
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Filosofía
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: AGIS VILLAVERDE, MARCELINO
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
A Facultade de Filosofía da USC vén impartindo dende fai máis de dúas décadas un programa de doutoramento que, se ben ten variado lixeiramente a súa denominación (Cuestións Actuais de Filosofía, Filosofía, Filosofía: Cuestións Actuais), ten como obxectivos fundamentais capacitar ao alumnado para a investigación e formar aos estudantes nas distintas cuestións candentes da filosofía contemporánea. É o único Programa en Filosofía que se ofrece no marco do Sistema Universitario Galego. Aporta aos estudantes a posibilidade de cursar estudos universitarios en Filosofía a partir do Grao en Filosofía e do Máster Oficial en Filosofía que se oferta na Facultade de Filosofía da USC. Nos últimos anos o número de teses defedidas, así como os proxectos de investigación que avalan as liñas de investigación ofertadas teñen sido axeitados e consistents, e teñen atendido a demanda existencial na eurorrexión Galicia e Norte de Portugal. Nos últimos anos levamos mantendo unha estreita colaboración con profesores de Filosofía da Universidade de Coimbra, tanto no plano docente, como investigador e de intercambios académicos. Por esta razón, incorpórase de xeito estable no programa unha catedrática da dita Universidade. Tamén incorpórase unha profesora da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, que ten demostrado un gran dinamismo investigador nunha das liñas do programa. O Programa de Doutoramento previo (Filosofía: Cuestións Actuais) ten promovido o intercambio de profesores e doutorandos coa Universidade de Tenri (Japón). Na actualidade un estudante deste programa está a realizar a súa investigación na mencionada Universidade japonesa, sobre a obra dun filósofo japonés actual. A súa tese enmarcase na liña de investigación "Correntes Actuais da Filosofía" e relacionase cunha materia implantada no Grao denominada "Filosofías Orientais". O Programa intégrase na Escola Internacional de Doutoramento da USC, de acordo co establecido no Regulamento dos Estudos de Doutoramento da USC, o que permitirá mellorar a súa eficiencia e xestión. O Programa de Doutoramento provén da transformación dun Programa de Doutoramento previo coa mesma denominación: "Filosofía".
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación serán: • Máster en Filosofía. Cuestións Actuais. • Máster en Xestión Cultural • Máster Interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia • En xeral, os Másteres da área de Humanidades ofertados pola USC e os Másteres de Filosofía / Humanidades ofertados por outras Universidades españolas. • Estudantes co título de DEA obtido a través dos programas de "Filosofía" da USC ou doutras universidades españolas. Outros perfís: - No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixiles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS). No caso doutros perfís que no realizaran Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dea acceso directo, que serán 60 ECTS.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html