
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Ciencias Odontolóxicas
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: GALLAS TORREIRA, MARIA MERCEDES
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
A proposta do Programa de Doutoramento en Ciencias Odontolóxicas de acordo co establecido no Regulamento dos estudos de Doutoramento, este programa se adscribe á Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e nace co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG): - En primeiro lugar, o Programa de Doutoramento que presentamos potencia os estudos a nivel de posgrao e promove a formación en investigación de estudantes no ámbito das Ciencias da Saúde e concretamente no campo da Odontoloxía. - En segundo lugar, o Programa de Doutoramento recolle a experiencia adquirida por un equipo docente e investigador cuantitativamente limitado pero altamente especializado e cohesionado cunha ampla produción científica - En terceiro lugar, tanto os estudos de grao como de Máster posúen unha moi elevada demanda, a porcentaxe de prazas vacantes foi nula ou case nula desde a súa creación e aprobación. Existe en toda España, unha elevada demanda de programas de Doutoramento únicamente deseñados para propiciar a realización de teses doutorais. A un interese persoal no ámbito científico da Odontoloxía non se asocia, polo xeral, o inicio dunha carreira investigadora profesional, exceptuando os docentes universitarios. Non é fácil ademais levar a cabo unha tese doutoral que reúna os requisitos de rigor científico e pertinencia académica actuais senón se reesctructuran os programas de doutoramento establecendo unha relación de supervisión entre o director/a e os doutorandos directa e limitada no tempo, aproveitando a experiencia acumulada de socios estratéxicos (asesores, expertos) recoñecidos que participen no proceso. Neste sentido, o programa intégrase na estratexia de I +D+i da USC (incrementar o carácter internacional do Doutoramento, unir potencialidades, promover programas multidisciplinares atractivos,...). Tampouco facilita o proceso o feito de que as condicións laborais dos futuros doutorandos restan tempo e disponibilidade. Pero é notable, o feito de que son máis os recentemente licenciados e graduados que na actualidade solicitan estes estudos coa idea de implementar a súa curricula cunha experiencia investigadora para logo incorporarse a un mercado laboral con valor engadido. Esta demanda real débese moi probablemente ao esforzo en crear sinerxias e internacionalización dos investigadores que forman o cadro docente deste programa de Doutoramento.
Perfís de ingreso: Perfil de ingreso sen complementos de formación: “De forma xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación serán: Máster Oficial en Ciencias Odontolóxicas ofertado pola USC ou por calquera outra universidade española con equivalencia en créditos ECTS (60)". Tamén terán acceso no programa sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos programas “Avances científicos e Iniciación á Odontoestomatoloxía” na USC. Outros perfís: no caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a comisión académica avaliará de forma individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixirlles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS) en: metodoloxía da investigación, bioestatística, inglés no caso de non posuír esta formación. No caso doutros perfís que non realicen os estudos de Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do Máster que dá acceso directo, que serán de 8 ECTS.
A CAPD valorará de forma individualizada a formación previa do candidato/a antes de ser admitido, informado de forma pormenorizada ao candidato/a antes da formalización da súa admisión (matrícula) dos complementos formativos que debe cursar. Si fóra preciso o coordinador/a do programa reunirase presencialmente co candidato para concretar estes complementos específicos na súa formación teórica, formación metodolóxica e taller de realización da teses. Os criterios de admisión específicos son os seguintes: 1.- Presentación dunha proposta de Proxecto de Tese Doutoral no que se describan os obxectivos do proxecto, a xustificación da adscripción a unha liña de investigación do programa, metodoloxía, resultados previstos e recursos necesarios para a súa elaboración, proposta de titor/a e director/ a de tese e informe do director da tese sobre a viabilidade do proxecto. A CAPD valorará a afinidade da proposta co perfil do programa, a idoneidade do titor e director , así como a viabilidade e interese científico da proposta. 2.- A CAPD solicitará ao candidato/a a documentación complementaria seguinte: curriculum vitae, expediente académico de grao ou máster ou titulacións previas, experiencia investigadora. A CAPD reunirase para valorar as solicitudes de admisión e determinará a aceptación ou non dos mesmos. No caso de que a CAPD así o requira, por existir deficiencias na documentación presentada, a CAPD poderá realizar unha entrevista persoal co candidato/a con obxecto de que aporte máis información sobre a súa formación previa ou para determinar posibles necesidades de formación complementaria a incluír no seu documento de actividades. A CAPD de consideralo necesario tamén poderá requirir ao titor/a e directores propostos. 3.- A ponderación a realizar na valoración dos criterios específicos será a seguinte: - Expediente académico persoal (máximo 10 puntos) - Curriculum vitae (máximo 10 puntos) - Proposta de proxecto de tese (máximo 20 puntos) - Informe do director/a (máximo 10 puntos) - Experiencia investigadora (máximo 10 puntos) - Coñecementos de inglés (5 puntos) Para resultar admitido no programa será preciso un mínimo de 30 puntos, realizándose o proceso de ponderación de acordo aos principios de igualdade, capacidade, mérito e transparencia. En caso de precisar complementos formativos específicos o candidato/ a será informado pola CAPD previamente á formalización da súa admisión no programa.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html