
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Avances e Novas Estratexias en Ciencias Forenses
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: CRUZ LANDEIRA, ANGELINES
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta: Anual
Réxime de estudos: Tempo completo
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
As Ciencias Forenses constitúen un ámbito de coñecemento complexo cunha clara aplicación práctica na resolución de cuestións de gran transcendencia social, xa que forman profesionais especializados que son requiridos para prestar auxilio ao Ministerio de Xustiza en cuestións de suma transcendencia (investigación de mortes violentas, diagnóstico toxicolóxico, paternidade, identificación, etc.). O programa está apoiado polos grupos de investigación de Medicina Legal e Criminoloxía, Xenética Forense, e Toxicoloxía Forense, tamén vinculados ao Instituto de Ciencias Forenses da USC. O tres grupos, referentes a nivel nacional e internacional neste ámbito, desenvolven tres grandes liñas de investigación, sempre guiadas polos últimos avances científicos e enfocadas á resolución das principais incógnitas do momento. O obxectivo principal do programa é formar aos mellores profesionais e investigadores nos distintos ámbitos das Ciencias Forenses, que xeren investigación de calidade e impacto internacional, e adecuadamente preparados para afrontar os cambiantes retos científicos que lles plantexará a sociedade.
Os estudantes que cumpran cos requisitos xerais de acceso e admisión establecidos no Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, poderán acceder ao programa de doutoramento, sendo a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) a encargada de verificar o cumprimento dos requisitos anteriores para a admisión do doutorando. No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que serán concretados para cada alumno pola CAPD, sen que poidan superarse os 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa. Os devanditos complementos de formación específica poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de becas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutorado. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán aos efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. Perfís de ingreso: O perfil de ingreso para o acceso a este programa de doutoramento debe ser o dun alumno, que ademais de reunir os requisitos legais esixibles, manifeste un claro interese polas Ciencias Forenses, teña capacidade de traballo en equipo e iniciativa, e posúa un dominio de inglés suficiente para desenvolver a súa etapa doutoral coas máximas garantías de éxito. Perfil de ingreso sen complementos de formación: 1.- De forma xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación serán os seguintes, ofertados pola USC: a. Atencion Sanitaria, Xestión e Coidados b. Avogacía c. Biotecnoloxía d. Ciencias Odontolóxicas e. Investigación Biomédica f. Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos g. Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria h. Química Avanzada i. Química Orgánica 2.- Tamén terán no programa acceso sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos seguintes Programas de Doutoramento da USC: a. Ciencias Forenses e Patoloxía b. Medicina Molecular c. Bioquímica e Bioloxía Molecular d. Investigación básica e aplicada en ciencias veterinarias e. Investigación en medicina e sanidade veterinaria 3.- Outros perfís: tamén poderán acceder ao programa de doutoramento alumnos con outro tipo de perfil diferente dos anteriores, sempre que este sexa considerado adecuado pola CAPD, que avaliará de forma individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixirlles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS). 4.- No caso doutros perfís que non realicen Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais alomenos aos do máster que dá acceso directo, que serán 15 ECTS. 5.- Alumnos con titulacións estranxeiras: Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos.
Criterios de admisión Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso e admisión poderán solicitar a admisión nun programa de doutoramento, para o que se establecerá un prazo de preinscripción. Dita solicitude presentarase no lugar que sinale a convocatoria. Finalizado este prazo, a CAPD publicará a relación provisional de alumnos admitidos, coa súa correspondente lista da espera, de acordo cos criterios de selección establecidos no programa. Os criterios específicos de selección do programa son: 1.- Expediente académico persoal e Curriculum Vitae: A CAPD solicitará ao candidato a documentación complementaria necesaria (Curriculum vitae e expediente académico do título universitario e do máster, se procede). 2. - No caso de que a CAPD o requira, poderase realizar unha entrevista persoal co candidato, con obxecto de aportar máis información sobre a súa formación previa, ou para determinar as posibles necesidades de formación complementaria a incluír no seu documento de actividades. 3.- Coñecementos de inglés: Requírese nivel B1, aínda que aqueles estudantes que non o acrediten dispoñerán dun período de 6 meses posteriores á súa admisión no programa para obtelo. A ponderacion dos devanditos criterios será a seguinte: 1. Expediente académico: 40% 2. Coñecementos de Inglés (Nivel B1 ou superior): Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (Certificado Nivel B1, First Certificate...) 10% 3. Experiencia profesional: Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 10% 4. Experiencia investigadora: Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 10% 5. Outros méritos: - Adecuación do perfil de o/a candidato/a á liña de investigación 15% - Entrevista persoal 15%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html