Denominación do título: Programa de doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: PEREIRA DOPAZO, CARLOS
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
- Autorización implantación Xunta de Galicia:
- Publicación BOE: 22/04/2013
- Publicación DOG:
- Última acreditación:
Periodicidade da oferta: Anual
Réxime de estudos: Tempo completo
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Contexto
A misión é formar aos mellores profesionais e investigadores no ámbito das Ciencias,
Tecnoloxías e Xestión do Mar nas súas diferentes aplicacións económicas e sociais, que xere investigación de calidade e impacto internacional e que proporcione á industria as mellores ferramentas para mellorar a súa competitividade a escala global.
Considérase oportuno deixar constancia do carácter claramente multidisciplinar do programa de doutoramento, polo que se considera que a asignación exclusiva a só dous códigos ISCED non reflicte a realidade do título. En base ao listado dispoñible de código ISCED o título debería estar asignado polo menos aos seguintes ámbitos:
- Bioloxía e Bioquímica
- Ciencias do Medio Ambiente
- Economía
- Electricidade e enerxía
- Electrónica e Automática
- Física
- Xeoloxía e meteoroloxía
- Matemáticas
- Mecánica e metalurxia
- Pesca
- Quimica
- Vehículos de motor, barcos e aeronaves
Cursos Avanzados Orientación Uso Sustentable dos Recursos Mariños
- D1181507 Cambio global, recursos mariños e biodiversidade
- D1181508 Avaliación e xestión de recursos pesqueiros y marisqueiros
- D1181509 Seguemento e monitorización do estado sanitario en acuicultura e en poboacións naturais
- D1181510 Seguridade e autenticidade nos alimentos de orixe mariña
- D1181511 Novas tecnoloxías de procesado e conservación de alimentos de orixe mariña
- D1181512 Biotecnoloxía molecular
- D1181513 Novos produtos do mar
- D1181514 Recursos minerales e enerxéticos dos océanos
- D1181535 Acuicultura sustentable: perspectivas ambientais, sociais e económicas
- D1181536 Aproveitamento e valorización de subprodutos de orixe mariña
Cursos Avanzados Orientación Xestión Integral do Mar
- D1181515 Ecotoxicoloxía e avaliación do risco ambiental
- D1181516 Sistemas estuarinos e costeiros
- D1181517 Dinámica litoral e avaliación ambiental
- D1181518 Economía e xestión dos recursos naturais e do medio ambiente marino
- D1181519 Avaliación integral da contaminación mariña na zona costeira
- D1181537 Bases para a gobernanza do litoral: ordenación, planificación e gestión das zonas costeiras
Cursos Avanzados Orientación Observación do Océano e Cambio Global
- D1181501 A Física Oceánica e o Cambio Global
- D1181502 O Papel do Cambio Global na Alteración dos Ciclos Bioxeoquímicos
- D1181503 Interacción atmosfera-océano
- D1181504 Paleocenografía e paleoclimatología
- D1181505 Modelización e observación do océano
- D1181506 Sistemas profundos: ecoloxía, conservación e desenvolvemento tecnolóxico
Liñas Orientación Progreso Tecnolóxico, Enxeñaría e Xestión Empresarial
- D1181153 Deseño de obras marítimas, costeiras e portuarias
- D1181154 Proxectos, loxística e seguridade nas instalacións portuarias
- D1181155 Gobernanza en portos e actividades marítimas
- D1181156 Comunicacións, control e sinalización no mar
- D1181157 Transporte marítimo, plataformas loxísticas e intermodalidade
- D1181158 Xestión da Empresa Marítima: Dereito de sociedades
- D1181159 Redes de coñecemento e innovación en actividades marítimas
- D1181160 Recursos humanos en actividades marítimas. Dereito Laboral
- D1181161 Avaliación financeira e planificación
- D1181162 Mercado e relacións internacionais na empresa marítima
- D1181163 Competitividade e sustentabilidade
- D1181164 Enerxías alternativas
- D1181165 Sistemas de abastecemento de enerxía eléctrica
- D1181166 Eficiencia enerxética
- D1181167 Economía da enerxía. Regulación. Política enerxética
Liñas Orientación Uso Sustentable dos Recursos Mariños
- D1181113 Investigación dos recursos baseada no coñecemento dos ecosistemas
- D1181114 Avaliación do estado ecolóxico ds sistemas oceánicos
- D1181115 Avaliación de recursos pesqueiros e marisqueiros
- D1181116 Evaluación de recursos xeolóxicos
- D1181117 Economía, Lexislación e Xestión dos recursos mariños
- D1181118 Tecnoloxía aplicada á xestión dos recursos
- D1181119 Avaliación do impacto da explotación dos recursos
- D1181120 Ecoloxía mariña e cultivos
- D1181121 Alimentación e nutrición en acuicultura
- D1181122 Biotecnia e tecnoloxía aplicadas á acuicultura
- D1181123 Benestar animal
- D1181124 Biotecnoloxía aplicada á acuicultura
- D1181125 Floracións algais nocivas e biotoxinas mariñas
- D1181126 Patoloxía e inmunoloxía de organismos en cultivo
- D1181127 Economía, Lexislación e Xestión da acuicultura
- D1181128 Xenética e xenómica aplicada á acuicultura
- D1181129 Novos produtos de orixe mariña
- D1181130 Trazabilidade, calidade e seguridade dos alimentos mariños
- D1181131 Mercados, redes comerciais e valorización de produtos do mar
- D1181132 Obtención, xestión e valorización de subprodutos mariños
Cursos Transversais
- D1181525 Cambio global
- D1181526 Seminario en escritura científica
- D1181527 O marco xurídico no medio mariño
- D1181528 Supervisión e diagnose da contorna marña
- D1181529 Deseño e proposta de patentes en traballos científicos
- D1181530 Geographic information systems (gis). Fundamentos e análise
- D1181531 Introdución ao modelado matemático
- D1181532 Estratexias de sustentabilidade: participación e gobernanza
- D1181533 Tecnologías "ómicas"
- D1181534 Bioinformática
- D1181540 Aplicacións estatísticas ao deseño experimental e técnico e á análise de datos
- D1181541 Deseño e aplicación de metodoloxías de valoración económica no medio mariño
Actividades Formativas
- D1181501 A Física Oceánica e o Cambio Global
- D1181502 O Papel do Cambio Global na Alteración dos Ciclos Bioxeoquímicos
Cursos Avanzados Orientación Progreso Tecnolóxico, Enxeñaría e Xestión Empresarial
- D1181520 Sensores, comunicación e aprendizaxe máquina en ambientes mariños
- D1181521 Técnicas de caracterización climática e de estados do mar
- D1181522 Inspeccións marítimas. Seguridade marítima e loita contra a contaminación mariña
- D1181523 Economía marítima: portos, transporte, sector naval e actividades marítimas
- D1181524 Hidrodinámica de artefactos mariños
- D1181538 Actuacións e estruturas de protección da costa. Criterios ambientais e tecnolóxicos
- D1181539 Aspectos técnicos, económicos e regulatorios das enerxías marítimas
Liñas Orientación Observación do Océano e Cambio Global
- D1181101 Oceanografía Física
- D1181102 Ocenanografía Química
- D1181103 Oceanografía Xeolóxica
- D1181104 Oceanografía Biolóxica
- D1181105 Teledetección
- D1181106 Redes de Observación
- D1181107 Impacto sobre a costa, hidrografía e dinámica dos océanos
- D1181108 Impacto sobre os ciclos bioxeoquímicos
- D1181109 Impacto sobre a biodiversidade
- D1181110 Impacto sobre as redes tróficas
- D1181111 Impacto sobre os recursos explotables
- D1181112 Avaliación legal e económica do cambio global
Liñas Orientación Xestión Integral do Mar
- D1181133 Modelización hidrodinámica e física da zona costeira
- D1181134 Xeología costeira
- D1181135 Modelización do transporte sedimentario en sistemas fluviais e costeiros
- D1181136 Fluxos de materia a través de fronteiras
- D1181137 Biodiversidade e ecoloxía litoral
- D1181138 Contaminación e impactos ambientais
- D1181139 Diagnóstico e resposta dos ecosistemas costeiros fronte ao cambio climático
- D1181140 Avaliación económica e lexislativa dos ecosistemas costeiros e dos impactos ambientais
- D1181141 Analise e avaliación ambiental da zona costeira
- D1181142 Planificación espacial costeira. Ordenación integral de zonas costeiras
- D1181143 Actividade económica costeira: avaliación e sustentabilidade
- D1181144 Gobernanza en actividades mariñas, integración de políticas públicas terrestres e mariñas e responsabilidade social
- D1181145 Reservas mariñas
- D1181146 Uso turístico sustentable da costa
- D1181147 Sociedade e Patrimonio Costeiro: historia, poboación e conservación
- D1181148 Estruturas de protección costeira: tipoloxías de rompeondas e pantallas
- D1181149 Xestión Integrada da zona costeira: Mapas de vulnerabilidade e tecnoloxías
- D1181150 Recuperación de zonas costeiras. Rexeneración de praias e sistemas dunares, estratexias de xestión de sedimento e dragados
- D1181151 Seguridade, risco e responsabilidade
- D1181152 Organización de medidas públicas de resposta ás crises
Perfil de ingreso
Os estudantes poderán proceder de diferentes titulacións compatibles cos obxectivos e ámbitos do Programa, claramente enfocado ao medio mariño, que en todo caso é a guía para o estudante que accede a este Programa. Son especialmente recomendables as Licenciaturas ou Graos en Ciencias do Mar, Bioloxía, Química, e Ciencias Ambientais. Tamén Licenciados ou Graduados en Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Socioloxía, Ciencia Política e titulacións de Humanidades e Ciencias da Saúde. Así mesmo titulacións referidas a Tecnoloxías de Alimentos, Enxeñaría Naval, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Telecomunicacións e Enxeñaría Náutica. Outras titulacións poden ser consideradas adecuadas a xuízo da Comisión Académica, en especial as de contidos similares que reciben denominacións diferentes noutros países.
É así mesmo recomendable un bo coñecemento de inglés, ao nivel que se explicita nos requisitos específicos do Programa.
Criterios de admisión
Os estudantes que desexen realizar este Programa de Doutoramento, presentarán a súa solicitude na forma en que determinen as normas de admisión e matrícula aprobadas pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento para cada curso académico, que á súa vez atenderá o establecido nas universidades integradas no programa. Para ese efecto, os estudantes deben cumprir os requisitos establecidos e acompañar a documentación acreditativa.
Respecto da selección, seguiranse os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade, e teranse en conta os criterios seguintes:
- Curriculum Vitae dos candidatos, con consideración dos estudos previos dos candidatos
- Cartas de aval de profesores de titulacións previas
- Outros méritos académicos e/ou profesionais
En calquera caso, a admisión e selección quedará restrinxida aos números de entrada fixados para o Programa de Doutoramento, dentro do marco que se determine nas disposicións respecto diso de orde superior. Inicialmente establécense os seguintes criterios:
- O curriculum dos candidatos terá un valor mínimo do 80 por 100. A valoración dos expedientes terá en conta os valores medios das respectivas titulacións.
- Os avais, as entrevistas persoais e outros méritos serán valoradas ata un máximo do 20 por 100.
Calendario de preinscrición e matrícula
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html