
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: ESTEVEZ TORANZO, ALICIA
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta: Anual
Réxime de estudos: Tempo completo
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Dado o carácter interfacultativo e intercampus (Campus de Santiago e Lugo) do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, o interese científico deste Programa de Doutoramento radica en que aglutina as diferentes líneas de investigación nos campos de la Bioloxía, Farmacia, Veterinaria, Medicina e Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos que desenvolven os membros do Departamento dentro das Áreas de coñecemento de Microbioloxía e Parasitoloxía. Este carácter transversal e interdisciplinar do programa de doutoramento permitirá ao alumno/a profundizar no seu tema de investigación desde unha perspectiva comparada e especializarse en aspectos clínicos, ecolóxicos, taxonómicos o biotecnolóxicos de gran interese socioeconómico, o cal será de gran utilidade para o doutoramento no seu futuro profesional como investigador/a.
No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos. No programa de Avances en Bioloxia Microbiana e Parasitaria contémplanse os seguintes perfís de ingreso: Perfil de ingreso sen complementos de formación: “De forma xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación serán: Acuicultura, Investigación Biomédica, Innovación en Seguridade e tecnoloxía alimentaria, Biodiversidade e conservación do medio natural, Biotecnoloxía, Bioloxía Mariña ofertados pola USC. Tamén terán no programa acceso sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través do Programa de doutoramento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC regulado polo RD 778/1998. Outros perfís: no caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a comisión académica avaliará de forma individualizada cada caso e determinará ou non a necesidade de esixirlles complementos de formación dentro dos másteres anteriormente sinalados ata un máximo de 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
1. Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso e admisión poderán solicitar a admisión nun programa de doutoramento, para o que se establecerá un prazo de preinscripción. Dita solicitude presentarase no lugar que sinale a convocatoria. 2. Finalizado este prazo, a CAPD publicará a relación provisional de alumnos admitidos, coa súa correspondente lista da espera, de acordo cos criterios de selección establecidos no programa. No caso do Programa de doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria os criterios de selección serán: - Expediente Académico: 50% - Curriculum Vitae: 20% - Entrevista persoal cos membros da CAPD: 10% - Acreditación do nivel de inglés equivalente ao nivel B1 do marco europeo de referencia para linguas: 20%. Esta acreditación se relaizará mediante presentacion do certificado orrespondente ou avaliación de devandito nivel por parte dos membros da CAPD.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html