
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Ciencia de Materiais
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: TABOADA ANTELO, PABLO
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento en Ciencia de Materiais xorde co obxectivo de proporcionar ao sector industrial e de I+D+I de profesionais altamente cualificados nesta área emerxente e interdisciplinar capaces de resolver os problemas que se formulen non só no clásico eido dos materiais estructurais (nicho tradicional) senon tamén nos novos e cada vez economicamente máis importantes eidos dos materiais electrónicos, materiais funcionais, biomateriais e nanomateriais. A esta demanda non se pode responder coas ensinanzas tradicionais; para esta transformación fai falla a sólida bagaxe científica interdisciplinar e a alta especialización que se pretende dar ao Doutor en Ciencia de Materiais. Así, preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en Ciencia de Materiais que poidan exercer o seu labor investigador no edido do deseño, caracterización e aplicación de novos materiais, ou ben, na busca de novas aplicacións de materiais xa existentes, e permitan o trasvase e posta en servizo dos coñecementos xerados á sociedade
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - Estudantes que acrediten unha formación mínima previa nalgún ou na totalidade dos seguintes contidos: *Coñecementos teórico-experimentais da obtención, caracterización e determinación das propiedades dos diversos tipos de materiais. * As diversas técnicas de obtención, preparación, procesado, caracterización e análise (teórica e/ou experimental) das propiedades dos diversos tipos de materiais. * A aplicación de materiais nas tecnoloxías actuais. * Coñecementos básicos sobre as metodoloxías e ferramentas necesarias para desenvolver tarefas de I+D+I no ámbito da Ciencia de Materiais. - Alumnos que realizaran algún dos seguintes Másteres: "Ciencia e Tecnoloxía de Materiais", "Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases", "Enerxías Renovables", "Enxeñaría Matemática", "Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas", "Fotónica e Tecnoloxías do Láser", "Química Avanzada", "Química Orgánica", "Química Teórica e Modelización Computacional". - Alumnos doutros Másteres vencellados á área de Ciencia de Materiais. - Estudantes que acrediten a suficiencia investigadora dun Programa de Doutoramento de Ciencia de Materias, Física ou Química (e as súas especialidades)e aqueles que obtiveran o título de DEA a través dos antigos Programas de Doutoramento en "Ciencia de Materias", "Ciencia e Tecnoloxía de Materias", "Física Aplicada", "Física Nuclear e Dinámica non Lineal", "Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases", "Ciencia e Tecnoloxía Química", "Métodos Matemáticos e Simulación Númerica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas", "Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética", "Fotónica e Tecnoloxías do Láser" e "Física Nuclear e de Partículas". - No caso doutras universidades, as titulacións con acceso directo serán por analoxía coas da USC. A CAPD será quen decida sobre o acceso directo ou condicionado á realización de complementos de formación en función da documentación aportada. - Estudantes que cursaran outros másteres cuxo contido non sexa afín ao Programa de Doutoramento na USC (por exemplo, Máster en Biotecnoloxía, Máster en Investigacion Biomédica, Máster en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos, entre outros), coa condición de cursar uns complementos formativos que deberán ser concretados para cada alumnos pola CAPD. - NO caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixiles complementos de formación. No caso doutros perfís que non tivesen realizado Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais alomenos aos dos másteres que dean acceso directo, que serán 12 ECTS.
O proceso de admisión dos novos estudantes neste Programa de Doutoramento completarase en base á valoración dos méritos achegados coa solicitude de matrícula por parte da CAPD. Para isto, se terase en conta: a) Expediente academico do solicitante (Computará o 50% do global de admisión); b) Experiencia investigadora e/ou profesional previa no ámbito da Ciencia de Materiais (participación en proxectos de investigación, publicacións,congresos, patentes, etc.) (computará o 35% do global de admisión); c) Entrevista coa Comisión Académica do Programa de Doutoramento (se procede para clarexar e ponderar méritos e capacidades) (computará o 15% do global de admisión). No caso de que non se efectúe a entrevista persoal, os pesos do expediente e a experiencia investigadora previa veranse incrementados ao 55 e 45%, respectivamente. Por outro lado, esixirase, ademais, un dominio intermedio da lingua inglesa. o devandito dominio acreditarase ante a CAPD mediante calquera certificación oficial (nivel intermedio: B1, TOEFL, Cambridge, Escola Oficial de Idiomas…). En caso de carecer da dita certificación oficial, a CAPD realizará as probas que considere oportunas: proba oral e/ou escrita e/ou entrevista persoal, para avaliar o coñecemento da lingua inglesa do alumno
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html