
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en estudos medievais
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: BREA LOPEZ, MARIA MERCEDES
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Doutoramento en Estudios medievais é unha oferta única no SUG e costitúe unha alternativa novidosa no eido das Humanidades. O seu principal obxectivo é o de proporcionar ao alumnado unha formación interdisciplinar e transversal, para que adquira o nivel máis alto de capacitación profesional e investigadora. Os estudios medievais contan en Santiago con grupos consolidados e recoñecidos a nivel nacional e internacional, así como con liñas de investigación estables e punteiras que permitirán que os estudiantes máis capacitados consigan as melloras bolsas a nivel nacional e autonómico para realizar as súas teses de doutoramento. Ademais destos referentes de garantía, o Doutoramento posúe convenios de colaboración con selectos centros estatais e europeos, co fin de que aqueles alumnos que o desexen realicen nos mesmos estadías de investigación que enriquezan a súa traxectoria científica. O Programa pretende recuperar a Idade Media coa adecuada combinación de especialización e divulgación, para que os doutores formados no mesmo afronten experiencias investigadoras e profesionais sólidas, que contribúan a conservación, valorización e difusión da herdanza cultural dun período histórico esencial na formación da civilización europea.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - De xeito xeral, os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación será o de Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos, ofertado pola USC. - Tamén terán acceso ao Programa sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos seguintes programas da USC: Filoloxía Galega, Lingüística Galega, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Estudios sobre Historia da Arte e da Música, Economía e Sociedade na Historia: épocas medieval e moderna, Filoloxía Alemana, A Idade Media. Imaxes, Textos e Contextos, Textos e linguas da Antigüidade clásica. Outros perfís: no caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a CAPD avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixir aos estudantes complementos de formación (como máximo ata 12 ECTS) en función do expediente que acrediten. No caso doutros perfís que non realizaran estudos de Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dea acceso directo, que serán 60 ECTS.
- Expediente académico 60% - Coñecementos de linguas (Inglés) Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.) 10% - Currículo 10% - Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 5% - Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 5% - Outros méritos: Bolsas competitivas, Premios, Asistencia a Congresos, Cursos, Seminarios. 10% A selección dos candidatos efectuarase en cada convocatoria por unha Comisión de Selección, composta polo/a decano/a, o/a vicedecano/a responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que terán en conta o expediente académico, unha memoria e as competencias en idiomas da universidade de destino do estudante
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html