
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión para continuación dende outras universidades | 07/09/2013 | 30/09/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Directrices Xerais:R.D. 436/1992, do 30 de abril (BOE 8 de maio de 1992)
Plan de estudios:Resolución 19 de xullo 1999 (BOE 13 de agosto de 1999)
Corrección de erros:
Complementos de formación:Orde 10 de decembro de 1993 (BOE 27 de decembro de 1993 ).
Extinción: 2013/14: 4º curso sen docencia con dereito a exame. 2014/15: 4º curso sen docencia , último con dereito a exame 5º curso sen docencia con dereito a exame 2015/16: 5º curso sen docencia, último con dereito a exame
A Química é a ciencia que estuda as propiedades, composición e transformacións da materia. Nesta liña é fácil entender o imprescindible dos coñecementos químicos en campos como o agrícola, alimentario, farmacéutico, metalurxia, industria química, medioambiente e noutros relacionados. Polo tanto os estudos de Química deben proporcionar a axeitada formación en aspectos de análise, síntese, reactividade, comportamento e propiedades dos materiais inorgánicos e orgánicos, co fin de que os titulados poidan desempeñar a súa labor na industria química, no ensino, na investigación, ou na administración pública.
Créditos Créditos que se deben cursar: Troncais 66 Obrigatorios 22,5 Optativos 29,5 Libre Configuración 14 TOTAL 132 2. Materias As materias troncais e obrigatorias a cursar son: Curso 4º Determinación estrutural 6 Química Inorgánica Avanzada 7,5 Química Física Avanzada I 4,5 Química Física Avanzada II 4,5 Química Analítica Agrícola 6 Química Orgánica Avanzada 7,5 Experimentación en Química Analítica 5 Experimentación en Química Orgánica 5 Experimentación en Química Inorgánica 5 Curso 5º Química Inorgánica Agrícola 6 Química Orgánica Agrícola 6 Química Analítica Avanzada 7,5 Ciencia de Materiais 6 Experimentación en Química Física 5 Tecnoloxía de Produtos Agroquímicos 4,5 3. Orientacións e optatividade O plano de estudos establece a orientación de Química Agrícola que un alumno obtén si supera as seguintes materias optativas vinculadas con esta: - Física de solos (6) - Laboratorio de Química Analítica, Inorgánica e Orgánica Agrícola (9) Ademais ofértanse as materias optativas non vinculadas: Aditivos alimentarios (6) Bioinorgánica e Bioorgánica (6) Bromatoloxía I (6) Deseño de experimentos (6) Fermentacións industriais (6) Fisicoquímica de alimentos (6) Garantía de calidade (6) Microbioloxía e Hixiene dos Alimentos (8) Microbioloxía Industrial (6) Operacións básicas (9,5) Produción de materias primas (4,5) Química e Bioquímica dos alimentos (6) Tecnoloxía dos alimentos (9,5) Informática aplicada (6)
A actividade principal desta licenciatura céntrase na investigación e experimentación, tanto no traballo de laboratorio coma na aplicación a procesos industriais: todo naquelas industrias que apoian a súa actividade na Química. A busca continua de novos produtos (materiais plásticos, fibras sintéticas, cosméticos, aditivos alimentarios…) ofrece unha ampla diversidade de campos para o traballo profesional destes licenciados/as. Ademais o sector químico vaise incorporando a aspectos relacionados coa prevención, coidado e recuperación do medio, a reciclaxe de refugallos, etc. Aínda que, como se sinala anteriormente, as funcións máis frecuentes sexan as de investigación ou experimentación tamén se desenvolven tarefas como a asesoría técnica, a xestión, e incluso comerciais, como a representación ou venda dunha gran variedade de produtos químicos, farmacéuticos e afíns. A especialización realizada durante os estudos da carreira, pode determinar as diferentes opcións para o exercicio profesional. Os coñecementos complementarios (como os idiomas, a informática…) son valores engadidos que favorecen a inserción laboral. De xeito orientativo preséntanse unha serie de colectivos e de funcións que estes profesionais poden desenvolver: INVESTIGACIÓN / DESENVOLVEMENTO: • Investigación en novos fármacos, cosméticos… • Desenvolvemento de novos materiais. • Transformación, manipulación, produción. • Illamento de novas substancias naturais • Investigación agrobiolóxica, oceanográfica, pesqueira, marisqueira. • Impacto ambiental. DOCENCIA/FORMACIÓN: • Ensino secundario: ESO, bacharelato, COU, formación profesional e ciclos formativos principalmente en ramas como a Química, industrias alimentarias, etc. • Universidade. • Centros formativos. ASESORÍA TÉCNICA: • Estudos ambientais. • Auditoría ambiental. • Control de calidade (procesos produción, acabado de produto…). • Planificación e desenvolvemento de actividades relacionadas con: agricultura, gandaría, pesca, marisqueo, acuicultura, etc. PROCESOS INDUSTRIAIS • Refinerías. • Farmacolóxicas. • Cosméticos. • Alimentarios • Reciclaxe. • Pesticidas e Fitosanitarios. XESTIÓN / ADMINISTRACIÓN • Xestión e administración de programas de intervención e planificación en organismos públicos, relacionados con todas estas actividades. SANIDADE • Análises clínicas. • Toxicoloxía. • Saúde pública: contaminación de augas. • Nutrición dietética. • Seguridade e hixiene no traballo. • Tratamentos fitosanitarios. COMERCIAL • Técnico comercial. • Visitador médico. • Técnico en departamento de mercadotecnia. ÁREAS DE COÑECEMENTO: Química Inorgánica, Química Física, Química Analítica, Química Orgánica, Edafoloxía e Química Agrícola. COLEXIOS OU ASOCIACIÓNS PROFESIONAIS. Colexio Oficial de Químicos de Galicia. Vigo. Tfno. 986 437 915 Fax 986 220681
Sócrates – Erasmus. Intercambio con universidades europeas. Sicue – Séneca. Intercambio con universidades do estado español.
Na Facultade de Ciencias impártese só o seu 2º ciclo (4º e 5º curso), coa orientación Química Agrícola, e á que se pode acceder unha vez superados os estudos de: - Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial - 1º ciclo da Licenciatura en Farmacia - 1º ciclo da Licenciatura en Química - 1º ciclo de Enxeñaría Química
Na Facultade de Ciencias impártese só o seu 2º ciclo (4º e 5º curso), coa orientación Química Agrícola, e á que se pode acceder unha vez superados os estudos de: - Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial - 1º ciclo da Licenciatura en Farmacia - 1º ciclo da Licenciatura en Química - 1º ciclo de Enxeñaría Química
A Química é a ciencia que estuda as propiedades, composición e transformacións da materia. Nesta liña é fácil entender o imprescindible dos coñecementos químicos en campos como o agrícola, alimentario, farmacéutico, metalurxia, industria química, medioambiente e noutros relacionados. Polo tanto os estudos de Química deben proporcionar a axeitada formación en aspectos de análise, síntese, reactividade, comportamento e propiedades dos materiais inorgánicos e orgánicos, co fin de que os titulados poidan desempeñar a súa labor na industria química, no ensino, na investigación, ou na administración pública.
| Troncais | Obrigatorias | Optativas | Libre Conf. | Total | |
|---|---|---|---|---|---|
| LICENCIATURA EN QUÍMICA [L] | 66.0 | 22.5 | 29.5 | 14.0 | 132.0 |
| SEGUNDO CICLO | 66.0 | 22.5 | 29.5 | 14.0 | 132.0 |
| 4º CURSO | 45.0 | 6.0 | 14.5 | 0.0 | 65.5 |
| 5º CURSO | 21.0 | 16.5 | 15.0 | 14.0 | 66.5 |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 890801 | Introdución á Enxeñaría Química | Troncal | 7.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 890802 | Bioquímica | Troncal | 7.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 890803 | Enlace Químico e Estrutura da Materia | Troncal | 3.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 241231 | Análise Instrumental | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 890804 | Bioquímica | Troncal | 5.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 890805 | Química Inorgánica I | Troncal | 5.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 890806 | Estrutura da Materia | Troncal | 5.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 890401 | Determinación Estrutural | Troncal | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 890402 | Experimentación en Química Analítica | Troncal | 5.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 890403 | Experimentación en Química Inorgánica | Troncal | 5.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 890404 | Experimentación en Química Orgánica | Troncal | 5.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 890405 | Química Física Avanzada I | Troncal | 4.50 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 890406 | Química Física Avanzada II | Troncal | 4.50 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 890407 | Química Inorgánica Avanzada | Troncal | 7.50 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 890408 | Química Orgánica Avanzada | Troncal | 7.50 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 890411 | Química Analítica Agrícola | Obrigatorio | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 890501 | Ciencia dos Materiais | Troncal | 6.00 | Segundo Cuadrimestre | |
| 890502 | Experimentación en Química Física | Troncal | 7.50 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 890503 | Química Analítica Avanzada | Troncal | 7.50 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 890511 | Química Inorgánica Agrícola | Obrigatorio | 6.00 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 890512 | Química Orgánica Agrícola | Obrigatorio | 6.00 | Segundo Cuadrimestre | |
| 890513 | Tecnoloxía de Produtos Agroquímicos | Obrigatorio | 4.50 | Segundo Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 051402 | Bromatoloxía I | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 051403 | Microbioloxía e Hixiene dos Alimentos | Optativo | 8.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 051404 | Operacións Básicas | Optativo | 9.50 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 051405 | Produción de Materias Primas | Optativo | 4.50 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 051406 | Química e Bioquímica dos Alimentos | Optativo | 7.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 051407 | Tecnoloxía dos Alimentos | Optativo | 9.50 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 051421 | Aditivos Alimentarios | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 051422 | Deseño de Experimentos | Optativo | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 051431 | Físico-Química dos Alimentos | Optativo | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 051526 | Microbioloxía Industrial | Optativo | 6.00 | EX/MR | Primeiro Cuadrimestre |
| 241322 | Garantía de Calidade | Optativo | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 890426 | Informática Aplicada | Optativo | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 890521 | Bioinorgánica e Biorgánica | Optativo | 6.00 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 890522 | Fermentacións Industriais | Optativo | 6.00 | OF/NM | Segundo Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 890551 | Física de Solos | Optativo | 6.00 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 890552 | Laboratorio de Química Analítica, Orgánica e Inorgánica Agrícola | Optativo | 9.00 | Segundo Cuadrimestre |
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable