Denominación do título: Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental [L]
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde; Ciencias sociais e xurídicas; Ciencias Experimentais; e Enxeñaría e Arquitectura
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias [L]
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n.
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 13/2007 do 1 de febreiro (8/02/2007)
Data de publicación no BOE: 9/12/2011
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: HERRERO LATORRE, CARLOS
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Información adicional (memoria, publicación BOE, etc.)
Modalidade de impartición: mixta (presencial/virtual)
Coñecemento teórico e práctico da Prevención de Riscos Laborais que permita a homologación para o exercicio profesional de Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais nas Especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada segundo o RD. 39/1997.
Facilitar un amplo coñecemento e esixencias de aplicación da normativa legal:
• Lei de Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/1995)
• RD. 39/1997
• Orden de 27-6-1997
Cumprir cos contidos mínimos sobre formación en Auditorías Prevención de Riscos Laborais recollidos no Anexo 1 do Acordo do Comité Mixto MTAS-CCAA sobre criterios de aplicación na formación de auditorías.
Seguir os criterios da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo sobre as condicións necesarias para ser Técnico competente outorgados pola Disposición adicional da Lei de Edificación; propoñendo a necesidade de ter unha formación específica en materia de prevención y protección de riscos laborais na construcción.
Promover o coñecemento da Toxicoloxía Laboral e a súa aplicación na prevención de enfermidades profesionais asociadas á exposición a axentes tóxicos no medio laboral.
Proporcionar aos alumnos un coñecemento completo dos principais problemas ambientais, así como os seus efectos sobre os ecosistemas e a saúde da poboación.
Os alumnos que terminen o máster poden ter unha saída profesional tanto para a empresa privada como nas Entidades Públicas, especialmente como Técnico Superior de Riscos Laborais nas Especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada ao amparo do RD 39/1997 así coma os referidos á formación en Auditorías; Protección de riscos laborais na construcción e toxicoloxía laboral e saúde ambiental
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 14
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de 1º/2º ciclo correpondentes ás seguintes áreas/ramas de coñecemento:
Ciencias experimentais
Ciencias da Saúde
Ciencias Xurídicas e Sociais
Ensinanzas Técnicas
Titulacións de grao correspondentes ás seguintes áreas/ramas de coñecemento:
- Ciencias
- Ciencias da Saúde
- Ciencias Xurídicas e Sociais
- Arquitectura e Enxeñaría
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2042101 | Parte Común Técnico Nivel Superior en Prevención de Riscos Laborais | 25.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2042102 | Especialidade de Seguridade no Traballo | 7.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2042103 | Especialidade de Hixiene Industrial | 7.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2042104 | Especialidade de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada | 7.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2042105 | Coordinador de Seguridade e Saúde na Construcción | 14.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2042106 | Auditor en Sistemas de Xestión en Prevención de Riscos Laborais | 6.00 | OB | 1SG | 2 | 3S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2042107 | Toxicoloxía Laboral | 5.00 | OB | 1SG | 2 | 3S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2042108 | Saúde Medioambiental | 10.00 | OB | 1SG | 2 | 3S |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2042109 | Prácticas en Empresas | 3.00 | OB | PEGM | 2 | 3S | P2042110 | Traballo Fin de Máster | 6.00 | OB | TFGM | 2 | 3S |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable