P2042107 - Toxicoloxía Laboral (Módulo VII: Toxicoloxía Laboral) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Describir os conceptos básicos da toxicoloxía laboral así como os principais riscos laborais de orixe químico.
-Identificar as actividades laborais onde se poidan ocasionar as intoxicacións máis frecuentes no noso medio.
-Coñecer os principais efectos sobre a saúde que poidan producir os diferentes axentes químicos máis utilizados no medio laboral.
-Manexar con eficacia a diagnose e o tratamento das principais intoxicacións que se producen no ámbito laboral.
-Elaborar os procedementos preventivos para evitar ou minimizar ao máximo as intoxicacións laborais.
ContidosTEMA 1: INTRODUCIÓN Á TOXICOLOXÍA, TOXICOLOXÍA XERAL.-
1.1 Concepto e obxectivos. Áreas da Toxicoloxía. Toxicoloxía Laboral
1.2 Fases de exposición, toxocinética y toxodinamia
1.3 Resposta Tóxica
1.4 Efectos tóxicos: mutagénesis, carcinog. e teratog
TEMA 2: TOXICOLOXÍA DOS METÁIS
2.1 Aspectos xerais, mecanismo de acción, diagnóstico e tratamento
2.2 Cromo, Chumbo
2.3 Cadmio, Mercurio, Cobre, Manganeso e outros.
2.4 Aspectos Legais, analíticos e casos prácticos.
TEMA 3: TOXICOLOXÍA DOS HIDROCARBUROS ALIFÁTICOS
3.1 Saturados, Insaturados e Alicíclicos.
Haloxenados: Derivados Clorados,
Derivados Bromados Iodados e Fluorocarbonados
3.2 Amino e Nitroderivados, Alcoholes, Glicoles e derivados,
Aldehidos e Cetonas
3.3 Ácidos, Anhidridos, Amidas orgánicas, Esteres, Eteres, Hidrazidas,
Compuestos Epoxi, Comp. de Azufre, Comp. Heterocíclicos
TEMA 4: TOXICOLOXÍA DOS COMPOSTOS AROMÁTICOS
4.1. Benceno, Tolueno, Xileno, Estireno, Naftaleno, Bi e Polifenilos.
Hidrocarburos Policíclicos
4.2 Hidrocarburos Haloxenados Cíclicos e Alicíclicos, Policlorobifenilos
Pliclorodibenzodioxinas e Policlorodibenzofuranos, Polibromobifenilos.
4.3 Amino e Nitroderivados, Compostos Azoicos, Cetonas Cíclicas, Compostos
Heterocíclicos, Fenol e derivados, Isocianatos, Pirolisis de Poliuretanos
TEMA 5: TOXICOLOXÍA DOS GASES TÓXICOS
5.1 Gases Asfixiantes
5.2 Gases Irritantes
5.3 Gases Corrosivos e altamente irritativos
TEMA 6: RISCOS TOXICOLÓXICOS SEGUNDO A ACTIVIDADE LABORAL.
6.1 Artes Gráficas, Industria Papeleira, Industria da Cerámica.
6.2 Industria do Vidro, Industria da Madeira, Procesos de soldadura e tratamiento electrolótico.
6.3 Industria do Caucho e o Plástico, Industria de Curtidos e Peletería. Industria de Pinturas e Barnices, Ambito Hospitalario
Bibliografía básica e complementariaCurso de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo
CompetenciasSer capaz de:
- Adquirir os coñecementos suficientes para identificar os riscos laborais de orixe químico, realizar diagnose das principais intoxicacións laborais, coñecer as principais medidas terapéuticas e desenrolar os programas de prevención eficaces tanto dende o punto de vista individual coma colectivo
Metodoloxía da ensinanza Das 62 horas presenciais que pertencen ao módulo de Toxicoloxía Laboral, 32 serán de clases maxistrais e 30 a distancia mediante portal formativo virtual, a estas horas engádense 63 horas de traballo do alumno que fan un total de 125 horas.
Sistema de evaluaciónPara a avaliación do aproveitamento desta materia por parte dos alumnos teranse en conta os seguintes criterios:
• Será obrigatoria a realización de tódalas probas de auto avaliación e casos prácticos, tanto os que se realicen na aula como a través do portal formativo.
• Realización das probas finais tipo test. Será necesario obter unha puntuación igual ou superior ao 85% de acertos en cada proba final para superar o curso.
• A superación das probas de auto avaliación e casos prácticos, suporá unha puntuación correspondente como máximo a un 15% respecto da puntuación final.
• A realización de tódolos traballos de fin de curso suporá unha puntuación correspondente a un máximo dun 20% da puntuación final.
• Se o alumno realiza satisfactoriamente as probas de auto avaliación, os casos prácticos e o traballo de final de curso, necesitará, polo tanto, superar soamente o 50% das preguntas do exame final correspondente.