
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: VARELA CABO, LUIS MIGUEL
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
A enerxía é fundamental para a organización da sociedade, para o transporte, para manter a temperatura axeitada nos nosos fogares no inverno e no verán e para o funcionamento da industria, das explotacións agrícolas e das oficinas. A pesar de todo, moitos recursos enerxéticos son finitos e, a maiores, o consumo de enerxía é, en xeral, unha fonte de contaminación. A sustentabilidade do medio natural e a necesidade de garantir a seguridade da subministración, esixen empregar menos combustibles fósiles, emprégalos dun xeito máis intelixente e desenvolver alternativas. Este Programa de Doutoramento naceu cun espírito profundamente interdisciplinar partindo na súa orixe da colaboración entre catorce departamentos desta Universidade sendo un dos seus obxectivos básicos a integración no mesmo do resto de departamentos ou institucións que estean implicados no eido das enerxías renovables da nosa Comunidade Autónoma. Os obxectivos xerais deste doutoramento consisten en formar profesionais especialistas no ámbito das enerxías renovables e a sustentabilidade para cubrir as necesidades da sociedade neste ámbito. Os doutores serán profesionais que poderán exercer un labor tanto empresarial como académico. Asemade preténdese cubrir a necesidade de contar con investigadores especialistas en enerxías renovables e sustentabilidade que podan exercer o seu labor investigador no eido da eficiencia enerxética e das distintas enerxías renovables. Esta preparación multidisciplinar céntrase en particular en temáticas como a enerxía solar, a biomasa, a agroenerxía e a enerxía eólica e maremotriz, entre outras. Estaríase formulando un proxecto global que incluiría dende o deseño técnico das instalacións mediante modelado de procesos realistas, a avaliación do tempo de retorno, o estudo da eficiencia enerxética e a viabilidade, a súa sustentabilidade enerxética e, no último caso, a construción dun sistema enerxético e o seu posterior control de calidade e seguemento. É salientable que na actualidade temos incorporado ao noso programa de doutoramento a un profesor da Universidade de Plymouth (UK) e docentes de filiais estranxeiras de diferentes compañías multinacionais. Así mesmo, tentaremos adherirnos a convenios de colaboración con institucións docentes e/ou investigadoras de ámbito internacional como é o caso do programa "Ciencia sin fronteras", asinado entre a a USC e Brasil.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - Rama de Ciencias: Máster en Acuicultura; Máster en Biodiversidade e conservación do medio natural; Máster en Bioloxía mariña; Máster en Biotecnoloxía; Máster en Ciencia e Tecnoloxía de coloides e interfases; Máster en Ciencia e Tecnoloxía de Materiais; Master en Enerxías Renovables; Máster en Enxeñaría Matemática; Máster en Física Nuclear e de particulas e as súas aplicacións tecnolóxicas e médicas; Máster en Fotónica e Tecnoloxías do Laser; Máster en Matemáticas; Máster en Medio ambiente e Recursos Naturais; Máster en Química Avanzada; Máster en Química Orgánica; Máster en Química Teórica e Modelización Computacional; Máster en Técnicas estatísticas. - Rama de Ciencias da Saúde: Máster en Prevención de Riscos laborais e Saúde Medioambiental. - Rama de Enxeñaría e Arquitectura: Máster en Computación de Altas Prestacións; Máster en Dirección de Proxectos; Máster en Enxeñaría Ambiental; Máster en Enxeñaría de Procesos Químicos e ambientais; Máster en Enxeñaría para o desenvolvemento Rural; ; Máster en Investigación Agraria e Forestal; Máster en Tecnoloxías da Información; Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio. - Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas: Máster en Dereito das Administracións e das Institucións Públicas; Máster en Dirección de Empresas; Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación. - Por analoxía cos sinalados, calquera outros másteres oficiais impartidos por outras Universidades españolas ou estranxeiras. Outros perfís : Os alumnos da Rama de Ciencias da Saúde e da de Ciencias Sociais e Xurídicas que non cursaran os devanditos másteres, deberán cursar as seguintes materias do Máster en Enerxías Renovables: -Tecnoloxías da Produción (3 ECTS) -Arquitectura Bioclimática e Urbanismo (3ECTS) -Economía e Enerxía: consumo, recursos dispoñibles, modelo económico e sostible (3ECTS) -Xestión de Proxectos de Enerxías Renovables e Auditorías Enerxéticas (3 ECTS) -TIT (3 ECTS)
- Expediente académico 50% - Coñecemento de inglés Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.) 20% - Currículo 10% - Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 10% -Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 10%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html