
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Comunicación e información contemporánea
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: LEDO ANDION, MARGARITA MARIA
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ó Xornalismo e á Comunicación Audiovisual. A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora. Trátase dun programa que ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes. Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vencellado ó intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.
- Perfil de ingreso sen complementos de formación: De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación serán todos aqueles másteres oficiais con saída investigadora que ofrezan contidos exclusivos de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas. Tamén terán no Programa acceso sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos programas específicos en Comunicación Audiovisual, Xornalismo ou Publicidade e Relacións Públicas. - Perfil de ingreso procedentes de titulacións afíns: Considerarase titulación afín a todos os másters con saída investigadora da gran área de Ciencias Sociais, exceptuando os específicos de Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas. A Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso para determinar a obrigatoriedade de cursar un itinerario de formación complementaria a través da superación de materias específicas de comunicación (como máximo ata 15 ECTS) que poderán elixirse da oferta obrigatoria contemplada no Módulo 1 do Máster en Comunicación e Industrias Creativas que se ofrece na USC. Esta determinación establecerase a partir da memoria da formación de orixe (Máster ou DEA), así como das materias destes Programas cursadas por cada alumno atendendo especialmente ás competencias adquiridas polos aspirantes en temas específicas do eido da comunicación. - Outros perfís: No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica establecerá a esixencia da superación de complementos de formación específicos de comunicación que poderán elixirse da oferta obrigatoria contemplada no Módulo 1 do Máster en Comunicación e Industrias Creativas que se ofrece na USC.
- Expediente académico: valorarase nun 70% da nota de acceso final. - Currículo: Valorarase nun 30% sobre o 100% da nota de acceso final.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html