P2042105 - Coordinador de Seguridade e Saúde na Construcción (Módulo V: Coordinador de Seguridade e Saúde na Construcción) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 14.00
- Total: 14.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 42.00
- Clase Interactiva Seminario: 56.00
- Horas de Titorías: 14.00
- Total: 112.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal, Departamento Externo
- Áreas: Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Agroforestal, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaSeguir os criterios da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo sobre as condicións necesarias para ser Técnico competente outorgados pola Disposición adicional da Lei de Edificación; planteando a necesidade de ter unha formación especifica en materia de prevención e protección de riscos laborais na construción
ContidosCOORDINADOR DE SEGURIDADE E SAÚDE NA CONSTRUCIÓN
TEMA 1.- XESTIÓN DA PREVENCIÓN
1.1 Criterios específicos aplicados ao Sector da Construción
TEMA 2.- PLANIFICACIÓN DA PREVENCIÓN NAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN
2.1 Funcións da Coordinación na fase de proxecto e en fase de execución
2.2 Criterios para a elaboración do estudo. Estudo básico de S+S
2.3 Criterios para a elaboración e aprobación do Plan S+S
TEMA 3.- TÉCNICAS XERAIS DE ANÁLISE, AVALIACIÓN E CONTROL DE RISCOS
3.1 Riscos e medidas preventivas relacionadas coas condicións de seguridade nas obras de construción: Condicións Xerais de Implantación.
3.2 Riscos específicos nas obras de edificación. Fase de obra. Medidas Preventivas e de protección.
3.3 Riscos específicos da obra civil. Tipoloxías. Medidas Preventivas e de protección.
3.4 Riscos e medidas preventivas relacionadas co medioambiente de traballo nas obras de construción. Hixiene industrial
3.5 Outros aspectos preventivos relacionados coas obras de construción
3.6 Criterios para a vixilancia da saúde. Organización dos primeiros auxilios e medidas de evacuación
TEMA 4.- EXERCICIOS E CASOS PRÁCTICOS OU PRÁCTICAS EN EMPRESAS
4.1 Exercicios e casos prácticos ou prácticas en empresas
Bibliografía básica e complementariaTemario preparado por Federico López Vidal en colaboración con IOFE
CompetenciasSer capaz de:
- Exercer, con coñecementos específicos na materia de prevención e protección de riscos na construción e obras públicas; as funcións de coordinador de seguridade e saúde na fase de elaboración do proxecto.
- Exercer as funcións de control de riscos como coordinador de seguridade e saúde nas fases de execución das obras de construción e obras públicas.
- De elaborar estudos e plans de seguridade e saúde, esixidos no R.D. 1627/97
- Actuar como medios preventivos con presencia permanente en obras cando haxa riscos graves previsibles; esixidos no novo real decreto 171/04 para exercer funcións de coordinación de actividades empresariais de acordo co artigo 24 da Lei 31/95.
Metodoloxía da ensinanza Das 160 horas presenciais, 110 horas serán de clases maxistrais e 50 se corresponderán a titorías mediante un campus virtual. Ademais haberá 190 horas de traballo do alumno co que fan un total de 350horas que son 14 créditos ECTS.
Sistema de evaluaciónPara a avaliación do aproveitamento desta materia por parte dos alumnos teranse en conta os seguintes criterios:
• Será obrigatoria a realización de tódalas probas de auto avaliación e casos prácticos, tanto os que se realicen na aula como a través do portal formativo.
• Realización das probas finais tipo test. Será necesario obter unha puntuación igual ou superior ao 85% de acertos en cada proba final para superar o curso.
• A superación das probas de auto avaliación e casos prácticos, suporá unha puntuación correspondente como máximo a un 15% respecto da puntuación final.
• A realización de tódolos traballos de fin de curso suporá unha puntuación correspondente a un máximo dun 20% da puntuación final.
• Se o alumno realiza satisfactoriamente as probas de auto avaliación, os casos prácticos e o traballo de final de curso, necesitará, polo tanto, superar soamente o 50% das preguntas do exame final correspondente.
• A presencia nas actividades docentes na aula e as visitas ás empresas é obrigatoria, sendo só admisibles un 10% de ausencias, que haberán de estar debidamente xustificadas.
Tempo de estudo e traballo persoalClases maxistrais:
Horas presenciais: 110
Factor 1,5
Horas traballo autónomo: 165
Créditos ECTS: 11,00
Titorías:
Horas presenciais: 50
Factor 0,5
Créditos ECTS: 3
Total:
Horas presenciais: 160
Horas traballo autónomo: 190
Créditos ECTS: 14