
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Economía e Empresa
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: VENCE DEZA, XABIER
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Aprovéitase a oportunidade suscitada polo cambio da normativa reguladora dos programas de doutoramento para axustar a súa oferta ás liñas de investigación activas na USC, ao mesmo tempo que se busca a colaboración con outras universidades (tanto do SUG como doutras universidades nacionais) e institucións de investigación na procura dunha optimización dos recursos dispoñibles, así como para reforzar áreas estratéxicas da Universidade. Ao mesmo tempo buscouse unha maior integración entre as actuais titulacións de grao coas novas propostas de programas de doutoramento. A oferta proposta adecúase á actuación prevista consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Coa esta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. A proposta relaciónase estreita e directamente co I+D+i en todas e cada unha das liñas de investigación que abarca o Programa de Doutoramento en Economía e Empresa. Precisamente, algunhas destas liñas produciron xa resultados de investigación que se transferiron en forma de coñecemento á sociedade, ao sector privado e aos organismos públicos encargados de tomar decisións. En particular, destacaremos pola súa especial relevancia para sectores crave da economía que se pretende desenvolver no medio e longo prazo os temas relacionados co turismo e a innovación. Así mesmo, as liñas de investigación profundan na análise da internacionalización e o emprendemento.
A.- Perfil de ingreso sen complementos de formación: - De forma xeral os Graduados/Licenciados/Diplomados en Economía e/ou Empresa que haxan cursado un Máster en Economía e/ou Empresa adaptado ao EEES - Tamén terán no programa acceso sen complementos os estudantes co título de DEA ou equivalente obtido a través de programas de Economía e Empresa - Os estudantes que haxan cursado os Máster seguintes: 1. Universidade de Santiago de Compostela: Máster de Desenvolvemento Económico e Innovación. Máster de Dirección de Empresas. Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas. 2. Outras universidades non participantes: a. Universidade de ISAG-Oporto ( Licenciatura em Gestãou de Empresas - 180 ECTS Mestrado em Gestãou de Empresas - 120 ECTS).( Licenciatura em Turismo - 180 ECTS Mestrado em Desenvolvimento de Destinos Turísticos - 120 ECTS) b. Universidade de Universidade de Aalborg (Dinamarca) (MSc in Innovation, Knowledge and Economic Dynamics (MIKE-E)). (MSc in Innovation, Knowledge and Entrepreneurial Dynamics (MIKE-B)) c. Universidade de Universidade de Sussex (Reino Unido) (MSc in Technology and Innovation Management, de SPRU) B.- Perfil de ingreso con complementos de formación: - No caso doutros perfís de Graduados/Licenciados en Economía e Empresa pero que non realicen cursos de máster, necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos dos máster que dá acceso directo, que serán 12 ECTS. - Outros perfís: no caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a comisión académica avaliará de forma individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixirlles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS). C.- Alumnos con titulacións estranxeiras Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos.
Criterios de admisión: I) Das 30 prazas ofertadas cada ano, resérvanse 20 para os alumnos dos Másters de acceso directo. No caso de que non se cubran todas, as prazas restantes quedarían dispoñibles para o resto de alumnado procedente doutras titulacións. II) A Comisión Académica do Programa de Doutoramento tomará a decisión de admisión do candidato baseándose no seu expediente académico e o seu curriculum vitae. Así, solicitarase ao candidato dita documentación (Curriculum vitae e expediente académico do título universitario e do máster), e reunirase para valorar aos candidatos, emitir un informe razoado de afinidade e determinar cales son os candidatos aceptados e rexeitados. A valoración dos criterios específicos será a seguinte: .- Expediente académico persoal (ata 10 puntos) .- Curriculum vitae (ata 10 puntos) III) No caso de que a Comisión Académica o requira, poderase realizar unha entrevista persoal co candidato, con obxecto de aportar máis información sobre a súa formación previa, ou para determinar as posibles necesidades de formación complementaria a incluír no seu documento de actividades.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html