
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Nutrición Humana e Dietética
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias [L]
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n.
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10)
Data de publicación no BOE: 3 de marzo de 2011
Data da última acreditación: 30/06/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: Martinez Ageitos, Jose Manuel
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de “un profesional da saúde”, con titulación universitaria, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa ou grupo, desde os seguintes ámbitos de actuación: a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación e a docencia, a saúde pública desde os organismos gobernamentais, as empresas do sector da alimentación, a restauración colectiva e social.
Habilidades de comunicación e de manexo da información
Coñecer e aplicar as ciencias dos alimentos
Coñecer e aplicar as Ciencias da Nutrición e da Saúde
Coñecer os fundamentos da Saúde Pública e Nutrición Comunitaria
Adquirir capacidade de xestión e asesoría legal e científica
Adquirir capacidade para xestionar a calidade e restauración colectiva
Desenvolver capacidade de análise crítica e investigación
Recoñecer os elementos esenciais da profesión do Dietista-Nutricionista, incluíndo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión.
Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
Identificar e clasificar os alimentos e produtos alimenticios.
Coñecer os nutrientes, a súa función no organismo, a súa biodisponibilidade, as necesidades e recomendacións, e as bases do equilibrio enerxético e nutricional.
Coñecer os procesos básicos na elaboración, transformación e conservación dos alimentos de orixe animal e vexetal.
Coñecer a microbioloxía, parasitoloxía e toxicoloxía dos alimentos
Deseñar e levar a cabo protocolos de avaliación do estado nutricional, identificando os factores de risco nutricional.
Intervir na organización, xestión e implementación das distintas modalidades de alimentación e soporte nutricional hospitalario e do tratamento dietético-nutricional ambulatorio.
Ser capaz de participar en actividades de promoción da saúde e prevención de trastornos e enfermidades relacionadas coa nutrición e os estilos de vida.
Asesorar no desenvolvemento, comercialización, etiquetaxe, comunicación e mercadotecnia dos produtos alimenticios de acordo coas necesidades sociais, os coñecementos científicos e a lexislación vixente.
Participar na xestión, organización e desenvolvemento dos servizos de alimentación.
Elaborar, controlar e cooperar na planificación de menús e dietas adaptados ás características do colectivo ao que van destinados.
Proporcionar a formación hixiénico-sanitaria e dietético-nutricional adecuada ao persoal implicado no servizo de restauración.
Esta titulación habilita para o exercicio das profesións que se estabelecen por desenvolvemento normativo de:
-Resolución 2642 do 5 de febreiro de 2009 (BOE Nº 41,17/02/2009) da Secretaría de Estado de Universidades, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, polo que se estabelecen as condicións ás que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio da profesión regulada de Dietista-Nutricionista.
-Orde CIN/730/2009, do 18 de marzo, (BOE Nº 73, 26/03/2009) pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Dietista-Nutricionista.
PERFÍS PROFESIONAIS
A profesión de dietista-nutricionista leva implícita no seu exercicio a educación alimentaria e nutricional en calquera dos campos onde é posible exercela.
A figura do dietista, sempre de acordo coa sociedade en que desenvolve o seu labor, actúa nos seguintes ámbitos con funcións específicas de cada un deles:
-dietista clínico
-dietista comunitario ou de saúde pública.
-dietista en restauración colectiva
-dietista na industria
-dietista docente
-dietista investigador
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Los estudiantes podrán obtener incluso un máximo de 12 créditos optativos por el reconocimiento de las actividades contempladas en el artículo 12.8 del RD 1393/2007 y de las competencias transversales de la USC. Se consideran competencias transversales para todas las titulaciones de Grado de la USC el conocimiento instrumental de (1) lenguas extranjeras; (2) lengua gallega, y (3) tecnologías de la información y de la comunicación.. En todo caso el máximo de créditos recoñecibles por las actividades del artículo 12.8 del RD 1393/2007 será de 6.
La normativa de la USC que regula estos reconocimientos es:
Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Número de prazas de novo ingreso: 60
Demanda do ano anterior: 5.71 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no Grao en Nutrición Humana e Dietética recoméndase que a formación do alumno sexa de perfil científico-tecnolóxico (R. D. 1467/2007, BOE do 2 de novembro, polo que se estabelece a estrutura do bacharelato e se fixan as súas ensinanzas mínimas). Dentro deste perfil resulta recomendábel, aínda que non imprescindíbel, ter cursado materias de matemáticas, bioloxía, física e química.
Calidades desexábeis do futuro estudante do Grao en Nutrición Humana e Dietética:
- Habilidade no cálculo
- Capacidade de razoamento lóxico
- Capacidade de análise
- Capacidade de comprensión abstracta
- Habilidade dedutiva
- Método e rigor no traballo
- Interese pola investigación e a experimentación
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O traballo Fin de Grao poderase realizar unha vez superados 198 créditos obrigatorios excluíndo o Practicum. No momento da presentación do proxecto o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para a obtención do título (234 créditos).
Prácticas en empresas: Prácticas preprofesionais, cunha avaliación final de competencias, en hospitais, centros de asistencia primaria e socio-sanitarios, organizacións comunitarias, industrias alimentarias e de restauración colectiva, que permitan incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito clínico, administrativo ou de saúde pública relacionadas coa nutrición humana e dietética.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2071101 | Física para Ciencias da Vida | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2071102 | Química I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2071103 | Bioloxía Humana | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2071104 | Fundamentos Antropolóxicos da Alimentación | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2071105 | Bioestatística | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G2071106 | Química II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2071107 | Anatomía e Histoloxía Humana | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2071108 | Bioquímica | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2071109 | Fisioloxía Humana II | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G2071110 | Fisioloxía Humana I | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2071221 | Bromatoloxía I | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G2071222 | Tecnoloxía do Procesado de Alimentos | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G2071223 | Microbioloxía e Parasitoloxía | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G2071224 | Toxicoloxía | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G2071226 | Bromatoloxía II | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G2071227 | Tecnoloxía Culinaria e Alimentaria | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G2071331 | Microbioloxía e Inmunoloxía | 3.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2071225 | Economía e Xestión da Empresa Alimentaria | 6.00 | OB | 1SG | 2º | G2071321 | Hixiene, Lexislación e Seguridade Alimentaria I | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2071326 | Hixiene, Lexislación e Seguridade Alimentaria II | 3.00 | OB | 2SG | 3º | G2071332 | Garantía de Calidade | 3.00 | OB | 2SG | 3º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2071228 | Nutrición Humana | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G2071229 | Interacción Fármaco-Alimento | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G2071230 | Endocrinoloxía | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G2071322 | Dietética | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2071323 | Valoración do Estado Nutricional | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2071325 | Fisiopatoloxía | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2071327 | Nutrición no Ciclo Vital e Actividade Física | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G2071328 | Dietoterapia e Soporte Nutricional I | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G2071421 | Dietoterapia e Soporte Nutricional II | 6.00 | OB | 1SG | 4º | G2071422 | Deontoloxía e Lexislación | 3.00 | OB | 2SG | 3º | G2071423 | Soporte Nutricional Avanzado | 6.00 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2071324 | Saúde Pública | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G2071329 | Nutrición Comunitaria e Educación Nutricional | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G2071330 | Restauración Colectiva | 6.00 | OB | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2071441 | Análise Instrumental | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G2071442 | Ciencia e Tecnoloxía da Carne e do Peixe | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G2071443 | Ciencia e Tecnoloxía do Leite e Produtos Lácteos | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G2071444 | Ciencia e Tecnoloxía de Produtos Vexetais | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G2071445 | Fisicoquímica de Alimentos e de Procesos Biolóxicos | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G2071446 | Control de Calidade no Laboratorio | 3.00 | OP | 1SG | 4º | G2071447 | Química e Gastronomía | 3.00 | OP | 1SG | 4º | G2071448 | Aditivos Inorgánicos e Micronutrientes | 6.00 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G2071424 | Practicum | 24.00 | OB | 2SG | 4º | G2071425 | Traballo Fin de Grao | 6.00 | OB | TFGM | 4º |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable