo autónomo: 37,5
    Créditos ECTS: 4,50

    Total:

    Horas presenciais: 100
    Horas traballo autónomo: 75
    Créditos ECTS: 7,00