
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento de Desenvolvemento Rexional e Integración Económica
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Fernandez Fernandez, Melchor
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento xustifícase pola dobre continuidade que dá: en primeiro lugar, ao Programa de Doutoramento previamente existente, e en segundo lugar ao Máster Oficial en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, que lle aporta o período de docencia. De feito, o Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica naceu como continuación de dous Programas de Doutoramento existentes no IDEGA e na Facultade de Ciencias Económicas, como un intento de implantar un Doutoramento de Calidade. De alí que se implantara como un Programa rigoroso, transversal e coa participación de múltiples áreas de coñecmento buscando a interdisciplinariedade na análise máis que a excesiva especialización que se daba nalgúns dos cursos de doutoramento de natureza máis formalista, escasamente intensivos e sen apenas orientación á formación investigadora. O Programa caracterízase pola priorización dunhas liñas de investigación moi concretas (cambio demográfico, desenvolvemento rexional e internalización, economía laboral, política agraria e desenvolvemento rural, avaliación e planificación económica rexional e sociedade da información e desenvolvemento urbano-rexional), áreas nas que os grupos implicados poden ofrecer a experiencia de investigadores de gran calidade no ámbito nacional e internacional, todo isto sen prexuízo de que, en casos xustificados, se poidan formular teses noutras liñas de investigación dentro do eido da análise ecónomica aplicada.
O perfil de ingreso recomendado para a admisión no período de investigación é ter cursado e superado o Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica ofertado pola USC. Neste caso, a actividade no período de investigación centrarase unicamente na elaboración da tese doutoral. Tamén poden ser admitidos no período de investigación os estudantes provenientes de másteres oficiais das áreas de Economía, Empresa, Xeografía, Historia, Relacións Laborais, Ciencias Políticas, se ben todos eles deberán cursar as actividades formativas a tal efecto no período de investigación, antes de elaborar a tese doutoral. Tamén terán acceso sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos seguintes Programas da USC: - Programa de Doutoramento en Economía. - Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica. - Programa de Doutoramento en Integración Económica, Desenvolvemento y Medio ambiente. No caso doutros perfís que non tivesen realizado máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dea acceso directo, que serán 15 ECTS. Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará,en caso ningún, a homologación do título previo nin o recoñecemento para outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.
- Expediente académico 50% - Coñecementos de linguas Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.) 10% - Currículo 20% - Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 10% - Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 10%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html