
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Epidemoloxía e Saúde Pública
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: GESTAL OTERO, JUAN JESUS
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Un programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública en Galicia é de vital importancia para, por unha banda, manter a investigación en saúde pública, o que contribuiría a mellora da calidade de vida da poboación, e da administración e xestión sanitaria. Doutra banda, tamén contribuiría á formación de novo profesorado para poder garantir a sustentabilidade xeneracional do grupo de investigación de Saúde Pública, mediante a formación de novos investigadores, o que contribuiría á produción científica e ás liñas de investigación no futuro. De feito, e considerando o moi probable perfil profesional da maioría dos alumnos que cursarán o doutoramento, profesionais da Saúde Pública e residentes, preveuse incluír na oferta de prazas unha maior porcentaxe das mesmas destinadas aos alumnos que desexen cursar o programa a tempo parcial.
Perfil de ingreso xenérico: O perfil de ingreso xenérico dos aspirantes a realizar o programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública é: - Posuír unha formación previa en ciencias da saúde ou afines - Ter coñecemento de Inglés e Español con niveis B2 en comprensión auditiva, comprensión de lectura, interacción oral, expresión oral e escrita. - Deseñar e analizar estudos epidemiolóxicos. - Ser capaz de manexar as ferramentas estatísticas necesarias para a análise de datos de saúde da poboación. - Estar en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica, e propoñer a adopción das medidas preventivas máis adecuadas. - Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade. - Ser capaz de sintetizar a evidencia científica dispoñible dun modo rigoroso e transparente e trasladar o resultado a mellora da asistencia sanitaria. Perfil de ingreso sen complementos de formación: De forma xeral os estudos de Master que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación será o Master en Saúde Pública da USC ou, calquera dos Master en Saúde Pública do convenio do CIBERESP. Tamén terán no programa acceso sen complementos os estudantes con suficiencia investigadora ou co título de DEA obtidos a través dos programas anteriores de doutoramento en Saúde Pública da USC. Outros perfís: No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a CAPD avaliará de forma individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixirlles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS). No caso doutros perfís que non realicen Master necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos ao do master que dá acceso directo, que serán de 60 ECTS. Estes créditos serán recomendados pola CAPD preferentemente no área de Saúde Pública. Alumnos con titulaciones estranxeiras: Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de master universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos. Oferta de másteres oficiais de acceso directo ao programa: Máster Universitario en Saúde Pública da USC. Máster de Saúde Pública amparados polo Convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas oficiais de posgrao de Saúde Pública entre a Universidade Autónoma de Barcelona, a Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade de Granada, a Universidade de Jaén, a Universidade das Palmas de Gran Canaria, a Universidade Miguel Hernández, a Universidade Pompeu Fabra, a Universidade de Santiago De Compostela, a Universidade de Zaragoza, a Escola Nacional de Sanidade do Instituto de Saúde Carlos III e a Escola Andaluza de Saúde Pública.
Criterios de admisión específicos: Á hora de seleccionar aos alumnos que solicitan o programa de doutoramento teranse en conta os seguintes aspectos. Os méritos de ponderación serán en (%). 1.- Expediente académico: 40 % 2.- Coñecementos de linguas: Inglés (os candidatos deberán presentar documentación xustificativa como por exemplo o First Certificate, etc.): 20 % 3.- Experiencia profesional: Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación da vida laboral, copia de contratos, etc.): 20 % 4.- Experiencia investigadora: Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.): 20 %
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html