Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

P2042108 - Saúde Medioambiental (Módulo VIII: Saúde Medioambiental) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 10.00
  • Total: 10.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 40.00
  • Horas de Titorías: 10.00
  • Total: 80.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Física Aplicada, Química Inorgánica, Química Orgánica, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Departamento Externo
  • Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Física Aplicada, Química Inorgánica, Química Orgánica, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BLANCO MENDEZ, JOSE.NON
FEAS SANCHEZ, XESUS.NON
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE.NON
QUINTAS FERNANDEZ, JOSE CARLOS.NON
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO.NON
Seijas Vázquez, Julio Antonio.NON
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONSI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar aos alumnos un coñecemento completo sobor dos principais problemas ambientais que poidan afectarnos, así como os seus efectos sobor dos ecosistemas e a saúde da poboación.

    Colaborar na búsqueda de solucións para evitar os efectos dos problemas ambientais sobre a saúde
    Como complemento a algunha das clases teóricas, levarase a cabo unha análise dalgún dos problemas ambientais presentados que teña especial incidencia na zona de residencia ou no medio laboral de cada un dos alumnos.
    1. Terán que recoller por escrito a situación real do aspecto ambiental elexido.
    2. Análise da sua influencia no entorno e nas persoas
    3. Proposta de minimización das consecuencias dese problema ambiental.

    Contidos

    Contidos
    TEMA 1. CONCEPTOS XERAIS
    1.1. Concepto e alcance da Saúde Ambiental: Medio Ambiente e calidade de vida
    1.2. Clasificación dos Riscos Ambientais
    1.3. Normativa de aplicación en Saúde Ambiental
    1.4. A Saúde Ambiental e a xestión do Medio Ambiente: saúde e desenvolvemento

    TEMA 2. ESTUDO DOS FACTORES DE RISCO MEDIOAMBIENTAIS
    2.1. RISCOS DERIVADOS DE AXENTES BIOLÓXICOS
    2.1.1. Descripción de axentes causais e vías de entrada
    2.1.2. Riscos biolóxicos medioambientais relacionados coa sanidade animal
    2.1.3. Riscos biolóxicos medioambientais relacionados coa saúde humana
    2.1.4. Seguridade alimentaria e nutricional

    2.2. RISCOS DERIVADOS DE AXENTES FISICOS E QUÍMICOS
    2.2.1. Descripción de axentes causais
    2.2.2. Radiacións ionizantes
    2.2.3. Radiacións non ionizantes
    2.2.4. Ruido
    2.2.5. Cambio climático
    2.2.6. Saúde e vivenda
    2.2.7. Pesticidas
    2.2.8. Riscos derivados de axentes químicos orgánicos
    2.2.9. Riscos derivados de axentes químicos inorgánicos

    TEMA 3. MEDIDAS PREVENTIVAS
    3.1 Saneamiento e tratamento da auga
    3.2 Tratamento de Residuos: Agrarios, Urbanos, Industriais e Sanitarios
    3.3 Medioambiente e loita anti vectorial
    3.4 Vixiancia Medioambiental: Indicadores Medioambientais
    3.5 Educación sanitaria e Educación Medioambiental

    TEMA 4. XESTIÓN DA SAÚDE MEDIOAMBIENTAL
    4.1. Planes de Seguridade Pública
    4.2. Planes de Continxencia para Emerxencias Medioambientais



    Bibliografía básica e complementaria
    - Curso de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo

    - INDUSTRIAL GUIDE TO CHEMICAL AND DRUG SAFETY. T.S.S. Dikshith, Prakash V. Diwan. 2003 . John Wiley & Sons.

    - Handbook of Hazardous Chemical Properties. Nicholas P. Cheremisinoff. 2000. Butterworth-Heinemann.

    - ESSENTIAL PRACTICES FOR Managing Chemical Reactivity Hazards. ROBERT W. JOHNSON, STEVEN W. RUDY, STEPHEN D. UNWIN. 2003.American Institute of Chemical Engineers.

    Competencias
    Ser capaz de:

    • Analizar o entorno medioambiental e a súa influencia sobre a saúde
    • Identificar os principais problemas ambientais que poidan afectar á saúde
    • Coñecer os efectos para o entorno e as persoas destes aspectos ambientais
    • Colaborar na búsqueda de solucións para evitar os efectos destes problemas sobre a saúde
    • Coñecer os riscos derivados do manexo e almacenamento de substancias orgánicas e inorgánicas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Das 250 horas presenciais do módulo de Saúde Medioambiental, 100 horas son de clases maxistrais e 150 horas on-line a través do portal formativo da USC, a elas engádense 225 horas de traballo de alumno co que fan un total de 475 horas.
    Sistema de evaluación
    Para a avaliación do aproveitamento desta materia por parte dos alumnos teranse en conta os seguintes criterios:

    • Será obrigatoria a realización de tódalas probas de auto avaliación e casos prácticos, tanto os que se realicen na aula como a través do portal formativo.

    • Realización das probas finais tipo test. Será necesario obter unha puntuación igual ou superior ao 85% de acertos en cada proba final para superar o curso.

    • A superación das probas de auto avaliación e casos prácticos, suporá unha puntuación correspondente como máximo a un 15% respecto da puntuación final.

    • A realización de tódolos traballos de fin de curso suporá unha puntuación correspondente a un máximo dun 20% da puntuación final.

    • Se o alumno realiza satisfactoriamente as probas de auto avaliación, os casos prácticos e o traballo de final de curso, necesitará, polo tanto, superar soamente o 50% das preguntas do exame final correspondente.