
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: ALVAREZ VILLAMARIN, MARIA CLARA
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O principal obxectivo do Programa é contribuír ao aumento tanto do número de investigadores en endocrinoloxía cun forte compoñente translacional, incluíndo tanto a médicos como a graduados noutras ramas biosanitarias tales como Bioloxía, Farmacia, Veterinaria etc. O Programa conta con Mención de Excelencia que se mantivo durante todos os anos ofertados. Os Profesores do Programa abarcan prácticamente todas as ramas da Endocrinoloxía das máis básicas ás máis clínicas. Tratarase de facilitar a incorporación dos candidatos a aqueles Grupos que mellor se adapten ao seu perfil e ás súas aspiracións profesionais (investigación clínica, investigación básica, oncoloxía endocrinolóxica, neurobioloxía da homeostasis enerxética etc) O programa pretende familiarizar aos estudantes en formación coas diferentes técnicas dispoñibles para o estudo da patoloxía endocrinolóxica, facilitando así mesmo a interacción dos grupos básicos e clínicos de forma que os estudantes reciban unha formación do máis alto nivel. A aceptación no Programa incluirá a asistencia ás Actividades de formación que inclúen seminarios, discusións científicas, e asistencia a cursos e congresos, así como vivir o ambiente dun Centro de Investigación translacional e clínica. O Programa pretende incorporar estudantes altamente motivados en recibir unha ampla formación transdisciplinar utilizando as máis avanzadas técnicas de investigación dispoñibles. O Programa está aberto a candidatos de calquera nacionalidade e de feito nel están/formáronse estudantes de máis 10 países distintos. Os Profesores do Programa manexan o inglés científico de forma habitual e moitas das Actividades do programa son neste idioma, polo que os estudantes doutros países séntense confortables. Os estudantes seleccionados dispoñerán dun titor/Director de Tese que se encargará de facilitarlles a súa incorporación ao Grupo de investigación e da súa supervisión directa durante a súa etapa de formación
Xa que logo, para poder ser admitido ao Doutoramento en Endocrinoloxía os candidatos deben acreditar que obtiveron un dos dous títulos universitarios oficiais outorgado por unha Institución de Educación Superior Europea acreditada: ** Máster en calquera área de Ciencias da Vida (300 créditos ECTS totais, dos que polo menos 60 créditos ECTS serán de nivel máster). En caso de titulacións estranxeiras deberán acreditar un título de máster equivalente outorgado por unha Institución de Educación Superior acreditada. A Comisión Académica (CAPD) do programa de Endocrinoloxía poderá aceptar candidatos con Máster noutras áreas alleas con equivalente número de créditos (300 créditos ECTS totais dos que polo menos 60 sexan de nivel máster) si considera que superaron créditos suficientes en materias relacionadas con aspectos teóricos ou prácticos de investigación biomédica. ** Grao en Medicina ** Grao en Ciencias da Saúde que se atopen realizando formación sanitaria especializada (BIR, QIR, FIR, PIR): titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde. Aqueles graduados con título oficial en áreas de ciencia da saúde ou áreas afíns con 300 créditos ECTS realizarán os complementos específicos equivalentes aos créditos nivel máster que decida a Comisión Académica (CAPD) do programa de Endocrinoloxía, dentro dos Másteres oficiais da USC ou da UVIGO relacionados co programa de Endocrinoloxía, fundamentalmente: o Máster en Investigación Biomédica (USC) ou o Máster en Nutrición (UVIGO) para que obteñan o necesario nivel de créditos oficiais que lles permitan obter o título de Doutoramento en Medicina. **De forma xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este programa de Doutoramento sen complementos de formación serán os Máster en: P2061 Investigación Biomédica (USC) P0272V01 Ciencias Odontolóxicas-ed.2- P2101 Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (USC) P1022 Biotecnoloxía (USC) P2031 Investigación en Ciencias da Visión (USC) P2111 Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria (USC) P2091 Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias (USC) P3191 Investigación en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía (USC) P2012 Neurociencia (60 ECTS) (USC) Biotecnoloxía avanzada (UVIGO) Neurociencia (UVIGO) Nutrición (UVIGO) Metodoloxía e aplicacións en bioloxía molecular (UVIGO) Ciencia e tecnoloxía en termalismo e balneoterapia (UVIGO) **Á súa vez os Graduados en Medicina pola USC ou outra universidade europea acreditada poderán acceder directamente. **Finalmente, os BIR, QIR, FIR, ou PIR hospitalarios que superen o segundo curso de formación especializada
A valoración realizarase de acordo ao seguinte baremo: -Preacordo de titorización (e no seu caso tras entrevista persoal): ata 6 puntos -Proxecto de Investigación segundo necesidades de distribución entre as Liñas de Investigación: ata 2 puntos -Valoración do expediente e curriculum: ata 2 puntos Para ser admitidos no Programa de Endocrinoloxía, os candidatos deben obter polo menos 5 puntos na valoración . No caso improbable de que exista un número de solicitudes maior ao ofertado, a CAPD priorizará as solicitudes utilizando criterios entre os que se inclúe o número de doctorandos xa existentes en cada liña de investigación e a capacidade económica do grupo.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html