| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión para continuación dende outras universidades | 07/09/2013 | 30/09/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Directrices Xerais: R.D. 1405/1992, do 20 de novembro (BOE 22 de decembro de 1992)/R.D. 50/1995, do 20 de xaneiro (BOE 4 de febreiro de 1995)
Plan de estudios: Resolución 27 de xullo de 1999 (BOE 20 de agosto de 1999)
Corrección de erros:
Complementos de formación:
Extinción: 2010/11: 1º curso sen docencia, con dereito a exame. 2011/12: 1º curso sen docencia, último con dereito a exame. 2º curso sen docencia, con dereito a exame. 2012/13: 2º curso sen docencia, último con dereito a exame. 3º curso sen docencia, con dereito a exame. 2013/14: 3º curso sen docencia, último con dereito a exame.
Esta enxeñaría técnica ten como finalidade proporcionar unha formación científico-técnica que permite desenvolver distintas funcións: No ámbito industrial, en especial na Industria Química así como noutros eidos tales como os relacionados coa Industria Agroalimentaria e coa Tecnoloxía Medioambiental. Nas administracións públicas tanto en investigación como en docencia. No ámbito comercial. A titulación específica desta especialidade capacita para o deseño e control de procesos industriais que permitan unha utilización óptima das materias primas co obxecto final de fabricar e poñer no mercado os mellores produtos coa máxima rendibilidade económica.
Os coñecementos que se abordan son: Fundamentos Físicos, Químicos e Bioquímicos relativos aos procesos nos que a materia experimenta un cambio de estado ou de contido de enerxía ou de composición. Tamén se inclúen aspectos esenciais da actividade industrial relacionada cos citados procesos: Economía, Organización da Produción, Administración de Empresas, Lexislación Industrial, Seguridade e Hixiene e Control da Contaminación. As competencias dun enxeñeiro técnico industrial coa espec. en Química Industrial están reguladas pola Lei 12/1986 do 1 de abril.
1. Créditos Créditos que se deben cursar: Troncais 139 Obrigatorios 6 Optativos 51,5 Libre configuración 22,5 Proxecto fin de carreira 6 TOTAL 225 2. Materias As materias troncais e obrigatorias e o número de créditos a cursar son: Curso 1º Física I 5,5 Física II 5,5 Matemáticas I 7,5 Matemáticas II 7,5 Fundamentos de Informática 7,5 Métodos estatísticos da Enxeñaría 7,5 Fundamentos de Química 7,5 Fisicoquímica 6 Química experimental 6 Introdución á Enxeñaría Química (obrigatoria) 6 Curso 2º Química Analítica 6 Enxeñaría da reacción química 6 Operacións Básicas 6 Química Inorgánica Experimental 5 Química Orgánica I 6 Curso 3º Expresión gráfica e deseño asistido por ordenador 7,5 Administración de empresas e organización da produción 6 Control e instrumentación de procesos químicos 6 Procesos de Química Industrial 6 Tecnoloxía medioambiental 6 Oficina Técnica 6 Experimentación en Enxeñaría Química 12 (+Proxecto Fin de Carreira) 3. Orientacións e optatividade O plan de estudos establece catro orientacións: Procesos Químicos, Medioambiental, Tecnoloxía Alimentaria e Química Fundamental. O alumno pode obter unha ou máis orientacións se supera as materias optativas vinculadas seguintes (entre parénteses indícase o número de créditos): (*) NOTA: As seis primeiras materias de cada orientación son comúns para as catro orientacións. PROCESOS QUÍMICOS MEDIOAMBIENTAL Ampliación de Físico-química (*) (6) Físico-química experimental(*) (6) Operacións de Transf. de materia I (*) (4,5) Química Analítica experimental (*) (6) Química Inorgánica I (*) (6) Química Orgánica experimental (*) (6) Operacións de Transf. de materia II (6) Transporte de fluídos e trans. de calor (6) Ampliación de Físico-química (*) Físico-química experimental (*) Operacións de transferencia de materia I (*) Química Analítica experimental (*) Química Inorgánica I (*) Química Orgánica experimental (*) Enxeñaría medioambiental (6) Química Ambiental (6) TECNOLOXÍA ALIMENTARIA QUÍMICA FUNDAMENTAL Ampliación de Físico-química (*) Físico-química experimental (*) Operacións de transferencia de materia I (*) Química Analítica experimental (*) Química Inorgánica I (*) Química Orgánica experimental (*) Principios dos procesos alimentarios (6) Química dos alimentos (6) Ampliación de Físico-química (*) Físico-química experimental (*) Operacións de transferencia de materia I (*) Química Analítica experimental (*) Química Inorgánica I (*) Química Orgánica experimental (*) Dúas materias a elixir de entre as catro seguintes: Estrutura da materia (6) Química Inorgánica II (6) Química Orgánica II (6) Análise Instrumental (6) Ademais ofértanse as seguintes materias optativas non vinculadas: Ampliación de Física Ampliación de Matemáticas Bioloxía Xeral Bioquímica Fisioloxía 6 6 4,5 6 4,5 Garantía de Calidade Microbioloxía Termodinámica aplicada á Enxeñaría Química Química Orgánica Industrial Reactores Químicos 6 6 6 6 6
Os titulados teñen un amplo campo profesional debido ás múltiples aplicacións da química no ámbito industrial. Poden traballar en empresas que utilizan calquera tipo de mestura ou substancia para transformar un produto, e máis concretamente en industrias químicas, de transformación de petróleo, farmacéuticas, metalúrxicas, papeleiras, agroalimentarias, empresas fabricantes de pinturas, deterxentes, fertilizantes, plásticos, etc. Ademais na actualidade cobran forza áreas como o medioambiente, a reciclaxe e a xestión de residuos, enerxías limpas e renovables, políticas de augas… A continuación cítase unha serie de sectores e funcións a nivel orientativo, pero que non exclúen outras posibles opcións: INDUSTRIA/EXERCICIO LIBRE • Elaboración de estudos e proxectos industriais (produción, mantemento e explotación industrial). • Xestión na área medioambiental (en materias de reciclaxe, residuos, enerxías renovables…). • Elaboración de proxectos e asesoría no ámbito da seguridade e hixiene industrial. • Control de calidade de materiais e produtos acabados. • Asesoría, inspección, peritaxe e xestión no ámbito da transformación de materiais (análise e elaboración de produtos, control de procesos, mantemento, etc.). • Dirección de obras. • Dirección e xestión de empresa industrial e comercial. INVESTIGACIÓN • Actividade investigadora relacionada coa transformación de materiais (p.e. en empresas de cosmética, deterxentes, alimentación, farmacéuticas…). ADMINISTRACIÓN PÚBLICA • Elaboración de proxectos, xestión e asesoría en ámbitos como medioambiente, seguridade e hixiene, enerxía, industria… DOCENCIA • Ensino secundario. • Formación profesional específica. Ciclos formativos (familias profesionais: química e industrias alimentarias). • Ensino universitario. • Formación no ámbito privado (academias, centros de formación especializada…) ACTIVIDADE COMERCIAL • Funcións comerciais no ámbito industrial (a nivel técnico e de dirección, etc.)
Sócrates – Erasmus. Intercambio con universidades europeas. SICUE – Séneca. Intercambio con universidades do estado español.
O estudante pode realizar nos últimos anos de carreira prácticas opcionais en empresas e institucións. Estas prácticas valídanse por créditos optativos non vinculados ou de libre configuración. Colexios ou Asociacións Profesionais Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo Avd. das Américas 5-7 entrechán Lugo Tfno.- 982 263 003 Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais Avda. de Vilagarcía, 13 15706 Santiago de Compostela Tfno. / fax .- 981 590 390 Enderezo electrónico.- santiago@cgeti.org
Titulación en proceso de extinción. - Desde COU: - Bacharelato LOXSE. - FPII
Os alumnos que rematen estes estudos terán acceso directo na propia Facultade de Ciencias a: • Licenciatura en Química (2º ciclo). • Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (2º ciclo). Así mesmo terán a posibilidade de acceso directo noutros centros a: • Enxeñaría Química (2º ciclo). • Enxeñaría Industrial (2º ciclo). • Enxeñaría en Organización Industrial (2º ciclo). • Graduado superior en Enxeñaría ambiental (2º ciclo).

| Troncais | Obrigatorias | Optativas | Libre Conf. | Total | |
|---|---|---|---|---|---|
| ENXEÑARÍA TÉCNICA INDUSTRIAL, ESPECIALIDADE EN QUÍMICA INDUSTRIAL [L] | 145.0 | 6.0 | 51.5 | 22.5 | 225.0 |
| PRIMEIRO CICLO | 139.0 | 6.0 | 51.5 | 22.5 | 219.0 |
| 1º CURSO | 60.5 | 6.0 | 6.0 | 0.0 | 72.5 |
| 2º CURSO | 29.0 | 0.0 | 39.5 | 6.0 | 74.5 |
| 3º CURSO | 49.5 | 0.0 | 6.0 | 16.5 | 72.0 |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241101 | Física I | Troncal | 5.50 | XT/NM | |
| 241102 | Física II | Troncal | 5.50 | XT/NM | |
| 241103 | Físico-Química | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 241104 | Fundamentos de Informática | Troncal | 7.50 | XT/NM | |
| 241105 | Fundamentos de Química | Troncal | 7.50 | XT/NM | |
| 241106 | Matemáticas I | Troncal | 7.50 | XT/NM | |
| 241107 | Matemáticas II | Troncal | 7.50 | XT/NM | |
| 241108 | Métodos Estatísticos da Enxeñaría | Troncal | 7.50 | XT/NM | |
| 241109 | Química Experimental | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 241111 | Introdución á Enxeñaría Química | Obrigatorio | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241201 | Enxeñaría da Reacción Química | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 241202 | Operacións Básicas | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 241203 | Química Analítica | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 241204 | Química Inorgánica Experimental | Troncal | 5.00 | XT/NM | |
| 241205 | Química Orgánica I | Troncal | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241301 | Administración de Empresas e Organización da Produción | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 241302 | Control e Instrumentación de Procesos Químicos | Troncal | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 241303 | Experimentación en Enxeñaría Química | Troncal | 12.00 | EX/MX | Anual |
| 241304 | Expresión Gráfica e Deseño Asistido por Ordenador | Troncal | 7.50 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 241305 | Oficina Técnica | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 241306 | Procesos de Química Industrial | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 241308 | Tecnoloxía Medioambiental | Troncal | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241221 | Ampliación de Matemáticas | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241222 | Bioloxía Xeral | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 241223 | Bioquímica | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241224 | Fisioloxía | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 241225 | Microbioloxía | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241226 | Termodinámica Aplicada á Enxeñaría Química | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241321 | Ampliación de Física | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 241322 | Garantía de Calidade | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 241323 | Química Orgánica Industrial | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 241324 | Reactores Químicos | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241121 | Físico-Química Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241230 | Ampliación de Físico-Química | Optativo | 5.00 | XT/NM | |
| 241233 | Operacións de Transferencia de Materia I | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 241235 | Química-Analítica Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241237 | Química Inorgánica I | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241239 | Química Orgánica Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241240 | Transporte de Fluídos e Transmisión de Calor | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241332 | Operacións de Transferencia de Materia II | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241121 | Físico-Química Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241230 | Ampliación de Físico-Química | Optativo | 5.00 | XT/NM | |
| 241233 | Operacións de Transferencia de Materia I | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 241235 | Química-Analítica Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241237 | Química Inorgánica I | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241239 | Química Orgánica Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241234 | Química Ambiental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241331 | Enxeñaría Medioambiental | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241121 | Físico-Química Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241230 | Ampliación de Físico-Química | Optativo | 5.00 | XT/NM | |
| 241233 | Operacións de Transferencia de Materia I | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 241235 | Química-Analítica Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241237 | Química Inorgánica I | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241239 | Química Orgánica Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241236 | Química dos Alimentos | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241333 | Principios dos Procesos Alimentarios | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241121 | Físico-Química Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241230 | Ampliación de Físico-Química | Optativo | 5.00 | XT/NM | |
| 241233 | Operacións de Transferencia de Materia I | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 241235 | Química-Analítica Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241237 | Química Inorgánica I | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241239 | Química Orgánica Experimental | Optativo | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241231 | Análise Instrumental | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241232 | Estrutura da Materia | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241238 | Química Inorgánica II | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 241334 | Química Orgánica II | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable