Denominación do título: Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: ESTEVEZ CABANAS, RAMON JOSE
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
- Autorización implantación Xunta de Galicia:
- Publicación BOE:
- Publicación DOG:
- Última acreditación:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Contexto
O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química é un programa de amplo espectro científico, que inclúe profesores e liñas de investigación da totalidade dos Departamentos de Química da Universidade de Santiago e da de Vigo: Química Analítica, Química Física, Química Inorgánica e Química Orgánica. Constitúe, polo tanto, un programa interdisciplinar de Química, que permite formar doctores especializados nos númerosos eidos de traballo que abrangue a Química, como resultado da oferta dun amplo e diverso abano de liñas de investigación e dun, tamén amplo e diverso, panel de directores.
Liñas Investigación Química Orgánica (USC)
- E1031L55 Deseño, síntese e avaliación como antivirais e antineoplásicos de novos carbonucleósidos e isoazanucleósicos
- E1031L56 Metodoloxías QSAR e de avaliación
- E1031L57 Illamento, elucidación estrutural e síntese de produtos naturais
- E1031L58 Agregación de plaquetas á estrutura de piridazinas
- E1031L59 Biomoléculas, determinación da configuración absoluta por RMN, produtos naturais bioactivos e polímeros biocompatibles
- E1031L60 Catálise homoxénea con complexos metálicos
- E1031L61 Cálculos computacionais en química orgánica
- E1031L62 Desenvolvemento de novas metodoloxías sintéticas de baixo impacto mediambiental
- E1031L63 Deseño de fármacos por ordenador
- E1031L64 Deseño de inhibidores de aspartilproteasas de interese farmacolóxico
- E1031L65 Deseño e síntese de novos antibióticos e herbicidas baseados en inhibición da biosíntese dos aminoácidos aromáticos
- E1031L66 Deseño e síntese de análogos butirofenónicos como antisipcóticos potenciais
- E1031L67 Deseño, síntese e estudo de antitumorais intercalantes do ADN
- E1031L68 Deseño, síntese e avaliación como axentes neuroprotectores de novos peptidomiméticos de prolina
- E1031L69 Deseño, síntese e estudo de cumarinas con diferentes intereses farmacolóxicos
- E1031L70 Estudos de indución asimétrica en reacción de aza-Diels Alder
- E1031L71 A química farmacéutica do SNC: variacións estructurais en butirofenonas como antipsicóticos
- E1031L72 Mecanismos de interacción de mitomicina con ácidos nucleicos
- E1031L73 Metais de transición en síntese orgánica
- E1031L74 Novas metodoloxías sintéticas baseadas no emprego de radicais libres, reaccións de cicloadicións e de anelación
- E1031L75 Preparación de compostos heterocíclicos con acción sobre o sistema nervioso central
- E1031L76 Química de carbohidratos: aplicación á síntese de compostos bioactivos e de novos materiais
- E1031L77 Química sintética, biolóxica e supramolecular
- E1031L78 Química biolóxica e supramolecular: nanotubos peptídicos
- E1031L79 Química de arinos: aplicacións en sínteses de produtos bioactivos e no desenvolvemento de materiais moleculares
- E1031L80 Reaccións tandem
- E1031L81 Reactividade e catálise
- E1031L82 Recoñecemento molecular e nanotecnoloxía
- E1031L83 Síntese de compostos de interese agroalimentario
- E1031L84 Síntese de compostos que recoñecen o complexo catalítico enzima-acedo nucleico
- E1031L85 Síntese de inhibidores enzimáticos
- E1031L86 Síntese de moléculas que recoñecen sitios básicos e ocos no ADN
- E1031L87 Síntese en fase fluorosa
- E1031L88 Deseño, síntese e avaliación médica de compostos bioactivos e novos materiais
- E1031L89 Síntese e reactividade de compostos nitroxenados
- E1031L90 Síntese, reactividade e aplicacións de produtos naturais
- E1031L91 Novas estratexias sintéticas vía catálise organometálica
Liñas Investigación Química Física (USC)
- E1031L22 Dinámica das reaccións químicas
- E1031L23 Dinámica de procesos ultrarrápidos
- E1031L24 Dinámica de reaccións químicas mediante espectroscopía de correlación de fluorescencia y detección de moléculas individuales
- E1031L25 Estudo dinámico e estrutural de sistemas supramoleculares e coloidais mediante sondas fluorescentes
- E1031L26 Estudo teórico de interaccións intermoleculares
- E1031L27 Estudo teórico de mecanismos de reaccións químicas
- E1031L28 Monocapas
- E1031L29 Procesos de transferencia protónica fotoinducida
- E1031L30 Procesos de transferencia protónica: Estudo teórico
- E1031L31 Química cuántica: Avaliación de propiedades moleculares y de interacción
- E1031L32 Química física do medio ambiente
- E1031L33 Química-física de coloides e interfases
- E1031L34 Reaccións modelo de procesos enzimáticos
- E1031L35 Reactividade e catálise
- E1031L36 Simulación de formación e propiedades de nanoestruturas
Actividades formativas específicas
- E1031A01 Avances recentes en química
- E1031A02 Estancia noutro centro de investigación
- E1031A03 Xornadas científicas doutorais
- E1031A04 Redacción e publicación de artigos científicos
- E1031A05 Publicación de artigos científicos
- E1031A06 Congresos e reunións científicas
Liñas Investigación Química Analítica (USC)
- E1031L01 Aplicación de estratexias fotoquímicas en química analítica
- E1031L02 Biodispoñibilidade
- E1031L03 Cromatografía de gases, líquidos e electroforese capilar e acoplamento a espectrometría de masas
- E1031L04 Desenvolvemento de aplicacións analíticas e medioambientais da Foto-SPME
- E1031L05 Desenvolvemento da metodoloxía analítica para a determinación de metais en medios biolóxicos e ambientais
- E1031L06 Desenvolvemento de metodoloxía analítica para determinación de produtos naturais, contaminantes persistentes e emerxentes en matrices alimentarias
- E1031L07 Desenvolvemento de modelos de simulación e optimización off-line para procesos cromatográficos
- E1031L08 Desenvolvemento de novas metodoloxías de análise de contaminantes prioritaria e emerxente en mostras ambientais, agroalimentarias e biolóxicas: pesticidas, bifenilos policlorados (PCBs), éteres de difenilo polibromados (PBDEs), fenois, ftalatos, fragranci
- E1031L09 Desenvolvemento de novas metodoloxías de análise de ingredientes de cosméticos e de produtos de limpeza e coidado persoal.
- E1031L10 Determinación de elementos traza en medios biolóxicos, alimentarios e mostras ambientais. Estado da biodispoñibilidade de elementos traza en alimentos
- E1031L11 Desenvolvemento de metodoloxías analíticas
- E1031L12 Especiación
- E1031L13 Espectroscopía FIA-CMAPRL
- E1031L14 Estudo do potencial antioxidante de viños e subprodutos de vinificación. Investigación de alternativas de aproveitamento.
- E1031L15 Investigación dos procesos de degradación de aditivos químicos e contaminantes ambientais. Determinación de subprodutos de degradación
- E1031L16 Investigación en novas técnicas de preparación de mostra para a análise baseadas na Química Analítica verde: técnicas de microextracción con e sen disolventes: SPME, LPME, DLLME, USAEME
- E1031L17 Preparación de mostras para análise
- E1031L18 Quimiometría e deseño experimental
- E1031L19 Análise cromatográfico de substancias bioactivas e contaminantes en matrices biolóxicas, ambientais e alimentarias
- E1031L20 Optimización da preparación de mostra para a extracción multirresiduo selectiva
- E1031L21 Planificación de experimentos: screening e optimización.
Complexos e sistemas moleculares
- E1031L0A Nanoquímica, nanofotónica, nanomedicina
- E1031L0B Química cuántica. Análise de densidade electrónica
- E1031L0C Reactividade en agregados coloidais. Catálise en presencia de nanopartículas
- E1031L0D Reactividade química en sistemas homoxéneos e heteroxéneos
- E1031L0E Compostos de coordinación: actividade catalítica, biolóxica e química supramolecular-Complexos de metais de transición con potencial actividade catalítica e/ou biolóxica
- E1031L0F Compostos de coordinación: actividade catalítica, biolóxica e química supramolecular:química metalosupramolecular
- E1031L0G Compostos de coordinación: actividade catalítica, biolóxica e química supramolecular
- E1031L0H Deseño, síntese e caracterización de compostos bioactivos. Deseño e síntese estereocontrolada de biomoduladores
- E1031L0I Deseño, síntese e caracterización de compostos bioactivos. Deseño e síntese estereocontrolada de biomoduladores
- E1031L0J Deseño, síntese e caracterización de compostos bioactivos
- E1031L0L Análise de trazas, especiación elemental e metalómica
Liñas Investigación Química Inorgánica (USC)
- E1031L37 Ciclación de tiosemicarbazonas en presencia de metais
- E1031L38 Ciclometalación
- E1031L39 Complexos metálicos con ligandos dadores de fósforo e xofre
- E1031L40 Complexos metálicos con ligandos tiolatos
- E1031L41 Compostos de coordinación polinucleares
- E1031L42 Compostos de metais con potencial actividade farmacolóxica
- E1031L43 Interacción de especies metálicas e organometálicas con vitaminas
- E1031L44 Química bioinorgánica e supramolecular
- E1031L45 Química de coordinación de metais de transición
- E1031L46 Química de coordinación macrocíclica
- E1031L47 Química de coordinación e bioinorgánica
- E1031L48 Química molecular e estrutural
- E1031L49 Química supramolecular
- E1031L50 Síntese de sondas fluorescentes para metais pesados en medios biolóxicos
- E1031L51 Síntese electroquímica de complexos metálicos
- E1031L52 Tiosemicarbazonas derivadas de ferroceno: síntese e actividade farmacolóxica dos seus complexos metálicos e organometálicos
- E1031L53 Complexos metálicos con ligandos potencialmente dinucleantes. Síntesis electroquímica de compuestos de coordinación
- E1031L54 Química biolóxica inorgánica e supramolecular: metalopéptidos
Perfil de ingreso
Perfil de ingreso sen complementos de formación:
• De xeito xeral calquera máster oficial en Química, tomándose como referencia aqueles nos que estean implicadas as Facultades de Química da Universidade de Santiago e da de Vigo (Química Avanzada, Química, Química Orgánica, Química Teórica e Modelización Computacional, Coloides e Interfases).
• Estudantes con título de DEA obtido a través do Programa de Doutoramento en Química e do Programa de Doutoramento en Química Orgánica da USC regulados polo RD 778/1998, así como do Program de Doutoramento en Química: Fundamentos e Aplicacións da Universidade de Vigo, tamén regulado polo RD 778/1998.
• Estudantes que estean en posesión de títulos de DEA similares académicamente correspondentes aos dos programas de doutoramento do apartado previo.
- Outros perfís de ingreso:
• No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso, co obxecto de decidir se deben esixirse complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS), con indicación das materias concretas que deben cursar (máximo tres).
• No caso de alumnos que non realizaran máster, necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación igual polo menos aos dos másteres que dan acceso, que serán de polo menos 60 ECTS.
Criterios de admisión
Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso e admisión poderán solicitar a admisión no programa de doutoramento, para o cal establecerase un prazo de preinscrición. A devandita solicitude presentarase no lugar que sinale a convocatoria.
Finalizado este prazo, a CAPD publicará a relación provisional de alumnos admitidos, coa súa correspondente lista de agarda, de acordo cos criterios de selección que se indican a continuación:
• Expediente académico 70%
• Currículo 20%
• Entrevista persoal con membros da CAPD 10%
Calendario de preinscrición e matrícula
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html