
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en equidade e innovación en educación
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: MONTERO MESA, MARIA LOURDES
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O principal obxectivo deste programa de doutoramento é a investigación e innovación sobre os programas, accións, recursos e políticas socio-educativas necesarias para conseguir a equidade en educación. Este obxectivo concrétase nos seguintes obxectivos máis específicos: 1. Formación de profesionais especializados na investigación comprometida coa innovación e a igualdade de oportunidades na educación. Profesionais capaces de investigar no ámbito do deseño, xeración, posta en marcha e avaliación de programas e recursos educativos adecuados ás actuais sociedades cosmopolitas, abertas e multiculturais desde a perspectiva da equidade. 2. Adquisición de competencias e habilidades que capaciten aos investigadores en formación para a transferencia do coñecemento, afrontando desde a equidade os retos implicados nos procesos de investigación, innovación e cambio. 3. Contribución e promoción da mobilidade e internacionalización dos investigadores en formación garantindo un proceso formativo que implica un claro compromiso coa calidade, equidade e innovación na investigación educativa."
a) Os estudantes que cursaran e aprobaran os seguintes másteres impartidos polas Facultades de Ciencias da Educación e Facultades de Formación do Profesorado das cinco Universidades participantes. Entre eles, algúns másteres necesitarán ser completados cunha formación complementaria sobre Metodoloxía da Investigación Educativa. - Máster en Innovación, orientación e avaliación educativa pola Universidade da Coruña (Complementos de formación: Non) - Máster Universitario en profesorado ESO, bacherelato, formación profesional e ensino de idiomas pola Universidade da Coruña (Complementos de formación: Si) - Master Universitario en Investigación e Innovación en contextos educativos pola Universidade de Cantabria (Complementos de formación: Non) - Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria pola Universidade de Cantabria (Complementos de formación: Si) - Máster Universitario en Intervención e investigación socioeducativa pola Universidade de Oviedo (Complementos de formación: Non) - Máster Universitario para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacherelato, formación profesional pola Universidade de Oviedo (Complementos de formación: Si) - Máster Universitario para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacherelato, formación profesional pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Si) - Máster Universitario Educación, Xénero e Igualdade pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Non) - Master Universitario en Procesos de Formación pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Non) - Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Non) - Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Non) - Máster Universitario en profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacherelato, Formación profesional e Ensino de idiomas pola Universidade de Santiago de Compostela (Complementos de formación: Si) - Máster Universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Non) - Máster Universitario en Investigación psicosocioeducativa con adolescentes pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Non) - Máster Universitario en necesidades específicas de apoio educativo pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Si) - Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos pola Universidade de Vigo (Complementos de formación: Si) - Máster Universitario para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacherelato, formación profesional e ensino de idiomas pola Universidades de Vigo (Complementos de formación: Si) b) Os solicitantes que teñan un título de Master Oficial, tendo preferencia outros masters vinculados a Ciencias da Educación (distintos aos citados no punto 1) sobre os masters noutras áreas de coñecemento c) Os solicitantes que acrediten superar 60 ECTS de posgrao dun plan de estudos oficial de Universidades españolas (tendo preferencia os solicitantes que proveñan de títulos de grao no área de Ciencias da Educación, fronte aos provintes de graos doutras áreas de coñecemento. d) Os solicitantes que acrediten a Suficiencia Investigadora dun programa de doutoramento de Ciencias da Educación regulado polo RD 185/85 e aqueles que acrediten estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados regulados polo RD 778/98 e) Solicitantes en posesión dun título estranxeiro equivalente a Máster oficial do ámbito de Ciencias da Educación que faculten, no país de orixe para o acceso a estudos de doutoramento na fase de investigación (homologado ou sen homologar) f) Solicitantes doutros masters que no futuro se desenvolvan, vinculados á área de Ciencias da educación Os casos b, c, d, e, e f serán analizados individualmente pola Comisión Académica do Doutoramento.
Criterios de avaliación para o acceso: A Comisión Académica do Programa de Doutoramento será quen ditamine a admisión dos candidatos ao Programa. Priorizaranse as solicitudes en función dos seguintes criterios: 1. Terán prioridade de acceso ao Doutoramento os solicitantes que teñan unha traxectoria formativa previa de grao e posgrao do ámbito da Educación priorizados estes candidatos segundo o criterio de expediente académico. 2. En segundo lugar a CAPD poderá admitir a candidatos cuxa formación previa de grao ou máster non estea nuclearmente relacionada coa Educación sempre que a Comisión estime que a súa traxectoria formativa e/ou experiencia laboral previa é coherente co Programa de Doutoramento. Estes candidatos serán igualmente priorizados por expediente académico. 3. Cada universidade realizará a admisión da súa cota de candidatos e, no caso de que a devandita cota non sexa cuberto, as prazas sen adxudicar poderán ser asignadas para candidatos das demais universidades seguindo os mesmos criterios do punto 1. Os criterios de priorización son os seguintes: -Título previo co que se accede tendo prioridade os títulos de Ciencias da Educación (Pedagoxía, Psicopedagoxía, Educación Social, títulos de Mestre) fronte a outras titulacións. (ata 3 puntos) -Expediente académico e nota do master si a titulación previa é acorde co programa (ata 3 puntos). -Experiencia investigadora e/ou profesional en calquera dos ámbitos laborais aos que se orientan as liñas de investigación do programa de doutoramento (ata 1 punto) -Obtención de becas de investigación (ata 1 punto) -Publicacións relacionadas coa temática do programa de doutoramento (ata 1 punto) -Outros méritos académicos (estancias no estranxeiro, idiomas, etc.) (ata 1 punto). - Así mesmo, a Comisión Académica poderá realizar unha entrevista cos candidatos para aclarar e ponderar calquera dos méritos alegados
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html