
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en estudos da literatura e da cultura
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: CABO ASEGUINOLAZA, FERNANDO
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura caracterízase polo énfase nos estudos literarios dende diferentes perspectivas metodolóxicas e lingüísticas, cunha apertura cara á análise cultural. Entre os programas anteriores que se inscriben nesta nova proposta figuran o de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vencellado orixinalmente a un Máster Mundus, e o de Estudo e Anotación de Textos Literarios Españois. Asi mesmo incorpóranse outros programas que se inscriben nos ámbitos da filoloxía latina, grega, italiana, francesa, galega, portuguesa e alemá. O obxectivo é consolidar un programa de carácter competitivo a nivel español e internacional, baseándose nunha longa e exitosa traxectoría previa no ámbito específico dos estudos literarios e da análise cultural. O Programa proponse, por outra banda, afianzar un intenso labor de internacionalización que redunde en beneficio da formación dos estudantes e da competitividade investigadora da USC.
Pérfil de ingreso sen complementos de formación: · Máster de Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos · Máster de Estudos Ingleses: Tendencias Actuais e Aplicacións · Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos · Máster Universitario en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura · Máster Universitario en Servizos Culturais · Máster Erasmus Mundus Crossways in Cultural Narratives · Máster en Estudos da literatura e da cultura (en fase de solicitude para ser implantado no curso 2012-2014) · Outros másteres ou DEAs do ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais, que a xuizo da CA, non precisen de complementos formativos. Polo que se refire á realización das actividades formativas, unha vez lograda a admisión no PD, poderá requirirse a acreditación de determinados niveis de idioma para a súa realización. Así, será preciso documentar un nivel B2 (Marco común europeo de referencia para as linguas) ou equivalente de inglés para poder optar á participación no Seminario Hermes. Do mesmo xeito, no caso de que as características das restantes actividades formativas ofertadas o requiran, a CA establecerá a necesidade de acreditar un nivel B2 no indioma pertinente en cada caso.
- Expediente académico 55% - Coñecementos de linguas (Terase en conta o ámbito no que se pretenda facer a tese) Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.) 15% - Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 5% - Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 20% - Outras títulacións e méritos formativos 5%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html