G2071109 - Fisioloxía Humana II (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 34.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 11.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía
- Áreas: Fisioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer, analizar e valorar individualmente a(s) función(s) dos diversos órganos, aparellos e sistemas do organismo.
• Analizar cada función e os seus mecanismos en cada un dos niveis de organización que a Fisioloxía consiga describir.
• Comprender as posibilidades funcionais do organismo que o condicionan e o posibilítan respecto do ambiente.
• Coñecer os diversos sistemas de adaptación ao ambiente con que conta o organismo.
• Coñecer e comprender o significado biolóxico de todas as funcións en circunstancias normais, en diferentes etapas especiais da vida, así como en circunstancias especiais.
• Poder aplicar os coñecementos adquiridos sobre funcións e a súa regulación ante circunstancias anormais que tendan a modificalas.
• Poder valorar criticamente as hipóteses emitidas para explicar cientificamente o mecanismo dunha función definida.
• Poder valorar as funcións alteradas dun organismo en función da análise dunha serie de parámetros fisiolóxicos.
ContidosContidos
CAPÍTULO I.- MEDIO INTERNO, SANGUE E HEMOSTASIA
T01 Compartimentos líquidos do organismo. Sede.
T02 Sangue e sistema linfático
T03 Hemostasia
T04 Inmunoloxía
S01 Seminario
CAPITULO II.- HOMEOSTASE ENERXÉTICA
T04 Fame, saciedade e control do peso corporal
T05 Metabolismo basal e termorregulación
S01 Seminario.
S02 Seminario.
CAPITULO III.- SISTEMA DIXESTIVO
T06 Control neural da función gastrointestinal.
T07 Control endócrino da función gastrointestinal.
T09 Músculatura gastrointestinal
T10 Movementos do tubo dixestivo
T11 Secrecións salival e gástrica.
T12 Secreción pancreática e biliar.
T13 Dixestión e absorción
S01 Seminario
S02 Seminario
CAPÍTULO IV.- FISIOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO
T14 Fisioloxía Receptorial. Sentidos somáticos.
T15 Sentidos Especiais: Visión.
T16 Sentidos Especiais: Audición e Equilibrio.
T17 Sentidos Especiais: Olfación e Gustación.
T18 Sistema Motor: Motilidade Reflexa e Motilidad Voluntaria.
T19 Control do Movemento: Cerebelo e Ganglios Basais.
T20 Sono e Vixilia: Sistema Reticular. Hipotálamo e sistema límbico. Funcións vexetativas.
T21 Sistema Nervioso Autónomo.
S06 Seminario
PRÁCTICAS:
1. Análise de sangue
2. Probas serolóxicas
3. Procesos físicos e químicos da dixestión.
4. Neurofisioloxía do impulso nervioso
Bibliografía básica e complementariaHuman Anatomy and Physiology (9th Edition), 2013. Marieb - Hoehn. Edit Pearson
PhysioEx 9.0: Laboratory Simulations in Physiology. 2012. Zao - Stabler - Smith - Lokuta - Griff. Ed. Pearson
Fisiología. (6º edición), 2009. Berne - Levy. Edit. Elsevier-Mosby
Tratado de Fisiología Médica. (11ª edición). 2006. Guyton - Hall. Edit. Elsevier-Saunders
Fisioloxía Humana (4ª edición), 2008, Silverthorn. Edit. Médica Panamericana
CompetenciasCompetencias xerais
Coñecer a estrutura e a función do corpo humano desde o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida
Adquirir habilidades de traballo en equipo como base para a colaboración multi e interdisciplinar no campo da dietética e a nutrición
Resultados da aprendizaxe
Coñecer a estrutura e a función dos diferentes sistemas e aparellos do corpo humano desde o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida, con especial atención ao sistema gastrointestinal.
Metodoloxía da ensinanza As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, coa axuda da pizarra, dos medios audiovisuais que considere oportunos e dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual. Os seminarios son actividades complementarias que poden ser impartidas polo persoal académico ou polo alumnado, baixo a supervisión do primeiro.
As prácticas de laboratorio, de campo e de ordenador servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que os estudantes adquiran habilidades e experiencia prácticas.
Todas as tarefas dos estudantes (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
Sistema de evaluaciónA calificación de cada estudante farase en base a tres criterios:
1.- Calificación teórica (80% da puntuación final). Exames tipo test, pregunta curta e/ou tema. En caso de que se fagan exames parciais, para o cálculo da media final é indispensable que ningún dos exames parciais teña unha calificación inferior a 3,5.
2.- Calificación práctica (20% da puntuación final): Exame tipo test e asistencia a prácticas
3.- Calificación adicional (ata un 10% da puntuación final): A realización e exposición de traballos en grupo permitirá obter unha nota adicional que se sumará linealmente á calificación teórico-práctica ata completar o 100%.
Tempo de estudo e traballo persoalO número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 36% e as horas de traballo do alumno do 64%.
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecementos previos de Anatomía e Bioquímica. Coñecementos previos de Fisioloxía I