
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Galicia demanda na situación actual un programa específico en Estudos Ingleses que conte coa participación activa de profesorado das tres universidades galegas nun proxecto común de formación de doutores nas grandes liñas de investigación dentro deste ámbito de coñecemento: a cultura e os textos literarios ingleses e norteamericanos, outras literaturas en lingua inglesa, a lingüística inglesa nas súas vertentes sincrónica e diacrónica, e a lingüística aplicada ao ensino do inglés e á tradución. Características: - De carácter interuniversitario. - Único destas características no SUG . - Ampla e variada oferta de liñas de investigación, - Alta formación académica e investigadora do profesorado. - Gran interese das actividades formativas proxectadas para os doctorandos. Finalidad: - Formar profesionais para desenvolver actividades de docencia e investigación en centros universitarios e institutos de ensino superior. - Facilitar aos estudantes galegos a posibilidade de concorrer ás numerosas ofertas de traballo existentes neste campo.. - Desenvolver competencias comunicativas no ámbito académico, realizar e defender traballos de investigación de modo crítico, rigoroso e orixinal.
Poderán acceeder a este Programa de Doutoramento: - Estudantes que realizaran un primeiro grao en Filoloxía Inglesa/Estudos Ingleses ou equivalente de 240 créditos como mínimo así como un máster de 60 créditos como mínimo. A Comisión Académica do Programa estudará polo miudo aquelas solicitudes de graos considerados como equivalentes aos de Filoloxía Inglesa/Estudos Ingleses. -Solicitantes que estean en posesión do DEA ou Suficiencia Investigadora en Estudos Ingleses/Filoloxía Inglesa. - Solicitantes que acrediten ante a Comisión Académica a competencia lingüística en inglés oral e escrito, mediante unha certificación oficial ou, de ser o caso, a través dunha entrevista ou proba, que se considere suficiente para realizar tarefas de investigación e que estean en posesión do DEA ou Suficiencia Investigadora polas áreas de Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades, Comunicación, Ciencias Sociais e Socioloxía, Ciencias Políticas e da Administración, Mestre en Educación Infantil, Mestre en Educación Primaria, Educación Social e Pedagoxía, Historia e Filosofía. - Alumnos que realizaran un grao ou unha licenciatura, e a súa vez completasen o Máster en Formación do Profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato e Escolas de Idiomas (especialidade linguas e literaturas) poderán acceder ao Programa de Doutoramento tendo que cursar obrigatoriamente complementos de formación en investigación que consistirán na realización de 15 créditos ECTS dos estudos de Máster en Estudos Ingleses ou equivalente. - Para os alumnos que realizaran outros másteres e cursos de posgrao afíns á Licenciatura ou ao Grao en Filoloxía Inglesa/Estudos Ingleses cun mínimo de 60 créditos. A Comisión Académica estudará cada solicitude en particular, determinando os complementos de formación en investigación que deberán realizar. Os complementos de formación non superarán os 15 ECTS e serán dos estudos do Máster en Estudos Ingleses ou equivalentes.
É necesario posuír polo menos o nivel C1 de competencia lingüística en inglés oral e escrito de acordo co establecido polo Consello de Europa no Marco Común Europeo de Referencia sobre o Coñecemento de Linguas. Criterios específicos de selección: - Expediente académico 40% - Currículo 30% - Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 10% - Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 15% - Outros méritos 5% Total 100
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html