
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: SALGADO VELO, JESUS FERNANDO
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario pretende ofrecer formación e teses de excelencia en tres ámbitos (a) Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, en temas como o emprego, o benestar individual e organzacional,os equipos de traballo, a xestión de RRHH, a xustiza, a igualdade e a non discriminación, a avaliación de riscos psicosociais e saúde ocupacional, a predición do desempeño, as técnicas de medición e en xeral nas aplicacións da psicoloxía no traballo, os recursos humanos e a saúde ocupacional; (b) Psicoloxía Xurídica e Forense, en temas como a violencia, o testemuño, a toma de decisión legais, a mediación no contexto legal, a psicoloxía criminal e penitenciaria e a interacción entre a psicoloxía e a lei; (c) Psicoloxía do Consumidor e do Usuario, en temas como a modelización do comportamento do consumidor, a psicoloxía do usuario, a imaxe de marca, a construcción de indicadores de eficacia, a xestión da calidade, e nas temáticas referidas ao comportamento do consumidor e do usuario.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - De xeito xeral os graduados/licenciados e diplomados en Psicoloxía e Relacións Laborais e Recursos Humanos e outras titulacións que cursaran un máster en: • Psicoloxía • Dirección de Recursos Humanos • Ciencias do Traballo • Criminoloxía • Dirección Laboral. - Estudantes co título de DEA ou equivalente obtido a través de programas de Psicoloxía e de Relacións Laborais e Recursos Humanos. Especialmente os que obtivera o DEA a través do Programa de doutoramento en “Psicoloxía social e aplicada aos contextos organizacional e político-xurídico” da Universidade de Santiago de Compostela. Perfil de ingreso con complementos de formación: - Graduados/Licenciados en Psicoloxía, en Relacións Laborais e Recursos Humanos e outras titulacións como Dereito, Criminoloxía, Administración de Empresas, Enxeñarías, que non realizaran cursos de máster, necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos dos máster que dea acceso directo, que serán 12 ECTS. - Outros perfis: No caso doutro tipo de perfis diferentes aos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixiles complementos de formación (máximo ata 15 ECTS)
- Expediente académico 40% - Coñecementos de linguas Inglés Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.) 5% - Currículo 5% - Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 5% - Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 15% - Entrevista 30%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html